Bósforo

29°04′31″L / 41.119444444444, 29.075277777778

O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).

Bósforo
Imaxe vía satélite do Bósforo, o Mar Negro, o Mar de Mármara e a cidade de Istambul.

Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo, completouse en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede, posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.

Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.

Etimoloxía

O nome procede do grego bos: boi + foros: pasar, trasladar, xa que na antigüidade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada posteriormente en lingua turca coma Boğaziçi.

Formación xeolóxica

O Bósforo formouse ao redor do 5600 a. C., cando unha as augas do mar Mediterráneo e o mar de Mármara inundaron o val fluvial dun extenso lago de auga doce próximo que, coa irrupción das augas do mar de Mármara a través do Bósforo, converteuse no mar Negro actual.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Bósforo EtimoloxíaBósforo Formación xeolóxicaBósforo NotasBósforo Véxase taménBósforoCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ronnie Thompkins26Paulino VázquezMúsica tradicional galegaRevolución FrancesaSan Miguel de Presqueiras, ForcareiLiechtensteinVigoAntonio ReigosaRMS TitanicLinguas indoeuropeasCarlos NegroJosé Juan FigueirasObxectivos de Desenvolvemento SostíbelLista de WikipediasManuel FragaVertoÁcido fólicoContinente1979Fauna de GaliciaJimmy GaroppoloPaspallásMembrana de Reissner5Xosé Manuel BeirasRomán Rodríguez González59María KodamaCantigas de Santa MaríaJesús Vázquez AlmuíñaMarc MárquezOpenGLCarballo comúnMicciónMitoloxía galegaConverxencia Nacionalista GalegaÁ lus do candilBarra verticalContigo PódeseSabugueiroElvis PresleyJusto González BallestaOsloLamento da FrouseiraAbraham BobaEscáncerContactAmesBox Office MojoCobreXela AriasCondónCristiano RonaldoCarrachaXosé Luís BernalParroquias de GaliciaDiego AnidoArcos de ValdevezMeat Is MurderTrisónCaxade (grupo)Os pronomes persoais galegosLuísa MerelasLingua inglesaSoajoCaixa de HockettCanadáEtiopíaSica Romero🡆 More