Eiruga: Larva de bolboreta

Unha eiruga é unha larva de bolboreta.

Por extensión chámase ás veces eiruga a calquera larva de corpo longo e formado por aneis doutros grupos de insectos, como as dalgúns coleópteros. A eiruga é o estadio larvario dos insectos da orde dos lepidópteros (orde de insectos que comprende as bolboretas e as avelaíñas).

Eiruga: Hábitos, Morfoloxía, Galería de imaxes
Eiruga de Papilio machaon.

Hábitos

Eiruga: Hábitos, Morfoloxía, Galería de imaxes 
Unha eiruga de xeómetra ou verme medidor

As eirugas son na súa maior parte fitófagas (comen vexetais) en canto a hábitos alimenticios, salvo algunhas especies que son entomófagas (predadoras doutros insectos).

O seu crecemento ten lugar a través dunha serie de mudas, con varias fases ou estados intermedios. Son comedoras voraces e moitas delas son consideradas como pragas na agricultura. Moitas especies de avelaíñas e mesmo bolboretas son moi ben coñecidas no seu estadio larvario a causa dos danos que causan á froita e outros produtos da agricultura, ou mesmo cousas domésticas como roupa e libros.

Morfoloxía

1. Cabeza 2. Tórax 3. Abdome 4. Espiráculo 5. Falsas patas anais 6. Falsas patas abdominais 7. Segmento 8. Patas torácicas 9. Antena

Constitución xeral

A maioría das eirugas teñen uns corpos longos, tubulares, e segmentados. O seu corpo é brando e crece, inflando rapidamente, como globos, entre as diferentes mudas. Só a cápsula da cabeza é de consistencia dura.

Cabeza

Nas eirugas, as mandíbulas son duras e afiadas para mastigar as follas; porén, na maioría dos lepidópteros adultos, as mandíbulas atópanse moi atrofiadas, ou son incluso brandas. Detrás das mandíbulas da eiruga podemos atopar o aparato fiador, que segrega e manipula a seda.

Segmentos corporais e extremidades

As eirugas contan con tres pares de patas verdadeiras nos tres segmentos torácicos, tendo ata catro pares de extremidades falsas nos segmentos medios do abdome, e incluso a miúdo un único par de falsas extremidades provistas de pequenas unllas ou ganchos no último segmento abdominal, tendo dez segmentos abdominais en total. As familias de lepidópteros difiren no número e posición das extremidades falsas. Por exemplo, mentres a separación entre segmentos dalgunhas especies é moi pequeno, noutras, como nas pertencentes á familia das Xeometridae, é moito maior. Os xeómetras, tamén chamados vermes medidores, reciben ese nome debido á súa maneira de avanzar, que parece medir a terra. A palabra xeómetra significa de feito medidor da terra en grego) e a principal razón para este desprazamento tan peculiar é a eliminación de case todas as falsas extremidades excepto as prensoras do segmento final.

Galería de imaxes

Tags:

Eiruga HábitosEiruga MorfoloxíaEiruga Galería de imaxesEirugaAvelaíñaBolboretaColeópterosInsectoLepidopteraOrde (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Dios ke te crew25 de abrilPierre Simon LaplaceOlga NovoPink FloydFrancisco Porto MellaDaniel de la TorreGala Murguía de CastroIgnacio Rivera QuintanaMártires de CarralExeria (escritora)EspañaChubby CheckerAldous HuxleyTeresa RiberaSokramGuerraCélula procariotaIrene MonteroEnciclopediaRefraneiro galego sobre o mes de maioLingua galegaAgustín Fernández PazDiana Varela PuñalMeg RyanElectrónicaDavid VillaBruce DickinsonRelación sexual humanaAlianza Libre EuropeaCarballoAmérica-GaliciaFran AlonsoRaúl Soutelo VázquezLois PereiroLista de voces dos animaisAccidente de ChernóbilDiurno (Renfe)FreixoInés ReyCandela PeñaJesús Hidalgo BermejoFlora invasora de GaliciaPaíses BaixosÁlex FidalgoEscudo de GaliciaÁlvaro MorataWikipedia en igalaTerra de MirandaAndrés Martínez SalazarThe Times of IndiaEllen DeGeneresOs outros feirantesApolonio de AtenasGalego-portuguésIuri GagarinXogos Olímpicos de 2004DelfínAntonio Fernández RivadullaSanta CompañaViveiroHard GZOllos de augaAtenasParadigmas dos verbos irregulares galegosPilar AbellaCatedral de Santiago de CompostelaO incerto señor Don HamletAsalto do bou EvaReal Academia GalegaIdade MediaAWStatsAP-9VisigodosMércores🡆 More