Lingua Persa: Lingua indoeuropea falada en Irán

O persa ou parsi (فارسی, fārsī) é unha lingua irania occidental, pertencente á rama das linguas iranias da subdivisión das linguas indoiranias da familia indoeuropea.

O persa é unha lingua pluricéntrica falada e usada oficialmente en Irán, Afganistán e Taxiquistán en tres variedades estandarizadas mutuamente intelixibles, chamadas persa iraniano (coñecida oficialmente como persa), persa dari (coñecida oficialmente como dari dende 1964) e persa taxico (coñecida oficialmente como taxico dende 1999). Tamén é falada nativamente na variedade taxica por unha poboación significativa dentro de Uzbekistán, así como noutras rexións cunha historia dentro da esfera cultural do Grande Irán. Escríbese oficialmente dentro de Irán e Afganistán co alfabeto persa, unha derivación da escritura árabe, e dentro de Taxiquistán co alfabeto taxico, unha derivación do alfabeto cirílico.

Persa
فارسی / Fārsī
Pronuncia:/fɒrˈsi/
Falado en: Irán
Afganistán (como dari)
Taxiquistán (como taxico)
Uzbekistán (como taxico)
Iraq
Turkmenistán
Rusia
Acerbaixán
Rexións: Asia occidental meridional
Total de falantes: 81 000 000 (2022)
Xunto cos falantes como segunda lingua: 130 millóns
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Iranias
   Iranias occidentais
    Iranias occidentais setentrionais
     Persa
Escrita: Escrita perso-arábiga. O taxico utiliza o alfabeto cirílico
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Lingua Persa: Clasificación, Ortografía, Fonoloxía Irán (como persa)
Lingua Persa: Clasificación, Ortografía, Fonoloxía Afganistán (como dari)
Lingua Persa: Clasificación, Ortografía, Fonoloxía Taxiquistán (como taxico)
Rusia Rusia (en Daguestán como tati)
Regulado por: Academia da Lingua e Literatura Persa (Irán)
Academia de Ciencias de Afganistán (Afganistán)
Instituto Rudaki de Lingua e Literatura (Taxiquistán)
Códigos de lingua
ISO 639-1: fa
ISO 639-2: per (B), fas (T)
ISO 639-3: fas
SIL: prs
Mapa
Lingua Persa: Clasificación, Ortografía, Fonoloxía
Status
Lingua Persa: Clasificación, Ortografía, Fonoloxía
O persa está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

O persa moderno é unha continuación do persa medio, unha lingua oficial durante o Imperio Sasánida (224–651), que á súa vez é unha continuación do persa antigo, que foi usado durante o Imperio Aqueménida (550–330 BCE). Orixinouse na provincia da Fars (rexión de Persia) no suroeste de Irán. A súa gramática é semellante á de moitas linguas europeas.

Ao longo da historia, o persa foi considerado prestixioso por varios imperios centrados en Asia Occidental, Asia Central e Asia Meridional. O persa antigo está testemuñado no antigo cuneiforme persa en inscricións de entre os séculos VI e IV a.C. O persa medio está testemuñado en alfabeto arameo (pahlavi e maniqueo) nas inscricións do zoroastrismo e do maniqueísmo entre os séculos III e X. A nova literatura persa rexistrouse por primeira vez no século IX, despois da conquista musulmá de Persia, adoptando dende entón a escritura persoárabe.

O persa foi a primeira lingua en romper o monopolio do árabe na escritura do mundo musulmán, sendo a poesía persa unha tradición en moitas cortes orientais. Como afirmou o erudito británico David G. Hogarth, "Nunca un cativo capturou ao seu captor dunha maneira máis rápida e sutil que o árabe por Persia". Foi usado oficialmente como lingua da burocracia incluso por falantes non nativos, como os otománs en Anatolia, os mogois no sur de Asia e os paxtos en Afganistán. Influíu nas linguas faladas nas rexións veciñas e mesmo máis aló, incluíndo outras linguas iranias, as linguas turcas, o armenio, o xeorxiano e as linguas indoarias. Tamén exerceu certa influencia no árabe, ao tempo que tomou prestado moito vocabulario durante a Idade Media.

Hai aproximadamente 110 millóns de falantes de persa en todo o mundo, incluíndo persas, luris, taxicos, hazaras, azarís iranianos, kurdos de Irán, baluchis, tats e aimaqs. O termo persófono tamén se pode usar para referirse a un falante de persa.

Clasificación

O persa é membro do grupo iranio occidental das linguas iranias, que constitúen unha rama das linguas indoeuropeas na súa subdivisión indoirania. As propias linguas iranias occidentais divídense en dous subgrupos: as linguas iranias do suroeste, das que o persa é a máis falada, e as linguas iranias do noroeste, das que o kurdo e o baluchi son ​​as máis faladas.

Ortografía

Aínda que utiliza o mesmo alfabeto árabe que a lingua árabe, o persa engade 4 letras, e cambia a forma doutras 2. As 4 letras adicionais no persa son:

Son Forma Nome en Unicode
/p/ پ Peh
/ʧ/ (ch) چ Tcheh
/ʒ/ (zh) ژ Jeh
/ɡ/ گ Gaf

As letras con forma diferente son:

son letra árabe orixinal letra persa modificada nome
/k/ ك ک Kaf
/j/ y /i:/, ou raramente /a:/ ي / ى ی Ye

As marcas diacríticas que se utilizan no alfabeto árabe ou harakat, úsanse tamén para o persa, aínda que algunhas delas teñen distinta pronunciación. Por exemplo, en árabe Damma pronúnciase como /u/, mentres que en persa se pronuncia coma /o/.

