Víctor F. Freixanes: Xornalista, editor e escritor galego

Víctor Fernández Freixanes, máis coñecido como Víctor Freixanes ou Víctor F.

Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Infotaula de personaVíctor F. Freixanes
Víctor F. Freixanes: Traxectoria, Vida persoal, Obras
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Víctor Fernández Freixanes Editar o valor em Wikidata
24 de agosto de 1951
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Víctor F. Freixanes: Traxectoria, Vida persoal, Obras 14º Presidente da Real Academia Galega
2017 –
← Xesús Alonso Montero Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPresidente da Real Academia Galega
Membro de
Xénero artísticoNarrativa
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de xuño de 2018manifesto «Renovar el pacte constitucional» (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Dolores Cabrera Iglesias
FillosDenís Fernández Cabrera Editar o valor em Wikidata
IrmánsXosé Freixanes Editar o valor em Wikidata
Premios
Modesto R. Figueiredo en 1978
Blanco Amor en 1982

Facebook: victor.f.freixanes Bitraga: 142 AELG: 232 Dialnet: 13994 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Formación e escrita

Víctor F. Freixanes: Traxectoria, Vida persoal, Obras 
Freixanes en 2009.
Víctor F. Freixanes: Traxectoria, Vida persoal, Obras 
Víctor Freixanes e Juan Manuel Lema Rodicio, senllos presidentes da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Ciencias en 2023.

Fillo de Víctor Fernández Barcia. Licenciado en filoloxía románica en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo. Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.

Actividades

Catedrático de Lingua e Literatura Galega (1ª promoción de 1981), exerceu a docencia en secundaria e despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor e conferenciante invitado en varias universidades estranxeiras: The Graduate Schooland University Center de Nova York, Forham University de NY, Universidade de Tamaulipas (México) etc., e relator de seminarios arredor da edición en feiras internacionais (Buenos Aires).

Colaborador habitual de medios de comunicación como La Voz de Galicia, tamén presentou na Televisión de Galicia o programa dedicado aos libros e á literatura A Trabe de Ouro (1986-1987). Foi cofundador de Teima (1976), redactor entre 1974 e 1980 de Radio Popular de Vigo, onde activou a presenza do idioma galego. Nesa mesma época foi correspondente do xornal Informaciones para Galicia e norte de Portugal.

É membro do plenario do Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua, Literatura e Comunicación. Presidiu a Fundación Otero Pedrayo (2005-2017), da que é na actualidade presidente de honra. Foi membro do Patronato da Fundación Germán Sánchez Ruipérez participando na creación da Casa del Lector (Madrid, 2010).

É codirector da revista Grial (Revista Galega de Cultura), xunto con Henrique Monteagudo.

No ámbito empresarial, foi director xeral de edicións Xerais (1988-1993), director de edicións do Grupo Anaya e de Alianza Editorial (1994-1998), e foi director xeral da editorial Galaxia de 2002 a 2016. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial que mostra unha ampla e variada visión histórica de Galicia.

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de febreiro de 2004 co discurso Desafíos para un novo século. Entre a Trabe de Ouro e a Paxariña de Armenteira, respondido por Antón Santamarina Fernández, ocupando a cadeira de Carlos Casares, tamén editor e escritor. Preside a RAG desde o 28 de marzo de 2017. Substituíu no cargo ao profesor e escritor Xesús Alonso Montero, quen non se presentou á reelección.

Vida persoal

Casado con María Dolores Cabrera Iglesias, é pai de Diniz Cabreira e mais de Tristán Fernández Cabrera.

Obras

Víctor F. Freixanes: Traxectoria, Vida persoal, Obras 
A cidade dos Césares foi incluída na Biblioteca Galega 120.

Ensaio

Narrativa

Traducións

Obras colectivas

Víctor F. Freixanes: Traxectoria, Vida persoal, Obras 
Víctor Freixanes, Camilo Nogueira, Ana Gandón e Fernando Martínez Randulfe en 2016.

Premios

Víctor F. Freixanes: Traxectoria, Vida persoal, Obras 
Xaime Toxo, Francisco Castro, Freixanes, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 8/10/2017

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
  Xesús Alonso Montero  
 Víctor F. Freixanes: Traxectoria, Vida persoal, Obras 
  Presidente da Real Academia Galega  
 
Dende 2017
Sucesor:

Tags:

Víctor F. Freixanes TraxectoriaVíctor F. Freixanes Vida persoalVíctor F. Freixanes ObrasVíctor F. Freixanes PremiosVíctor F. Freixanes NotasVíctor F. Freixanes Véxase taménVíctor F. Freixanes1951201724 de agostoPontevedraReal Academia GalegaXosé María Fernández Freixanes

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GadisaStephen HawkingCarqueixaA VeigaPosición do misioneiro invertidaJean Shinoda BolenEstados Unidos de AméricaAno (astronomía)Eva Iglesias MiguénsÁlex FidalgoAmancio OrtegaEsvásticaÁreas lingüísticas do galegoUlpiano VillanuevaSílabaLeonardo DiCaprioManchester City F.C.Posición aconchegadaRusiaBermudasDinastía ValoisDarío Caramés RuzaPacto Molotov-RibbentropPotaManuel AntonioHototogisuÁngel Concheiro CoelloCabana de BergantiñosMarianneIndependenciaÑMarylandCorea do NorteAlaine AgirrePrimeira guerra mundialMarineda CityFrei Basilio Río BrenllaIn My Head (canción de Jason Derulo)LSDTrahamundaMosteiro de Santa María de OseiraLingua romancheGreta ThunbergXestaIlyushin Il-76Pasaporte de FidxiC. TanganaLavandeira brancaSegunda guerra mundialMéxicoUniversidade de Roma La SapienzaSantuario de Nosa Señora da PenedaEscáncerSantiago de CompostelaGalicia estremeiraDemocraciaNúmero piCantiga de amigoAntonio GramsciJosé María BesteiroRoscón de CaldasUS AirwaysBob MarleyVirusCongresoAutoritarismoChris PrattSemana Santa de ViveiroDavid HarperImperio españolSusana PedreiraParroquias de GaliciaLibertarioTerceira InternacionalAlejandro Fernández ÁlvarezTorre EiffelLingua latina🡆 More