Benelux

O Benelux é unha rexión de Europa occidental que compoñen Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo.

O termo foi acuñado para referirmos á Unión Económica do Benelux, pero serve para designar a rexión histórica dos Países Baixos. A denominación Benelux formouse coas primeiras letras dos nomes dos países (na súa lingua orixinal) que forman a unión: BE de Bélxica, NE de Holanda (Nederland) e LUX de Luxemburgo.

Benelux
O Benelux sitúase entre Francia e Alemaña.

A Unión Económica do Benelux foi aprobada trala liberación destes países durante a segunda guerra mundial en 1944. Entrou en vigor en 1948 legalizando o libre paso de persoas, bens de consumo e capitais, favorecendo así unha rápida recuperación económica. Este "experimento" tivo tanto éxito que en 1957 o Benelux mais Italia, Francia e Alemaña occidental asinaron o Tratado de Roma nacendo así a CEE que logo converteríase na actual UE. En certo senso, o Benelux pode considerarse un precursor da unión aduaneira e a liberdade de movementos e capitais que inspiran os principios fundamentais da UE.

O tratado, orixinalmente limitado a 50 anos, foi renovado antes do seu vencemento en 2008. A renovación do tratado supuxo o cambio na denominación do Benelux: pasou de chamarse Unión Económica do Benelux a ser simplemente Unión de Benelux. Este cambio de nome reflicte un cambio na énfase da unión, xa que o novo tratado ampliou o rango de competencias da unión alén das económicas.

A estrutura institucional do Benelux consta dun Consello de Ministros, un Parlamento, un Consello da Unión, un Tribunal de Xustiza, unha Secretaría Xeral e unha Oficina de Propiedade Intelectual. A Secretaría Xeral atópase en Bruxelas. O Parlamento do Benelux foi creado en 1955.

Véxase tamén

Tags:

BélxicaEuropa occidentalLuxemburgoPaíses Baixos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bala (grupo musical)Moisés Rodríguez PérezOman AirCaso Asunta BasterraPonte 25 de AbrilCayetana Álvarez de ToledoAlberto Núñez FeijóoTito VilanovaXurxo AyánRoko (actriz)Xeración do 36National Portrait GalleryTarragonaO GroveXiros idiomáticos galegosPedro SánchezGonzalo MellaXXX edición dos Premios GoyaSlumdog MillionaireJennifer LopezPablo EcheniqueVilagarcía de ArousaXabier DeiveLeitzaldeaMiro CasabellaÁnxel CasalArantzaLingua inglesaMario CaneiroVicente RiscoJordi PujolParadigmas dos verbos irregulares galegosMark WahlbergFederico Jiménez LosantosListenbourgBojan KrkićNoiaO comparativo galegoMoscovaRefraneiro galego sobre o panDavid SuchetJohannes VermeerJude BellinghamTeoPontedeumePapuxa das amorasMecanismo de AnticiteraAC-456Lucie IdloutLista de presidentes da República PortuguesaGabriel RufiánLista de exónimos en galegoCamilo Nogueira RománEva Iglesias MiguénsImmanuel KantAbrilCAs dúas MaríasMaría Xosé QueizánNacho CastañoStellantisLedicia CostasGrândola, Vila MorenaDoenza de Paget de mamaPoesíaBucetaMucha e NuchaInfinitivo conxugadoAntónio de Oliveira SalazarSobreiraAmazonLingua portuguesaVilalba, Vilalba, Vilalba🡆 More