Antonio Buero Vallejo, nado en Guadalaxara o 29 de setembro de 1916 e finado en Madrid o 29 de abril de 2000, foi un dramaturgo español.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1916 Guadalaxara, España |
Morte | 29 de abril de 2000 (83 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo , escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século XX ) |
Membro de | Real Academia Española (1971–) |
Xénero artístico | Poesía e dramaturxia |
Movemento | Realismo |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Lealdade | Segunda República Española |
Conflito | Guerra civil española |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Victoria Rodríguez (1958–2000), morte da persoa |
Premios
| |
Nado no seo dunha familia de clase media, estudou na súa cidade natal ata que a súa familia marcha a Madrid en 1934 e Buero matricúlase na Academia de Belas Artes de San Fernando. Na guerra civil española loitou nun batallón de infantaría e tras ela foi condenado a morte, conmutada logo de oito meses. En 1946 obtén a liberdade e retoma a súa carreira pictórica, que queda definitivamente interrompida tras conseguir o Premio Lope de Vega por Historia de una escalera, obra clave do teatro de posguerra en España polo que supuxo de renovación. Adaptou ao castelán a Shakespeare, Henrik Ibsen e Bertolt Brecht. En 1959 casou coa actriz Victoria Rodríguez. En 1963 recibe autorización para saír ao estranxeiro e dará unha serie de conferencias en diversas cidades nos anos seguintes. Elixido membro da Real Academia Española en 1971. Premio Cervantes en 1986.
Os personaxes das obras de Buero Vallejo adoitan coincidir coas seguintes características:
As obras de Vallejo caracterízanse pola súa capacidade para construír unha historia con valor existencial á vez que social, grazas ó espazo simbólico que as abrangue. Deste modo, permítese efectuar unha lectura universal a partir dunha situación en particular. Nalgunhas obras, como Las Meninas, o dramaturgo inspírase en motivos históricos para facer unha crítica á situación actual. Noutras, como La Fundación, empréganse técnicas de inmersión para abordar a trama dende a perspectiva dos personaxes. Finalmente, La tejedora de sueños, inspirada na Odisea, emprega a mitoloxía cun valor metafórico respecto aos conflitos entre humanos. Tódalas obras de Vallejo conteñen elementos procedentes do sainete. É o caso da recreación de ambientes populares, ou a mestura de humor e drama.
Películas baseadas nas obras:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Antonio Buero Vallejo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.