Tratados De Roma

Os Tratados de Roma é o nome dado aos Tratados da Comunidade Económica Europea (CEE) e da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom) que se firmaron o 25 de marzo de 1957 en Roma.

Foi asinado por Alemaña, Francia, Italia e os tres países do Benelux.

Ámbolos dous tratados supoñen un paso cara a adiante na integración europea. O Tratado da CEE ten coma obxectivos a creación dun mercado común fundamentalmente, na procura, polo tanto, dunha integración de carácter económico. O Euratom fundaméntase no desenvolvemento do sector da enerxía nuclear que sería moi pesado nas economías nacionais por si mesmas.

Aínda tendo natureza sectorial, pois dedícanse principalmente a aspectos do ámbito económico, o Tratado da CEE, que é o principal, ten, ademais, un carácter de Lei xeral, podendo acudirse ó mesmo para encher os baleiros presentes nos outros dous Tratados existentes ata entón (Tratados da CECA, e da EURATOM)

As institucións creadas no Tratado da CEE continuarán ata hoxe en día con modificacións:

- A Comisión: Conta con poderes normativos, de carácter executivo e de aplicación do dereito comunitario e con facultade de proposta ó Consello.

- O Consello: Integrado por representantes dos Estados membros e con capacidade de decisión por unanimidade, por maioría cualificada ou incluso por maioría simple. E o órgano que concentra o poder decisorio, sendo o eixo do sistema.

- A Asemblea: ten fundamentalmente competencias de carácter consultivo e de control. O que nun futuro será o Parlamento Europeo, ten, neste momento, un papel moi limitado. Os seus membros son elixidos polos parlamentos nacionais, ata 1979, en que terán lugar as primeiras eleccións por sufraxio universal directo.

- O Tribunal de Xustiza. Garante o respecto ó dereito comunitario.

Tamén se crean organismos coma o Comité económico e Social. A CEE comparte Asemblea e Tribunal de Xustiza coa CECA e a CEEA (ou EURATOM) dende 1958, se ben teñen regras e pautas diferenciadas. A partir do Tratado de Bruxelas de 1965 teñen un único Consello e unha única Comisión das Comunidades Europeas.

O tratado estableceu, entre outras cousas:

Unión aduaneira: a CEE foi coñecida popularmente como o "Mercado común". Acordouse un período transitorio de 12 anos, no que deberían desaparecer totalmente as barreiras arancelarias entre os Estados membros.

Política Agrícola Común (PAC): esta medida estableceu a libre circulación dos produtos agrícolas dentro da CEE, así como a adopción de políticas proteccionistas, que permitiron aos agricultores europeos evitar a competencia de produtos procedentes de terceiros países. Iso conseguiuse mediante a subvención aos prezos agrícolas. Dende entón a PAC concentrou boa parte do presuposto comunitario.

O Tratado da Unión Europea de 1993 transformou a CEE na Comunidade Europea.

En 2004 asínase un novo tratado de Roma coñecido como o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, que debe ser ratificado antes do final de novembro de 2006.

Tags:

195725 de marzoAlemañaBeneluxComunidade Económica EuropeaEuratomFranciaItaliaRoma

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

YouTubeSalgueiro MaiaO Pedrouzo, Arca, O PinoVichelocregoJosé López CamposAntón Villar PonteEva MejutoCarles PuigdemontIsaac NewtonValentín García GómezTraxe galegoConceyu BableLongueirón (molusco)Guillermo Alonso BarciaAlberto Núñez FeijóoEstado NovoMark Lewis JonesFesta dos maiosAna María Fernández MartínezDeserto do SáharaJosé Luís Valladares FernándezDaniel BasteiroGame Boy Advance SPDistritos de PortugalRoberto Vidal BolañoEditorial GalaxiaMoscovaHarry StylesVilagarcía de ArousaLista de ríos de GaliciaBob DylanCandela PeñaShōgunSelección de fútbol de GaliciaProvincia da CoruñaTrofoblastoLeonardo da VinciPrestigeAdriano Correia de OliveiraCharles DarwinOldhamPalauTorre de HérculesAdrenalinaCristiano RonaldoIKEAPardo de CelaJennifer LopezÁlvaro CunqueiroMoulin RougeLorenzo VarelaMario CaneiroCaso Asunta BasterraBárbara ReyPampallínOs ÁnxelesEsperantoEmilio Pérez TouriñoAciñeiraIker MuniainGonzalo Pérez JácomeEleccións municipais en SadaAmy WinehouseMark WahlbergVangardasXosé Luís Méndez FerrínAdolfo Suárez2024Batalla das Termópilas (-480)Joan Manuel SerratFrancisco PazosRembrandtCuarzoCaraveleira🡆 More