Electronegatividade

A electronegatividade é unha medida da forza de atracción que exerce un átomo sobre os electróns que comparte con outro átomo co que está enlazado.

Os diferentes valores de electronegatividade clasifícanse segundo diferentes escalas, entre elas a escala de Pauling e a escala de Mulliken.

Electronegatividade

En xeral, os diferentes valores de electronegatividade dos átomos determinan o tipo de enlace que se formará na molécula que os combina. Así, segundo a diferenza entre as electronegatividades destes pódese determinar (convencionalmente) se o enlace será, segundo a escala de Linus Pauling:

  • Iónico (diferenza superior ou igual a 1.7)
  • Covalente polar (diferenza entre 1.7 e 0.4)
  • Covalente non polar (diferenza inferior a 0.4)

A electronegatividade é unha propiedade periódica. Vai aumentado cara a arriba e cara á dereita na táboa periódica. Canto máis pequeno é o raio atómico, maior é a enerxía de ionización e maior a electronegatividade e viceversa.

Segundo Linus Pauling, introdutor do concepto, a electronegatividade é a capacidade dun átomo para atraer cara a si os electróns. Nin as definicións cuantitativas nin as escalas de electronegatividade baséanse na distribución electrónica, senón en propiedades que se supón reflicten a electronegatividade.

Ligazóns externas

Tags:

ElectrónEscala de PaulingÁtomo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rosalía de CastroFranciaArroazAustraliaSobreiraQueiroaCoordenadas xeográficasO divino saineteCharles WhiteTeresa García-SabellAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMilánParlamento de GaliciaLuís SeoaneZeca AfonsoPablo Iglesias TurriónEspañaMark Lewis JonesJosé María Barreiro GómezSalgueiroJohn Forbes NashIrene JunqueraVichelocregoValentín García GómezElvira Fernández BalboaRías Baixas (serie de televisión)MimosaPaspallásRibeiraHomosexualidadePedro SánchezLingua galegaBenito MussoliniFauna de GaliciaXXX edición dos Premios GoyaFingeringLeonardo da VinciMercedes QueixasRepública Democrática do CongoPorno suaveDodroEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024CuarzoCaso Asunta BasterraPardo de CelaGabriel García MárquezSecretaría Xeral de Política LingüísticaAlfonso Basterra CamporroRibadeoDonicelaXosé Manuel PiñeiroFrancisco FrancoCarballoTito VilanovaBloque Nacionalista Galego25 de abrilPerífrases verbais galegasExaculaciónIKEASusana FortesMaría JamardoDistritos de PortugalAdrenalinaEduardo IndaFrancisco AsoreyFerrer BassaRomariz, Riós, RiósRamón CabanillasCanle (comunicación)As dúas MaríasXabier FortesCamilo Díaz BaliñoContact🡆 More