Repolo: Taxon de plantas

O repolo (Brassica oleraceae var.

Repolo
Repolo: Cultivo, Variedades, Consumo
Repolos nunha leira
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: B. olearacea
Nome trinomial
Brassica oleracea var. capitata
L. (1753)

capitata) é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.

As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.

Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.

Cultivo

O seu cultivo como verdura destinada á alimentación humana e animal remóntase á antigüidade e estendeuse a partir de formas salvaxes orixinarias da Europa meridional.

O repolo ou col pode sementarse nun primeiro momento en interiores (en sementeiro ou alcouve) ou directamente no exterior. Como todos os membros da familia das Brassicaceae, ten a súa colleita nas épocas máis frescas do ano, aínda que preferentemente en outono.

O control dos parasitos dos cultivos é de grande importancia, en particular en relación ós ataques das eirugas de moitas bolboretas da familia das Pieridae.

Variedades

Existen dúas variedades principais de repolos: as de cedo (temperás) e as serodias.

  • Repolo de cedo: as variedades temperás maduran en 50 días aproximadamente. Producen ollos pequenos e destínanse ó consumo inmediato, xa que non resisten o almacenamento.
  • Repolo serodio: as variedades serodias maduran ós 80 días, producen ollos moito máis grandes e destínanse á provisión invernal.
Repolo: Cultivo, Variedades, Consumo 
Menú dun banquete:
C E N A
DADA POR AMIGOS E ADEMIRADORES, VELLOS
E RAPACES, A O PETRUCIO E INSINE
HISTORIADOR
M A N U E L   M U R G U Í A
PARA FESTEXALO NA NOITE D'HOXE
Zelme de garabanzos en caldo de repolo
Revoltixo de arroz con peixes, polos e froitos da terra
Peixota á cruñesa
Lombo de terneira asado.
LAMBETADAS:
A Coruña, 2 de marzo de 1909.

Consumo

Consómese tanto cociñado como en ensalada e pódese conservar cocido, conxelarse tras escaldar primeiro e incluso preparalo como chucrut (col fermentada que se utiliza como condimento ou acompañamento).

Composición e propiedades

Repolo, cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía103 kJ (25 kcal)
5.8 g
Azucres3.2 g
Fibra alimentaria2.5 g
0.1 g
1.28 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
5%
0.061 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.040 mg
Niacina (B3)
2%
0.234 mg
Ácido pantoteico (B5)
4%
0.212 mg
Vitamina B6
10%
0.124 mg
Ácido fólico (B9)
11%
43 μg
Vitamina C
44%
36.6 mg
Vitamina K
72%
76 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
4%
40 mg
Ferro
4%
0.47 mg
Magnesio
3%
12 mg
Manganeso
8%
0.16 mg
Fósforo
4%
26 mg
Potasio
4%
170 mg
Sodio
1%
18 mg
Cinc
2%
0.18 mg
Outros constituíntesCantidade
Fluoruro1 µg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O repolo é rico en vitaminas C e A, calcio e β-caroteno, ademais de ter un alto contido de fibra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Repolo CultivoRepolo VariedadesRepolo ConsumoRepolo Composición e propiedadesRepolo NotasRepolo Véxase taménRepoloBrassicaceaeColFollaHerbácea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Os EoasProvincia da CoruñaDolores O'RiordanRede privada virtualComarcas de GaliciaReal Sociedad de FútbolJorge MiraAcademia Chinesa de CienciasJuan CorralLista das aves de GaliciaXohán Xabier Baldomir CabanasPeneNovialFélix BolañosARDFebreiroAlberto FortesTanxugueirasEduardo Paredes RodríguezHTML5QueiroaSobreiraFrancisco Vázquez VázquezVietnamTeoEstragónBeatriz MatoCoordenadas xeográficasShaquille O'NealA memoria da choivaElena CandiaAndorraNapoleón I de FranciaFidel CastroFiúnchoBugalloLa RegiónAriadna GilNoruegaAgustín Fernández PazCarlos CasaresXurxo SoutoImmanuel KantReino suevoZeca AfonsoXosé Ramón Fernández-OxeaVilanova de ArousaFederico García LorcaCarl Theodor DreyerFrancisco Castro VelosoLa Voz de GaliciaHLA-DMCarles PuigdemontBurroDodroGerardo Pardo de VeraGarcía II de GaliciaApóutegaAlejandra MurguíaPedro RieloRusiaFrancisco PazosMichael JacksonAna BotellaRosalía de CastroUniversidade de Santiago de CompostelaMartiño de DumioIsidoro de SevillaEstadio Municipal de BalaídosGacelaIrúnXeración NósFranciaMarta DoviroJosé López CamposJosé Luis Valladares🡆 More