Comarca Do Ribeiro: Comarca da provincia de Ourense

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Comarca do Ribeiro
Comarca Do Ribeiro: Demografía, Clima, O Ribeiro na cultura popular galega
ProvinciaProvincia de Ourense
Área406,92 km²
Poboación15.571 hab. (2020)
Densidade38,27 hab./km²
ConcellosA Arnoia
Avión
Beade
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Cenlle
Cortegada
Leiro
Melón
Ribadavia.
Xentilicioribeiro/ribeira

Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Demografía

Padrón municipal 2020 15.571 habitantes
Menores de 15 anos 1.170 (7,51 %)
Entre 16 e 64 anos 8.296 (53,28 %)
Maiores de 65 anos 6.105 (39,21 %)

Clima

O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.

    Refraneiro
  • Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro .
  • Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño .
  • O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro .
  • O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos .
  • O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro .
  • O viño do Ribeiro non ten compañeiro .
  • O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro .
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro .
  • Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia .
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro .
    Cantigueiro
  • O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Comarca Do Ribeiro DemografíaComarca Do Ribeiro ClimaComarca Do Ribeiro O Ribeiro na cultura popular galegaComarca Do Ribeiro Galería de imaxesComarca Do Ribeiro NotasComarca Do Ribeiro Véxase taménComarca Do RibeiroA ArnoiaAviónBeadeCarballeda de AviaCastrelo de MiñoCenlleCortegadaGaliciaLeiroMelónProvincia de OurenseRibadaviaRío MiñoViño do Ribeiro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Santa CompañaProxyJude BellinghamEdward John SmithLisboaNoiaGatoCarlos III do Reino UnidoÁnxel CasalFrancisco FrancoAntolín FaraldoInstagramAriadna GilArxentinaJordi PujolAgustín Fernández PazXurxo ChirroBurroCarro galegoThe ArtistOtelo Saraiva de CarvalhoPartido Comunista dos Traballadores de EspañaDiáspora galegaJosé Ramón Soraluce BlondPazo BaiónInglaterraAldaoladoJosé Castiñeira PardoRamón María NarváezMaría JamardoLos MotoresContactPirámide de necesidades de MaslowLista de filmes con versión en galegoEl laberinto del faunoModelo OSIThe OffspringJosito PortoXXX edición dos Premios GoyaIndiaLupus eritematoso sistémicoRío MiñoKarmaTráfico de influenciasMónica García PérezAlfonso RuedaTeoA viaxe de ChihiroXosé Luís Méndez FerrínPVilanova de ArousaGoretti SanmartínRaoul VázquezTaboadaPilar Vázquez CuestaNacionalismo galegoTonhito de PoiNegueira de MuñizJosé Galera MorenoOTANRamón CamposErros e TánatosCuruxa comúnMaría Xosé QueizánLucas VázquezGaliciaAAndoriñaDominio públicoAliança CatalanaJason StathamOs ÁnxelesLista de nomes masculinos en galegoVietnam🡆 More