2007 Tratado De Lisboa: Acordo da Unión Europea que regula o seu comportamento interno

O Tratado de Lisboa de 2007, tamén coñecido como tratado da Reforma, é o acordo da Unión Europea que regula o seu comportamento interno.

Substituirá os tratados de Maastricht e de Roma, vixentes ata daquela, e recolle boa parte das propostas que presentaba a Constitución europea, que non fora aprobada polos cidadáns dalgúns países formantes. O Tratado foi asinado o 13 de decembro de 2007 en Lisboa.

Historia

2007 Tratado De Lisboa: Historia, Características, Véxase tamén 
Proceso de ratificación      referendo obrigatorio      referendo posible      ratificación parlamentaria

Logo da derrota da Constitución Europea nos referendos francés e neerlandés, así como o posible rexeitamento noutros estados membros, obrigou os países europeos a aparcar o texto. Dous anos despois, a presidencia alemá do Consello da Unión promoveu a redacción dun novo documento, que viñese substituír parcialmente o texto constitucional, que acadase un maior consenso entre os gobernos e que completase o proceso de reforma institucional iniciado tras a ampliación a 25 membros. Este texto presentouse o 19 de maio de 2007.

Portugal, que asumiu a presidencia na segunda metade de 2007, propuxo unha conferencia intergobernamental os días 23 e 24 de xullo, para acabar a redacción do texto, coincidindo coa xuntanza dos ministros de exteriores. O novo tratado presentouse publicamente no cumio do 18 de outubro no mosteiro dos Xeromes de Lisboa e foi asinado por todos os presidentes de goberno dos 27 países o 13 de decembro, agás polo británico Gordon Brown, que foi substituído polo seu ministro de Exteriores David Miliband. O tratado deberá ser ratificado polos estados membros ao longo do ano 2008, e se fose así, entraría en vigor o 1 de xaneiro de 2009. Esa ratificación será unicamente parlamentaria en 25 estados, mentres que necesitará dun referendo en Irlanda e talvez en Portugal.

Características

2007 Tratado De Lisboa: Historia, Características, Véxase tamén 
Cerimonia de firma do Tratado de Lisboa.

Con respecto ao tratado constitucional, o tratado de Lisboa ten unha diferenza fundamental: non é unha proposta orixinal, senón unha emenda dos dous tratados vixentes ata o 2007, o de Maastricht e o de Roma.

A este respecto, as principais diverxencias con estes tratados anteriores son:

  • Adopta como norma a Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, que se deberá aplicar en todos os países agás en Polonia e no Reino Unido.
  • A presidencia do Consello deixa de ser rotatoria por quendas de seis meses entre os estados membros, e será exercida por un presidente único, por un período de dous anos e medio. Ese presidente será elixido por pacto entre os líderes dos estados.
  • A Comisión Europea redúcese en tamaño a partir de 2014, e non estará obrigada a recoller un comisario por estado.
  • Créase a figura do presidente do Eurogrupo, que coordinará a acción dos ministros de Economía dos estados integrados na zona euro.
  • Un novo posto, chamado Alto Representante de Asuntos Exteriores e Política de Seguridade substituirá e combinará a acción do Alto Representante para a Política Exterior e de Seguridade Común e do comisario de exteriores, que ademais será vicepresidente da comisión.
  • Redistribuiranse os votos (e o número de europarlamentarios, que aumenta a 751) entre os estados membros. Para que unha decisión sexa aprobada cumprirá, cando menos, o 55% dos votos, que ademais deberán representar o 65% da poboación. Esta medida entrará en vigor en 2014.
  • Redúcense as posibilidades de veto en 40 áreas e concédeselle máis poderes á Comisión Europea, ao Parlamento Europeo e ao Tribunal Europeo de Xustiza.
  • Dáselle personalidade legal á Unión Europea para asinar acordos internacionais.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

2007 Tratado De Lisboa Historia2007 Tratado De Lisboa Características2007 Tratado De Lisboa Véxase tamén2007 Tratado De Lisboa13 de decembro2007Constitución europeaLisboaTratado de MaastrichtTratado de RomaUnión Europea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Miro CasabellaCataluñaRepública Democrática do CongoLIgantziArantzaHeraldo de ViveroDistritos de PortugalLista de nomes femininos en galegoAPorno suaveTeresa González CostaCangasBenito KamelasAires da miña terraEditorial GalaxiaClint EastwoodÁlvaro MorataBlogRexina VegaMasculino e feminino en galegoTito ValdésRataMeteoGalicia28 de decembroMarcelo Rebelo de SousaParafusoEl Correo GallegoAs Pontes de García RodríguezSerés, Serés, CastroverdeInfinitivo conxugadoVichelocregoTarragonaSonia MéndezBispoGonzalo MellaInglaterraMaría JamardoCarlos SoberaTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaAdrenalinaCeleste CaeiroFesta da Palabra SilenciadaLaurent CantetOurioloSangueDía das Letras GalegasVómito (grupo musical)AC-312ISBNGerardo Pardo de VeraAlbert EinsteinRamón María del Valle-InclánXXXTentacionXXX edición dos Premios GoyaAlexander VórticeHorteláDaniel BasteiroMauro ScaloniTrofoblastoFrancisco AsoreyOTANLudwig van BeethovenEmilio Pérez TouriñoPaspallásRoberto Vidal BolañoAgustín Fernández PazÁlbum de la CaridadA EstradaMoción de confianzaReino de GaliciaLuisa CarnésFernando Salgado GarcíaPanxermanismoAntiga Cartago🡆 More