Lingua Ucraína: Lingua eslava

A lingua ucraína (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova ) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o belaruso.

Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.

Ucraíno
українська мова / ukrayins'ka mova
Pronuncia:[ʊkrɐˈjinʲsʲkɐ ˈmɔwɐ]
Falado en: Ucraína, Transnistria
Recoñecido como lingua minoritaria en Moldavia, Hungría, Serbia, Polonia, Romanía, Croacia, Eslovaquia, Bosnia e Hercegovina, República Checa
Rexións: Europa
Total de falantes: 37 millóns (2007)
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslavo oriental
    Ucraíno
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ucraína Ucraína
Transnistria Transnistria (estado de facto non recoñecido)
Regulado por: Academia Nacional de Ciéncias de Ucraína
Códigos de lingua
ISO 639-1: uk
ISO 639-2: ukr
SIL: RUS
Mapa
Lingua Ucraína: Características, Alfabeto, Grupos de variantes
Status
Lingua Ucraína: Características, Alfabeto, Grupos de variantes
O ucraíno está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO
Unha muller falando a lingua ucraína.

Características

O idioma ucraíno é falado por case cincuenta millóns de persoas en todo o mundo, incluíndo 37,5 millóns en Ucraína (77,8% da poboación ucraína total). Mais só na Ucraína occidental é a lingua que prevalece sobre o ruso. En Kíiv fálanse ambas linguas, un cambio notable dende o pasado recente, cando a cidade era principalmente rusoparlante. O cambio foi causado en gran medida pola influencia da poboación rural e as migracións dende as rexións occidentais de Ucraína. No norte e centro de Ucraína, o ruso é a lingua da poboación urbana, mentres que o ucraíno é moito máis común nas zonas rurais. No sur e leste de Ucraína, o ruso prevalece incluso nas áreas rurais, e en Crimea, onde nunca se falou, o ucraíno está case ausente. En 2019 entrou en vigor unha lei para facer do ucraíno a única lingua estatal de Ucraína.

Alfabeto

A a Б б В в Г г Ґ ґ Д д Е е Є є Ж ж З з И и
A a B b V v J j G g D d E e Ye Zh Z z Ɨ ɨ
I i Ї ї Й й К к Л л М м Н н О о П п P p С с
I i Yi I i K k L l M m N n O o P p R r S s
Т т У у Ф ф Х х Ц ц Ч ч Ш ш Щ щ Ю ю Я я Ь ь  ' 
T t U u F f J j Ts Ch Sh Shch Yu Ya

O "Ь ь" non ten son. A súa función é a de palatizar outras letras, como por exemplo, o Л л (L) e o Н н (N). É dicir, нь lese ñ (como en España) e ль lese ll (como en consello). Tamén pode cambiar un pouco o son doutras consoantes.

O Г г en ucraíno ten un son moi similar ao dun g galego nas zonas dialectais que presentan "geada"; tanto no medio de dúas vogais como ao inicio de palabra. O son do "g" sen geada, escríbese coa letra Ґ ґ, pero raramente usan esa letra, usando simplemente a Г г, aínda que teña valor fonético diferente.

O Й й ten o son dun i, pero curto, como en "xeito" ou "Mario"

O  '  simboliza unha pausa curta.

Ao longo da historia existiron varias propostas para un alfabeto latino ucraíno.

Grupos de variantes

Lingua Ucraína: Características, Alfabeto, Grupos de variantes 
Mapa das variantes e subgrupos do ucraíno (2005).      Grupo setentrional     Grupo sur-oriental     Grupo sur-occidental
  • Grupo setentrional
    • Polesio
      • Polesio occidental
      • Polesio central
      • Polesio oriental
  • Grupo sur-oriental
    • Dniéper (poltavo)
    • Slobozhano
    • Estepa
  • Grupo sur-occidental
    • Volinio
    • Nadsiano
    • Galitziano (ou do Dniéster superior)
    • Lemko
    • Boiko
    • Transcarpático
      • Doliniano
    • Hutsúl
    • Bucovino (pocutio ou pocutio-bucovino)
    • Podolio

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lingua Ucraína CaracterísticasLingua Ucraína AlfabetoLingua Ucraína Grupos de variantesLingua Ucraína NotasLingua Ucraína Véxase taménLingua UcraínaLingua belarusaLingua rusaTransliteración

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alejandra MurguíaLekunberriMaría ReimóndezDani PedrosaCouselo (planta)María JamardoReal Sociedad de FútbolValladolidHeviSemeEstripeiroLiga Feminina de BaloncestoBreogánEstadio Municipal de BalaídosRamadánLino LópezRamón María NarváezRiba-roja de Túria1890Cristiano RonaldoAntónio de Oliveira SalazarISBNLugoXureloAlfonso RuedaGalería de imaxes de arañas de GaliciaSalvador García-BodañoPemento de PadrónEmilio Gutiérrez CabaLareiraProvincias de EspañaSayenManuel Lugrís FreirePadre CasaresMoucho comúnSuso Díaz EstévezÁlex FidalgoEstíbaliz EspinosaCarlos de Matos GomesRebeliom do InframundoCidade da Cultura de GaliciaMustafa Kemal AtatürkGoizuetaAdolfo SuárezRaquel AtanesFilipe V de EspañaComarcas de GaliciaFernando Álvarez LamelasDjalminhaMela CasalXosé Neira VilasAlcaldes da CoruñaEduardo Valencia FernándezQuercusZakat al-FitrHaxixMasturbaciónMúsica dos países islámicosJavier Arias FouzColocación do pronome átono en galegoDiego Rivas RegoLTesouro de Saddle RidgeLucas VázquezAresoFrancisco AsoreyÁlvaro CunqueiroGonzalo MellaGran Muralla ChinesaCirco de los MuchachosXurxo GonzálezAndorraLisboaRoberto VerinoDeportivo da CoruñaPegaJosé Manuel Lage🡆 More