Tractor Eiruga

Un tractor eiruga é un dispositivo de tracción utilizado principalmente en vehículos pesados, como carros de combate e tractores, ou outro tipo de vehículos.

Consiste nun conxunto de elos modulares que permiten un desprazamento estábel en terreos irregulares.

Tractor Eiruga
Roda-piñón de transmisión na parte traseira da eiruga dun tanque Leclerc.
Tractor Eiruga
Rodas de rodamento da eiruga dun AMX-56 Leclerc.
Tractor Eiruga
Un M60 Patton con seis rodas de rodadura por eiruga.

A maioría das eirugas forman parte dun cinto flexíbel cun conxunto de elos ríxidos unidos uns a outros fortemente. Os elos axudan ao vehículo a distribuír o peso nunha superficie maior que a que tivese co emprego de rodas, e isto fai que poida moverse por un número maior de superficies sen afundirse debido ao seu propio peso. Por exemplo, a presión que exerce un automóbil sobre o chan é igual aproximadamente a 207 kPa, namentres que as setenta toneladas que pesa un tanque M1 Abrams exercen unha presión sobre o firme de 103 kPa.

Historia

En 1826 o enxeñeiro británico George Cayley patentara unha eiruga mecánica coa denominación de "universal railway" ou ferrocarril universal. No ano 1837 o inventor ruso Dmitry Zagryazhsky deseñou unha especie de vehículo con tramos móbiles e que patentou o mesmo ano. Porén, debido a unha gran falta de fondos non puido elaborar un prototipo. Como resultado a súa patente foi esquecida no ano 1839. En 1846, o enxeñeiro británico James Boydell patentou unha "roda ferroviaria sen fin". Os tractores empurrados a vapor empregaban unha forma de eiruga que foi probada pola alianza occidental durante a Guerra de Crimea na década de 1850. Unha eiruga efectiva foi inventada e construída por Alvin Lombard, que a patentou no ano 1901.

Hornsby/Holt

Tras o comezo das operacións de Lombard, Hornsby en Inglaterra manufacturou canto menos dous vehículos "guiados por eirugas", e a súa patente foi posteriormente adquirida por Holt en 1913, permitindo a Holt ser popularmente coñecido como o "inventor" dos tractores eiruga. Hornsby fixo unha versión para o exército británico que posteriormente sería a inspiración dun "tanque".

Construción e operación

Tractor Eiruga 
Diagrama dunha suspensión de eirugas. 1=roda de transmisión traseira, 2=eiruga, 3=rodete de retorno, 4=roda de transmisión dianteira, 5=rodas de rodadura, 6=rodete tensor.

Exemplos

  • O tractor eiruga foi o fundamento do deseño da tracción dos carros de combate.
  • Os tractores cunha pa diante son os denominados bulldozers, e adoitan ser usados na construción para mover terra.
  • A eiruga foi empregada nalgúns dos vehículos do campo como axuda á agricultura.
    • Tractor Marshall
  • O transbordador espacial transportábase á súa base de lanzamento mediante unha gran eiruga transportadora.
  • O vehículo con eiruga máis grande do mundo é a escavadora alemá Bagger 288.

Notas

Tags:

Tractor Eiruga HistoriaTractor Eiruga Construción e operaciónTractor Eiruga ExemplosTractor Eiruga NotasTractor EirugaCarro de combateElo (cadea)TractorVehículo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luis García-ReyChamaeleo chamaeleonCarlos XV de SueciaPedro I do BrasilCanle (enxeñaría)Haile GebrselassieMonterreiReal Academia GalegaKaliningradoÁcido undecanoicoCondado de DalarnaADN polimeraseConcepción ArenalXabarilEleccións municipais en Vilariño de ConsoMelbourne Grand Prix CircuitOrixe das avesSegunda guerra mundialNoruegaÁcido dotriacontanoicoCOVID-19RomaCaviarInés ArrimadasÁcido vaccénicoAllarizOurenseCarboxiloDonicelaLingua latinaAna BucetaBlastocistoRoko (actriz)María I de InglaterraCarolina do SurSevillaÁcido graxoEdicto de MilánRanger 5LocativoNeornithesLingua sánscritaAna de Gran BretañaWikipediaFrank SinatraLingua alemáDune (filme de 2021)Arianna d'OttoneThe Eyes of the DragonSegunda República EspañolaÁcido graxo esencialAeroporto de Hangzhou-XiaoshanHistoria da filosofía occidentalCrónica troianaEtiopíaPadrendaXabier DeiveDiteaGalería de imaxes das Pontes de García RodríguezContactLisboaReconquista de VigoSangueArvicola amphibiusGran Premio de Australia de 2017CameloThe ArtistMonforte de LemosContactorPhoenicopteriformesHonoluluOriente MedioTermodinámica dos ácidos nucleicosMediana (xeometría)Ribocima🡆 More