Ferramenta Pa

Unha pa é unha ferramenta de man utilizada para escavar ou mover materiais con cohesión relativamente pequena.

Consta basicamente dunha superficie plana cunha lixeira curvatura que serve para cavar na terra e transportar o material e dun mango de metal ou madeira co que se manexa. A parte lisa adoita ser metálica e o mango remata nunha asa que pode ser recta ou curva para poder exercer maior forza cunha das mans. A pa foi empregada dende a máis remota antigüidade en labores agrícolas e de construción. A súa evolución deu lugar ás máquinas escavadoras e cargadoras, moi importantes nas tarefas de movemento de terras para remodelación e acondicionamento de terreos, construción de infraestruturas urbanas, conformación de sotos, preparación de cimentacións de edificios etc.

Ferramenta Pa
Pas

Pa de xardinería

Ferramenta Pa 
Pa de xardinería

As pas son utensilios básicos para realizar labores de xardinaría. Utilízanse para cavar a terra, preparala para plantar, arrancar raíces, escavar gabias e outros labores.

Pódense distinguir os seguintes tipos:

  • Pas de punta redonda. Úsanse para cavar. A súa estrutura é redondeada rematando lixeiramente en punta o que fai máis doado fincalas na terra. O seu bordo superior é plano para poder exercer forza premendo co pé.
  • Pas de punta cadrada. A súa maior superficie fainas convenientes para transportar materiais.
  • Pas de zapa. Tamén ten a punta cadrada pero a súa superficie é máis estreita. Utilízase para quitar céspede ou facer bordos, entre outros labores de xardinaría.
  • Pa de transplantar. Similar á anterior, caracterízase pola súa estrutura estreita e punta redondeada lixeiramente rematada en punta.

Outros usos

As pas de plástico forman parte dos xoguetes que utilizan os nenos na praia para manexar a area. Forman parte de kits que inclúen utensilios tales como un balde, un anciño ou uns moldes. Utilízanas para cavar e transportar a area, realizar regatos, construír castelos etc.

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Refraneiro galego sobre o mes de maioFran AlonsoNuno García PicoNintendo DSDepartamento de ApurímacCouto MixtoViveiroJude BellinghamFlora invasora de GaliciaFoliadaRosario Porto OrtegaEduardo López BudénFacebookÁlvaro MorataParáfraseImmanuel KantFreixoDomingo de AndradeJosé Luis Rodríguez ZapateroVacaO divino saineteXabier DeiveTECOR societarioValgaRevolución dos CaraveisFingeringHenrique MonteagudoArte posmodernaDios ke te crewXornalismoDigital object identifierRelación sexual humanaPaís VascoCorea do NorteHelsingin JalkapalloklubiJoe BidenXoán Manuel Ramos RodríguezFrancisco FumegaReal Academia GalegaVisigodosMan-in-the-middle attackO sabor das margaridasMartín CodaxJohann Sebastian BachAlianza Libre EuropeaLista das aves de GaliciaXabier DíazDiáspora galegaAccidente de ChernóbilLareiraIslandiaCaroline WozniackiJavier CasqueiroQuerela das mulleresLista de WikipediasA Mesa pola Normalización LingüísticaUnión EuropeaAna PeleteiroAtenasGheadaLingua éuscaraVichelocregoCódigo QRXavi HernándezRío UllaMadridHistoria de GaliciaListenbourgLoboFederico TrilloMarilar AleixandreBidueiroDelfín Modesto Brandón🡆 More