O sodio é un elemento químico de símbolo Na e número atómico 11, pertencente ao grupo dos metais alcalinos.
O sodio é un metal alcalino brando, lixeiro e de cor prateada que non se atopa libre na natureza. O sodio flota na auga descompoñéndoa, desprendendo hidróxeno e formando un hidróxido. É moi reactivo, arde con chama amarela, oxídase no aire e reacciona violentamente coa auga. Normalmente non arde en contacto co aire por baixo dos 40 °C.
O sodio (do italiano soda, "eslamiada") coñecido en diversos compostos, foi illado en 1807 por Humphry Davy por medio da electrólise da sosa cáustica. Na Europa medieval empregábase como remedio para as xaquecas un composto de sodio denominado sodanum, termo que provén da palabra árabe suwwad, que era unha planta que contiña moitas al-qali, ou cinsas, que se producían ao quentar a planta sen queimala. O símbolo do sodio (Na), provén de natrón (ou natrium, do grego nítron e este do hebreo neter) nome que recibía antigamente o carbonato sódico.
O catión sodio (Na+) ten un papel fundamental no metabolismo celular, por exemplo, na transmisión do impulso nervioso (mediante o mecanismo da bomba de sodio-potasio). Participa tamén na contracción muscular, o equilibrio ácido-base e a absorción de nutrientes polas membranas.
A concentración plasmática de sodio é en condicións normais de 137-145 mmol/L. O aumento de sodio no sangue coñécese coma hipernatremia, e a súa diminución coma hiponatremia.
O sodio é relativamente abundante nas estrelas, detectándose a súa presenza a través da liña D do espectro solar, situada aproximadamente no amarelo. A codia terrestre contén aproximadamente un 2,6% de sodio, o que o converte no cuarto elemento máis abundante, e o máis abundante dos metais alcalinos.
Actualmente obtense por electrólise de cloruro sódico fundido, procedemento máis económico que o anteriormente usado, a electrólise do hidróxido de sodio. Economicamente é o metal alcalino máis barato de obter.
O composto natural máis abundante de sodio é o cloruro sódico ou sal común, aínda que tamén se atopa presente en diversos minerais coma por exemplo a halita ou a ceolita.
Os compostos de sodio de maior importancia industrial son:
Coñécense trece isótopos de sodio. O único estable é o 23Na. Ademais existen dous isótopos radioactivos cosmoxénicos, 22Na e 24Na, con períodos de semidesintegración de 2,605 anos e aproximadamente 15 horas respectivamente.
En forma metálica o sodio é explosivo ao entrar en contacto coa auga e moitos outros elementos. Debe manipularse sempre coidadosamente e almacenarse nunha atmosfera inerte, xeralmente de argon, evitando o contacto coa auga e outras substancias coma o osíxeno.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sodio |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Sodio, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.