Conca Fluvial

Unha conca fluvial, cunca fluvial ou bacía fluvial (ou hidrográficas) é unha porción de territorio drenada por un único sistema de carácter natural.

Conca Fluvial
Concas fluviais de Galicia.

Formación e características

Unha conca hidrográfica defínese polo río que fai e vén delimitada pola liña dos cumes que arrodean o espazo. Conforme se avanza polo curso do río cara a abaixo, a superficie da conca vai aumentando. En xeral acéptase que o divisor das augas subterráneas coincida co divisor das augas superficiais, se ben este feito non se verifica en todos os casos. A conca hidrográfica é a unidade xeralmente adoptada para estudos hidrolóxicos e, máis recentemente, a partir dos anos 70, para a planificación racional do uso dos recursos naturais.

As principais características dunha conca hidrográfica son:

  • A curva cota (superficie): esta característica dá unha indicación do potencial hidroeléctrico da conca.
  • O coeficiente de forma: dá indicacións preliminares da onda de avenida que é capaz de xerar.
  • O coeficiente de ramificación: tamén da indicacións preliminares respecto o tipo de onda de avenida.

Tipos de concas

Existen tres tipos de concas:

  • Exorreicas: drenan as súas augas ao mar ou ao océano. Un exemplo é a conca do Amazonas, en Suramérica.
  • Endorreicas: desembocan en lagos, lagoas ou salares que non teñen comunicación ao mar. Por exemplo, a conca do río Desaguadero, en Bolivia.
  • Arreicas: as augas evapóranse ou fíltranse no terreo antes de encamiñarse nunha rede de drenaxe. Os arroios, regos e cañadóns da meseta central patagónica pertecen a este tipo, xa que non desaugan en ningún río ou outro corpo hidrográfico de importancia.

Partes dunha conca

    Conca alta

Corresponde á zona onde nace o río, o cal se despraza por unha gran pendente.

Ver Conca de recepción.

    Conca media

É a parte da conca na cal hai un equilibrio entre o material sólido que chega traído pola corrente e o material que sae. Visibelmente non hai erosión.

    Conca baixa

É a parte da conca na cal o material extraído da parte alta se deposita no que se chama cono de dexección.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Conca Fluvial Formación e característicasConca Fluvial Tipos de concasConca Fluvial Partes dunha concaConca Fluvial NotasConca Fluvial Véxase taménConca FluvialHidrografía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Jules Verne200854Fernando AbreuSantoalla do Monte, PetínMundial de Fútbol de 2018 - Grupo B75SabugueiroDrag Race España (segunda tempada)Díptico dos Nicómaco e dos SímacoCristianismoCerroteDeportivo da CoruñaEugenia OsterbergerXavier Suárez-VenceCarlos NegroAs bestasCEscola de FrankfurtMarca HispánicaMaría López SándezVertoEscola Universitaria Politécnica de FerrolLoureiroXureloXulio CésarCatedral de BurgosTropicosCamilo Díaz BaliñoDaniel de la TorreMarzo na cultura popular galegaFrancisco Fernández del RiegoDeidadeCuac FMBunkyōBoiro NovoOhridBenito KamelasSuso DíazCogomeloManuel MurguíaPablo DíazColocación do pronome átono en galegoJosé Manuel LageGralla cereixeiraRebentaboisLeymaLuís TorrasJosefina Ling LingVento feridoSuomen JääkiekkoleijonatPenafielLiga do PeloponesoAntía OteroRicardo Carballo CaleroMerlíXosé Luís BernalRicardo Varela SánchezRamón Vilas GonzálezAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoQuintaNadalAtenasMiguel Ángel Zabalza BerazaSisteloTeatroLista de nomes femininos en galegoBelén RegueiraO comparativo galegoRoko (actriz)EspañaAciñeiraO derradeiro libro de Emma OlsenLingua inglesa🡆 More