O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista.
Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Partido Comunista dos Traballadores de España Partido Comunista de los Trabajadores de España | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Ástor García |
Mocidades | Colectivos da Mocidade Comunista |
Filiación internacional | Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros |
Historia | |
Fundación | 3 de marzo de 2019 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Marxismo-leninismo |
Outros datos | |
Publicación | Nuevo Rumbo |
Na rede | |
partido-comunista.es | |
En abril de 2017, trala V Sesión Plenaria do Comité Central do Partido Comunista dos Pobos de España, disputas internas provocaron a división do partido. Unha parte do Comité Central proclamou a Ástor García como o novo secretario xeral do PCPE, substituíndo ao veterano Carmelo Suárez, no cargo desde 2002, que foi apoiado na súa posición de secretario xeral pola maioría do Comité Central. O sector de Ástor García creou unha nova páxina web coas siglas do PCPE explicando dito nomeamento, mentres que na web do outro sector denunciábase a designación de García como un "acto fraccionario". A partir dese momento, os dous sectores actuaron de facto como dous partidos diferentes, pero utilizando ambos o mesmo nome.
A nivel internacional, o Partido Comunista de México, o Partido Comunista de Grecia (KKE), o Partido do Traballo de Austria e o Partido Comunista de Italia apoiaron a Ástor García como secretario xeral do PCPE. Tamén realizaron eventos conxuntos nos que participou o Partido Comunista de Turquía. Do mesmo xeito, a dirección e a maioría dos militantes os Colectivos da Mocidade Comunista (CJC) apoiaron a Ástor García. Neste sentido, 220 militantes do PCPE e CJC asinaron un documento que apoiaba as decisións tomadas pola dirección liderado por García, subscribindo un acordo de cinco puntos en defensa do partido, mentres que varias organizacións territoriais emitiron declaracións en defensa da nova dirección, incluíndo as de Euskal Herria, de Asturias, de Cantabria, de Galicia, de Madrid, das Illas Baleares, de Canarias, de Castela e León e parte de Cataluña. Mediante a convocatoria dunha Conferencia Central decidiuse celebrar un XI Congreso Extraordinario que se celebrou en novembro de 2017 baixo o lema "Por un país para a clase obreira, fortalezamos o PCPE".
Finalmente, o 3 de marzo de 2019 resolveuse pola vía legal a duplicidade de siglas. O sector encabezado por Ástor García adoptou un novo nome, o Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), segundo o disposto no seu XI Congreso extraordinario.
O PCTE participou nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España, presentando candidaturas en 26 provincias e obtendo 14.189 votos (un 0,05%) e nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 con Ástor García como cabeza de lista, obtendo 19.081 votos (un 0,09%). No mesmo día das eleccións ao parlamento europeo o PCTE participou en cinco eleccións autonómicas e en dezaseis municipios. Conseguiu dous concelleiros no antigo concello mineiro de Degaña no sur de Asturias. Tamén apoiou a lista local Asamblea Ciudadana Por Torrelavega (ACPT) a cal tamén obtivo dous concelleiros.
Na repetición das eleccións xerais, en novembro de 2019, presentou candidaturas en 38 provincias, obtendo uns resultados similares ás primeiras, con 13.029 votos.
As xuventudes do partido organízanse nos Colectivos de Jóvenes Comunistas. O órgano de expresión do partido é a revista Nuevo Rumbo.
O partido ten presenza en case toda España, adaptando o seu nome ás diferentes linguas dos territorios.
Territorio | Organización territorial |
---|---|
Andalucía | PCTE Andalucía |
Aragón | PCTE Aragón |
Asturias | Partíu Comunista de los Trabayadores d'España |
Illas Canarias | PCTE Canarias |
Cantabria | PCTE Cantabria |
Castela e León | PCTE Castilla y León |
Cataluña | Partit Comunista dels Treballadors de Catalunya |
Comunidade de Madrid | PCTE Madrid |
Comunidade Valenciana | Partit Comunista dels Treballadors d'Espanya |
Galicia | Partido Comunista dos Traballadores da Galiza |
Illas Baleares | Partit Comunista dels Treballadors d'Espanya |
País Vasco | Euskadiko Langileen Alderdi Komunista |
A Rioxa | PCTE La Rioja |
Ano | Votos | % |
---|---|---|
abril de 2019 | 14,189 | 0.05 |
novembro de 2019 | 13.029 | 0.05 |
Ano | Votos | % |
---|---|---|
2019 | 19,081 | 0.09% |
Autonomía | Votos | % |
---|---|---|
Aragón | 559 | 0.08% |
Asturias | 1.082 | 0,21% |
Cantabria | 479 | 0,15% |
Castela e León | 1,147 | 0.08% |
Comunidade de Madrid | 3,013 | 0.09% |
Municipio | Autonomía | Votos | % | Asentos |
---|---|---|---|---|
Avilés | Asturias | 236 | 0,62% | 0 |
Córdoba | Andalucía | 380 | 0,26% | 0 |
Degaña | Asturias | 147 | 24,54% | 2 |
Gijon | Asturias | 289 | 0,21% | 0 |
Langreu | Asturias | 106 | 0,56% | 0 |
León | Castela e León | 119 | 0,18% | 0 |
Madrid | Comunidade de Madrid | 791 | 0,05% | 0 |
Málaga | Andalucía | 188 | 0,08% | 0 |
Mieres | Asturias | 74 | 0,38% | 0 |
Oviedo | Asturias | 163 | 0,15% | 0 |
Salamanca | Castela e León | 233 | 0,31% | 0 |
San Juan de Aznalfarache | Andalucía | 110 | 1,32% | 0 |
Valladolid | Castela e León | 229 | 0,14% | 0 |
Vigo | Galiza | 267 | 0,18% | 0 |
Zaragoza | Aragón | 1.036 | 0,31% | 0 |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Partido Comunista dos Traballadores de España, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.