Río Don: Río de Rusia

O Don (en ruso: Дон), é un importante río de Rusia, cun curso de 1.950 km, que desemboca no mar de Azov.

O total da súa cunca abrangue unha área de 425.600 km².

Río Don
Río Don: Percorrido, Afluentes, Historia
O Don na rexión de Voronezh
PaísRusia
Lonxitude1950 km
Caudal medio935 m³/s
DesembocaduraMar de Azov
Río Don: Percorrido, Afluentes, Historia
Mapa coa cunca do Don

Percorrido

O Don nace no lago Iván (Ivan Ozero), non lonxe da cidade de Tula. Desde a súa fonte, primeiro flúe cara ó sueste até Voronezh, despois cara suroeste. A cidade máis importante que atravesa no seu curso é Rostov do Don. No seu extremo oriental, o Don pasa próximo do río Volga, o que foi aproveitado para unir ambas bacías fluviais a través do canal Volga-Don, unha importante vía de navegación na Rusia meridional, que atinxe uns 105 km. Desde Rostov parte tamén un canal que o comunica directamnete co mar Caspio. Desemboca finalmente no mar de Azov, na baía de Taganrog, e xusto xunto a pequena cidade de Azov.

Afluentes

O máis importante dos afluentes é o Donets (1.053 km), pola beira dereita, que ten a maior parte do seu curso en Ucraína. Pola marxe esquerda destacan o río Medveditsa (745 km) e o Chopjor (1.010 km).

Historia

O río era coñecido na Grecia antiga, denominandoo Tanais, sendo utilizado como ruta comercial esencial para penetrar nas chairas rusas. O curso do río foi considerado antigamente como o límite entre Europa e Asia.

O curso baixo do Don foi o escenario da Operación Urano, que durante a segunda guerra mundial marcou o comezo da contraofensiva soviética na batalla de Stalingrado.

Étimo do nome

O nome do Don contén a mesma raíz indoeuropea, *dhen - "correr, fluír", que o Danubio (lémbrese que este en alemán é Donau), e tamén aparece na primeira parte dos nomes dos ríos Dnister ou Dniéper. Posibelmente o nome orixinal era o escita (iranio) danu "río", evolucionado en oseto a don "río".

Véxase tamén

Tags:

Río Don PercorridoRío Don AfluentesRío Don HistoriaRío Don Étimo do nomeRío Don Véxase taménRío DonLingua rusaMar de AzovRusia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pierre Simon LaplaceQueiroaMaría Xosé QueizánCirrio comúnRoberto Vidal BolañoAlianza Libre EuropeaNikola TeslaInés ReyRosario DúrcalO Viso, RedondelaHeredeiros da CrusCohesiónXornalismoBipartito galegoHórreoJorge Cuña CasasbellasConflito das EncrobasManuel AzañaManuel Mayer von FurtwänglerAntonio Crespo IglesiasRoko (actriz)The BeatlesFundación WikimediaZíngaroAlejandra PizarnikVilagarcía de ArousaManuel Lago GonzálezDiego González RivasLucas VázquezXogo da chaveVigoAndrés Martínez SalazarHard GZMatriz cadradaAIrmandiñosO divino saineteFrancisco de QuevedoMil primaveras máisSegunda guerra mundialSapo comúnA rendición de BredaA morte na cultura popular galegaShin ChanMoucho comúnKConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeRío DanubioFragas do EumeSilledaGalería de imaxes de flores de GaliciaLeopoldo RubidoCentro público integradoConcha CostasLista de presidentes da República PortuguesaHindemburg Melão Jr.José Luis GilXosé Neira VilasNaguib MahfuzDemocracia OurensanaGonzalo LouzaoMaría a BalteiraGroenlandiaSegunda República EspañolaRomán Rodríguez GonzálezManuel Ventura FigueroaDiáspora galegaLingua éuscaraAriadna Fernández González🡆 More