O Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona S.A.D., coñecido como Espanyol, é un club de fútbol español fundado na cidade de Barcelona, en Cataluña, e que actualmente ten a súa sede social en Cornellà de Llobregat.
Xoga na Primeira División Española.
Espanyol | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Periquitos | |||
Fundación | 28 de outubro de 1900 (123 anos) | |||
Estadio | RCDE Stadium, Cornellà de Llobregat, España | |||
Inauguración | 2009 | |||
Capacidade | 40.500 | |||
Propietario | Chen Yansheng | |||
Presidente | Chen Yansheng | |||
Adestrador | Manolo González | |||
Liga | Primeira División Española | |||
2019–20 | 20º (Primeira División) | |||
Na rede | ||||
http://www.rcdespanyol.cat/ | ||||
| ||||
Foi fundado en 1900 por un grupo de universitarios cataláns cuxo presidente foi Angel Rodríguez Ruiz. Naceu baixo o nome de Sociedade Española de Football debido a que todos as súas componenetes eran cataláns ou do resto de España, en contraposición con algúns equipos formados na súa maioría por estranxeiros como o FC Barcelona.
O club xogou 80 tempadas en Primeira e 5 en Segunda División. Entre os seus títulos figuran catro Copas do Rei e tamén foi subcampión da Copa da UEFA en dúas ocasións.
Actualmente o club xoga os seus partidos no RCDE Stadium, ata 2014 coñecido como Estadi Cornellà-El Prat. Antes de usar estas instalacións xogou de alugueiro no Olímpic Lluís Companys e antes o seu campo foi o de Sarrià ata 1997.
O club xogou o 31 de maio de 2009 o seu último encontro no Estadi Olímpic Lluís Companys, alugado polo Concello de Barcelona. O novo estadio inaugurouse o 2 de agosto de 2009. O RCDE Stadium é un dos máis modernos de Europa. Unha das súas características é o feito de que todos os afeccionados (40.500 prazas) están cubertos, só nas esquinas hai un pequeno sector de público que non o está. Este estadio ten a cualificación de estadio UEFA de 6 estrelas.
Actualizado a 6 de setembro de 2013.
|
|
O equipo filial do Espanyol é o Reial Club Deportiu Espanyol B, fundado en 1981 e que actualmente xoga na Segunda División B.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.