Presión: Forza aplicada sobre unha superficie

Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria).

Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área):

    ou

onde:

  • p é a presión
  • F é a compoñente normal da forza.
  • A é a área

Aínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección. A unidade no SI para medir a presión é o pascal (Pa), equivalente a unha forza de 1 newton por unha área de 1 metro cadrado (N/m2). A presión exercida pola atmosfera ao nivel do mar corresponde a 101 325 Pa, e ese valor é normalmente asociado a unha unidade chamada atmosfera patrón.

A presión relativa defínese como a diferenza entre a presión absoluta e a presión atmosférica. O aparello destinado a medir a presión relativa é o manómetro. A presión atmosférica mídese cun barómetro.

Para informacións sobre a presión interna exercida polo sangue no organismo humano, vexa presión arterial.

Outras unidades

Baria é a unidade de presión no sistema CGS e vale unha dyna/cm2

Bar é un múltiplo da Baria : 1 bar = 106 barias

Psi (pound per square inch), libra por polgada cadrada, é a unidade de presión no sistema inglés/americano

A táboa presenta os valores para a transformacións das unidades;

explo: 1 atm = 1,013.10+5  Pa

  Atmosfera Pascal Baria Bar milibar mm Hg m H2O kgf/cm2
Atmosfera 1 1,013.10+5 1,013.10+6 1,013 1013    760,0 10,33 1,033
Pascal 9,869.10-6 1 10 10-5 0,01 7,501.10-3 1,020.10-4 1,019.10-5
Baria 9,869.10-7 0,1 1 10-6 0,001 7,501.10-4 1,020.10-5 1,020.10-2
Bar 0,9869 100000 1000000 1 1000 750,1 10,20 1,020.10+4
milibar 9,869.10-4 100 1000 0,001 1 0,7501 1,020.10-2 10,20
mm Hg 1,316.10-3 133,3 1333 1,333.10-3 1,333 1 1,360.10-2 13,60
m H2O 9,678.10-2 9807 9,807.10+4 9,807.10-2 98,06 73,56 1 0,100
kgf/cm2 0,968 9,810.10-4 9,810.10+5 0,9810 981,0 735,8 10,00 1

Propiedades da presión nun medio fluído

  1. A presión nun punto dun fluído en repouso é igual en todas as direccións (principio de Pascal).
  2. A presión en todos os puntos situados nun mesmo plano horizontal dun fluído en repouso (e situado nun campo gravitatorio constante) é a mesma.
  3. Nun fluído en repouso a forza de contacto que exerce no interior do fluído unha parte deste sobre a outra é normal á superficie de contacto (Corolario: nun fluído en repouso a forza de contacto que exerce o fluído sobre a superficie sólida que o contén é normal a esta).
  4. A forza asociada á presión nun fluído ordinario en repouso diríxese sempre cara ao exterior do fluído, polo que debido ao principio de acción reacción, resulta nunha compresión para o fluído, xamais unha tracción.
  5. A superficie libre dun líquido en repouso (e situado nun campo gravitatorio constante) é sempre horizontal. Iso é certo só na superficie da Terra e a simple vista, debido á acción da gravidade non é constante. Se non hai accións gravitatorias, a superficie dun fluído é esférica e, polo tanto, non horizontal.
  6. Nos fluídos en repouso, un punto calquera dunha masa líquida está sometida a unha presión que é función unicamente da profundidade á que se encontra o punto. Outro punto á mesma profundidade, terá a mesma presión. Á superficie imaxinaria que pasa por ambos puntos denomínase superficie equipotencial de presión ou superficie isobárica.

Tags:

ForzaFísicaSuperficie

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Daniel BasteiroLiga Feminina de BaloncestoPrimeira guerra mundialRamón Otero PedrayoCándido Conde-Pumpido VarelaXXX edición dos Premios GoyaLugoFiorella FaltoyanoQuercusBrieva, ÁvilaEva Iglesias MiguénsSéculos EscurosDe NinghuresCarlos III do Reino UnidoXunta de GaliciaCantiga de amigoSevillaPirámide de necesidades de MaslowZendayaIker MuniainRiro KāingaRedondelaRafael NadalSusana FortesHelia GonzálezGuestrarDolores O'RiordanMarta Fernández-TapiasAdolfo SuárezManuel Fernández DoalloJosé Antonio Vázquez TaínCetáceosMalvares de MoscosoColocación do pronome átono en galegoReal Academia GalegaIsabel Díaz AyusoAlexandra TargaryenFentoHistoria dos eslavos do surARDCarlos CuerpoEstrella GaliciaCeleste CaeiroXurxo GonzálezCentauroLie ZiMCarralRaoul VázquezTristán UlloaJorge PeteiroLa RegiónAndrés PajaresCIker CasillasFrancisco Porto MellaChristopher WalkenFelipe GonzálezRoberto Vidal BolañoSoledad PenaltaOurenseCarballoVerónica ForquéJuan Carlos Rodríguez CebriánDani PedrosaXabier DíazIsabel PantojaCinema pornográficoIvana BaqueroManfred GnädingerEstripeiroMediaWikiDaniel de la TorreFernando Alonso🡆 More