Premio Miguel De Cervantes

O Premio Cervantes, foi instituído en 1975 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura de España.

Premio Miguel De Cervantes
Monumento a Cervantes na Plaza de España, Madrid.

Trátase do Premio Nacional de Literatura. Está recoñecido coma o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá cuxa contribución ó patrimonio cultural hispánico fora decisiva. Xeralmente premiase a un español e a un latinoamericano, aproximadamente en forma alternativa, dando así o número de máis da metade de premiados a escritores moitas veces descoñecidos a nivel mundial do país que outorga o premio,[Cómpre referencia] e o resto repartido a grandes escritores de América.

Actualmente está dotado con 125.000 euros e toma o seu nome do autor Miguel de Cervantes, autor da que se considera a máxima obra da literatura castelá, Don Quixote da Mancha.

Historia e características

A súa primeira edición tivo lugar de xeito efectivo no ano 1976. O Premio Cervantes non pode ser dividido, declarado deserto ou ser concedido a título póstumo, segundo as normas que se estableceron despois de que na edición de 1979 o xurado decidira concederlles o premio "ex aequo" ó español Gerardo Diego e ó arxentino Jorge Luis Borges.

Os candidatos ó Premio Miguel de Cervantes son propostos polo pleno da Real Academia Española, polas Academias da Lingua dos países de fala hispana e polos gañadores en pasadas edicións.

O xurado está integrado polo director da Real Academia Española, o presidente dunha das Academias da Lingua Española de Hispanoamérica, que vai cambiando cada ano, o premiado na edición anterior e oito personalidades do mundo académico, literario ou universitario, españois ou hispanoamericanos, de recoñecido prestixio.

O 23 de abril de cada ano, coincidindo coa data na que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes, o rei de España, Filipe VI, preside a entrega deste galardón no Paraninfo da Universidade de Alcalá. Neste acto solemne, o rei, o ministro de Cultura español e o autor galardoado pronuncian un discurso no que se glosa a vida e produción literaria do premiado, a obra de Cervantes e os autores clásicos da lingua española, así coma sobre o estado do idioma.

Lista de gañadores do Premio Cervantes

Premio Miguel De Cervantes 
Edición
Ano
País
Autor
48ª 2023 España Luis Mateo Díez
47ª 2022 Venezuela Rafael Cadenas
46ª 2021 Uruguai Cristina Peri Rossi
45ª 2020 España Francisco Brines
44ª 2019 España Joan Margarit
43ª 2018 Uruguai Ida Vitale
42ª 2017 Nicaragua Sergio Ramírez
41ª 2016 España Eduardo Mendoza
40ª 2015 México Fernando del Paso
39ª 2014 España Juan Goytisolo
38ª 2013 México Elena Poniatowska
37ª 2012 España José Manuel Caballero Bonald
36ª 2011 Chile Nicanor Parra
35ª 2010 España Ana María Matute
34ª 2009 México José Emilio Pacheco
33ª 2008 España Juan Marsé
32ª 2007 Arxentina Juan Gelman
31ª 2006 España Antonio Gamoneda
30ª 2005 México Sergio Pitol
29ª 2004 España Rafael Sánchez Ferlosio
28ª 2003 Chile Gonzalo Rojas
27ª 2002 España José Jiménez Lozano
26ª 2001 Colombia Álvaro Mutis
25ª 2000 España Francisco Umbral
24ª 1999 Chile Jorge Edwards
23ª 1998 España José Hierro
22ª 1997 Cuba Guillermo Cabrera Infante
21ª 1996 España José García Nieto
20ª 1995 España Camilo José Cela
19ª 1994 Perú Mario Vargas Llosa
18ª 1993 España Miguel Delibes
17ª 1992 Cuba Dulce María Loynaz
16ª 1991 España Francisco Ayala
15ª 1990 Arxentina Adolfo Bioy Casares
14ª 1989 Paraguai Augusto Roa Bastos
13ª 1988 España María Zambrano
12ª 1987 México Carlos Fuentes
11ª 1986 España Antonio Buero Vallejo
10ª 1985 España Gonzalo Torrente Ballester
1984 Arxentina Ernesto Sabato
1983 España Rafael Alberti
1982 España Luis Rosales
1981 México Octavio Paz
1980 Uruguai Juan Carlos Onetti
1979 Arxentina e España Jorge Luis Borges e Gerardo Diego
1978 España Dámaso Alonso
1977 Cuba Alejo Carpentier
1976 España Jorge Guillén

Premios Cervantes por países

Datos actualizados a abril de 2023.

País
Premios
Premio Miguel De Cervantes  España 23
Premio Miguel De Cervantes  México 6
Premio Miguel De Cervantes  Arxentina 4
Premio Miguel De Cervantes  Chile 3
Premio Miguel De Cervantes  Cuba 3
Premio Miguel De Cervantes  Uruguai 3
Premio Miguel De Cervantes  Paraguai 1
Premio Miguel De Cervantes  Perú 1
Premio Miguel De Cervantes  Colombia 1
Premio Miguel De Cervantes  Nicaragua 1
Premio Miguel De Cervantes  Venezuela 1

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Premio Miguel De Cervantes Historia e característicasPremio Miguel De Cervantes Lista de gañadores do Premio CervantesPremio Miguel De Cervantes Premios Cervantes por paísesPremio Miguel De Cervantes NotasPremio Miguel De Cervantes Véxase taménPremio Miguel De Cervantes1975Ministerio de Cultura de España

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Manuel LageNomenclatura binomialLaura AñónSolace (filme de 2015)Gaio (ave)Alternativa por Arzúa1 de abrilAlejandra SilvaBContactorReino de GaliciaOs AtlánticosCelso Emilio FerreiroAitana OcañaPaíses BaixosMaría ReimóndezProvincia da CoruñaLady GagaPotaXaime Isla CoutoSaga da FundaciónEls DottermansO reino medieval de Galicia na historiografíaIES Valle InclánVÁlvaro CunqueiroA Pobra de TrivesCódigo QRRelación sexual humanaCicerónPansexualidadeNordés (vento)Rede neural artificialLuciano SobralAnniken HuitfeldtCangas19CCindy CrawfordJuan Fernández GarcíaEvan EllingsonXosé Luís Méndez FerrínManuel ComesañaGondar, SanxenxoLíbanoXestaDiego AnidoXosé Luís BernalMoscovaPolbo á feiraUIAFALista de palabras galegas de orixe celtaOs demostrativos galegosCalendario gregorianoGuarda, PortugalSubstantivoLVómito (grupo musical)ArzúaMártires de CarralO Carregal, Valadares, VigoPampallín6Os ÁnxelesMaría GalianaTECOR societarioFrancisco Arriví LópezCopa do SarGran Premio de Acerbaixán de 2023Carallo1SardiñaCayetano RiveraJohn HughesPerbes, Miño7🡆 More