Punto De Inflamabilidade

O punto de inflamabilidade é o conxunto de condicións de contorna no que unha substancia combustible inflamable, está en condicións de iniciar unha combustión se se lle aplica unha fonte de calor a temperatura abonda, chegando ó momento de ignición.

Unha vez retirada a fonte de calor externa poden ocorrer dúas cousas: que se manteña a combustión iniciada, ou que se apague o lume por si só.

A diferenza entre punto de inflamabilidade e punto de ignición, é que no primeiro, o combustible está en condicións de inflamarse, pero fáltalle a calor de ignición; o punto de ignición é no caso que se producise xa a inflamación, é dicir, aplicouse a calor de ignición.

Se se consideran unhas condicións normais de presión (presión atmosférica normal de 101,3 kPa), esas condicións redúcense a unha temperatura mínima e unha proporción determinada de vapor de combustible no aire ambiente, que pode darse nunha pequena parte do mesmo. Son importantes tanto a temperatura como a proporción da mestura. De feito a temperatura pode ser relativamente baixa, a maioría das veces inferior ás normais no ambiente, pero a esa temperatura os combustibles líquidos empezan a desprender vapores que, ó mesturarse co osíxeno do aire ou outro comburente, poden dar as condicións, para que calquera faísca que alcance a temperatura de ignición necesaria, inicie o lume. Entre estas condicións é fundamental a proporción dos gases co aire e, tanto se a proporción de gases é escasa, coma se é excesiva, non se producirá a ignición.

Para medir o punto de inflamabilidade úsase o aparello de Pensky-Martens.

Temperatura de inflamabilidade dalgunhas substancias:

Combustible temperatura
Alcol etílico 12 °C / 53.6 °F
Alcol metílico 11 °C / 51.8 °F
Alcol butílico 37 °C / 98,6 °F
Gasolina -40 °C / -45.4 °F
Nafta de petróleo -2 °C / 28.4 °F
Queroseno 38 °C a 72 °C / 100.4 °F a 161.6 °F
Gasóleo 52 °C a 96 °C / 125.6 °F a 204.8 °F
Benceno 20 °C / 68.0 °F
Hexano -28 °C / -18.4 °F
Tolueno 9 °C / 48.2 °F
Furfural 62 °C / 143.6 °F

Véxase tamén

Outros artigos

  • Punto de ignición

Tags:

CombustibleSubstancia (filosofía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Provincias de EspañaMimosaXunta de GaliciaLista de ríos de GaliciaDavid SuchetMamen MendizábalArroazNacho CastañoAgustín Fernández PazMilánLista de siglas e acrónimosCoco (bacteria)Hans ZimmerGheadaJacinto BenaventeHenrique VIII de Inglaterra1868Cabo Norte, NoruegaRaposo comúnPanxermanismoNarónPablo EcheniqueOs ÁnxelesGame Boy Advance SPFillas de CassandraGuerraAccidente de ChernóbilManuel RicoStellantisOs demostrativos galegosJennifer LopezRebel MoonOurenseWikiTrofoblastoRibadeoLista de filmes coas maiores recadaciónsFalange EspañolaGrupo SargadelosEsther EstévezDavid PerdomoFrancisco FrancoDomingo García-SabellXXX edición dos Premios GoyaJuan Jacobo Durán LorigaJorge LorenzoPello OtxandianoSusana FortesXosé FortesSystem of a DownPotaVento feridoAlberto FortesConcellos de GaliciaO porco de péConceyu BableRepública Democrática do CongoValentín García GómezMaría PitaTotó GarcíaRusiaMark Lewis JonesÁlvaro MorataO Barco de ValdeorrasRibeiraDe NinghuresEstadio de TammelaO CarballiñoMañónÁlbum de la CaridadJorge PeteiroPoesía🡆 More