Nutriente Mineral

No contexto da nutrición, un mineral é un elemento químico requirido polos organismos como un nutriente esencial para realizar as funcións necesarias para a vida.

Porén, os catro elementos estruturais principais no corpo humano por peso (osíxeno, hidróxeno, carbono e nitróxeno), polo xeral non se inclúen nas listas dos principais nutrientes minerais (o nitróxeno considérase un "mineral" para as plantas, xa que a miúdo inclúese en fertilizantes). Estes catro elementos compoñen aproximadamente o 96% do peso do corpo humano, e os minerais principais (macrominerais) e os minerais menores (tamén chamados elementos traza) compoñen o resto.

Os minerais, como elementos, non poden ser sintetizados bioquímicamente por organismos vivos. As plantas obteñen minerais do chan. A maioría dos minerais nunha dieta humana proveñen de comer plantas e animais ou de beber auga. Como grupo, os minerais son un dos catro grupos de nutrientes esenciais, sendo os outros as vitaminas, os ácidos graxos esenciais e aminoácidos esenciais. Os cinco minerais principais no corpo humano son calcio, fósforo, potasio, sodio e magnesio. Todos os elementos restantes nun corpo humano chámanse "elementos traza". Os oligoelementos que teñen unha función bioquímica específica no corpo humano son xofre, ferro, cloro, cobalto, cobre, cinc, manganeso, molibdeno, iodo e selenio.

Notas

Tags:

Elemento químicoNutrienteSer vivo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Álvaro MorataTonhito de PoiGoretti SanmartínMergullón cristadoBreogánBaby ReindeerMark Lewis JonesSexo analCromosoma homólogoXunta Suprema do Reino de GaliciaFrancisco Varela OuroLista de xentilicios de concellos galegosNeptunoXeración do 36CunnilingusOtelo Saraiva de CarvalhoAlberte PagánCubaHolocaustoDelfínidosFauna de GaliciaÁngel CarracedoLista de episodios de Shin ChanpdwqjDistritos de PortugalAlbert EinsteinImperio BritánicoAntónio de Oliveira SalazarRamiro CarregalFerroAtlánticaBeatriz LuengoPontevedraXXXTentacionProxyPrestigeÁcido dipicolínicoVento feridoBoyanka Kostova (grupo musical)1928Ollos de augaÁreas lingüísticas do galegoSonsoles EspinosaQuenllaGuerraTraxe galegoAsteraceaeBeraAmaia Martínez GrisaleñaXosé Manuel PiñeiroToxo arnalDiglosiaEduardo PondalPalauEstanislao FiguerasAmérica LatinaCataluñaAFiúnchoEl Correo GallegoFigueresRaposo comúnVómito (grupo musical)Ignacio Rivera QuintanaRacing Club de FerrolRosario Porto OrtegaEcce HomoLontreiraSlumdog MillionaireBloque Nacionalista GalegoEva CárdenasMaruxa MalloAgustín Fernández PazGalaicosMeigaClint Eastwood🡆 More