Dardanelos

26°24′L / 40.2, 26.4

Dardanelos (turco: Çanakkale Boğazı; grego: Δαρδανέλλια), antigamente Helesponto, é un estreito no noroeste da Turquía que liga o mar Exeo ao mar de Mármara. O seu nome provén de Dradania, unha antiga cidade frixia enclavada na beira asiática do estreito. Mide uns 71 km de lonxitude, cun ancho que varía dos 1.600 m aos 6.500 m, e ten unha profundidade media duns 50 m.

Dardanelos
Os Dardanelos, que separan os Balcáns, ao longo península de Gallípoli, de Asia Menor.
Dardanelos
Localización do estreito dos Dardanelos.
Dardanelos
Vista satélite dos Dardanelos.

Ao igual que o estreito de Bósforo separa Europa (neste caso, a península de Gallipoli) de Asia. A maior cidade próxima ao estreito é Canakkale, que ten o seu nome do seu famoso castelo (kale significa "castelo").

Os Dardanelos é un antigo vale fluvial que se afundiu no cuaternario. Ten unhas costas pouco accidentadas e nel abunda o peixe.

Historia

O estreito tivo un papel importante ao longo da Historia (por exemplo, a Guerra de Troia acontece no lado asiático do estreito). Foi tamén o escenario da lendaria historia grega de Hero e Leandro. Os exércitos persas de Xerxes I (480 a. C.) e, máis tarde, o exército macedoniano de Alexandre o Grande (334 a. C.) atravesaron o estreito de Dardanelos en direccións opostas para invadir as terras uns dos outros.

No Imperio Bizantino foi importante para a defensa de Constantinopla.

A partir do século XIV o estreito foi controlado case continuamente polos turcos, tendo unha importancia vital para a armada do Imperio Otomán para a súa dominación no mar Mediterráneo oriental. O estreito sufriu unha tentativa de invasión con innúmeras perdas humanas polos aliados durante a primeira guerra mundial que case custou a carreira política de Winston Churchill (a Entente (Alianza) perdeu a batalla o 18 de marzo de 1915).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Club dos 27Francisco Fernández del RiegoNaguib MahfuzAP-9OceanografíaSapo comúnRSSBubelaElena RivoLuis López DiéguezÁlvaro CunqueiroUnión EuropeaInditexToxo arnalRamiro I de OviedoOs ResentidosInterstellar (filme)Rocco SiffrediMeigaLingua casteláSílvia OrriolsMario CaneiroGoretti SanmartínNormativa oficial do galegoAna PeleteiroVigoXavi HernándezGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981TECOR societarioMoción de confianzaViveiroTaylor SwiftMahatma GandhiXabier DeiveCarballoEllen DeGeneresQRío DanubioAnne HecheLista de nomes femininos en galegoNeolíticoVacaCélula procariotaCristovo ColónKeanu ReevesCunnilingusLlama M-82Panteón de Galegos IlustresJulio IglesiasManuel FragaMil primaveras máisAsalto do bou EvaHistoria de AlbaniaMexacánPontedeumeManuel González González (músico)Adolf HitlerO lobo da xenteSonia MéndezIker CasillasMiguel Anxo BastosTInglaterraO Barco de ValdeorrasHorteláSete Sabios de GreciaDemocracia OurensanaMiguel Pampín RúaManuel MurguíaAlmibrePink FloydAs Pontes de García RodríguezAlfonso Basterra CamporroJulio Ulloa Vence🡆 More