O alfabeto persa tamén engade a noción de pseudo-espazo ao alfabeto árabe, chamado Zero Width Non-Joiner (ZWNJ) co estándar Unicode. Actúa coma un espazo que desconecta dúas letras adxacentes que, doutra banda, estarían xuntas, pero non ten unha extensión visual.

Outra característica remarcable é que moitas palabras persas con raíz de procedencia árabe se escriben de distinta forma que a palabra árabe da que proceden. Alef con Hamza debaixo (إ) sempre cambia a Alef (ا), Te Marbuta (ة) normalmente, pero non sempre, cambia a Te (ت) ou He (ه), e as palabras que utilizan varias hamzas escríbense con outro tipo de hamza (coma مسؤول que se converte en مسئول).

Outras linguas coma o paxtó ou o urdú asimilaron esas nocións e, en ocasións, estendéronas con novas letras ou signos de puntuación.

Fonoloxía

O contraste funcional entre vogais parece radicar entre as longas {/i:/, /u:/, /ɑ:/} e as curtas {/e/, /o/, /æ/}. Polo tanto, parece posible representar as vogais coma segue {/i:/, /u:/, /a:/} y {/i/, /u/, /a/}. Tamén nótese que /tʃ/ e /dʒ/ son africadas, non oclusivas. O siguinte cadro é unha adaptación de Structural Sketch of Persian. Pode que el lector necesite caracteres do A.F.I. para ver caracteres fonéticos.

Vogais
 
anteriores
posteriores
 pechadas
i:
u:
 medias
e
o
 abertas
æ
ɑ:

Consoantes

Consoantes
 
labial

alveolares

palatais

velares

glotais

 xordas oclusivas
p
t
k
ʔ
 sonoras oclusivas
b
d
g
 
 xordas fricativas
f
s
ʃ
x
h
 sonoras fricativas
v
z
ʒ
ɣ
 
 nasais
m
n
     
 líquidas  
l, r
     
 semivogais    
j
   
Fonema son (en IPA) letra Romanización Exemplo(s)
/p/ [p] پ p پارسی
/b/ [b] ب b بانو
/t/ [t] ت , ط t توران
/d/ [d] د d دنيا
/k/ [k] ک k كشور
/g/ [g] گ g گروه
/ʔ/ [ʔ] ء , ع ' , Ø معنا، جزء
/tʃ/ [tʃ] چ ch, č, c چوب
/dʒ/ [dʒ] ج j, ǰ جوان
/f/ [f] ف f فارسی
/v/ [v] و v ويژه
/s/ [s] س , ص, ث s سايه
/z/ [z] ز , ذ , ض , ظ z آزاد
/ʃ/ [ʃ] ش sh, š شاه
/ʒ/ [ʒ] ژ zh, ž پژوهش
/x/ [x] خ kh, x خانواده
/ɣ/ [ɣ] غ , ق gh, q, ġ باغ
/ɣ/ [ɢ] غ , ق q, gh قلم
/h/ [h] ه , ح h حال
/m/ [m] م m نام
/n/ [n] ن n نان
/l/ [l] ل l لب
/ɾ/ [ɾ] ر r ايران
/ɾ/ [r] ر r رستوران
/j/ [j] ی y يا

Exemplos

Tradución Palabra Pronunciación estándar
terra خاک khâk
ceo آسمان âseman
arroz برنج berenj
auga آب âb
fogo آتش âtash
home مرد mard
muller زن zan
xantar, comer خوردن khordan
beber نوشیدن noushidan
grande بزرگ bozorg
pequeno كوچک kuchak
noite شب shab
día روز ruz
ti تو to
meu ام -am

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

    Obras citadas
    Bibliografía adicional

Tags:

Lingua Persa ClasificaciónLingua Persa OrtografíaLingua Persa FonoloxíaLingua Persa ExemplosLingua Persa NotasLingua Persa Véxase taménLingua Persa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O comparativo galegoSupermanPunta UmbríaScarlett JohanssonSete Sabios de GreciaRosario Porto OrtegaGalaicosJosé María Barreiro GómezBrasiliaConceyu Bable1868VangardasCharles WhiteTeresa González CostaXosé Manuel PiñeiroManuel MaríaMeigaDoenza de Paget de mamaGuerraJackson PollockAntón LamazaresAntónio de SpínolaHard GZLesakaRevolución dos caraveisXabier FortesCatedral de Santiago de CompostelaCohesiónPaís VascoTorre de HérculesOs ÁnxelesTotó GarcíaLugoLuísa VillaltaReal Academia GalegaSubgrupoLeymaDelfínThomas Alva EdisonAntonio López FerreiroO porco de péFernando Salgado GarcíaEva MejutoParroquias de GaliciaInfinitivo conxugadoRepública ChecaBipartito galegoPello OtxandianoÁngel CarracedoPablo EscobarXeración do 36Amancio OrtegaPortadaÑMariano RajoyVichelocregoTwitterAsteraceaeNova YorkPanxermanismoFrancisco PazosManuel FragaValenciaJorge LorenzoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMasculino e feminino en galegoUniversidade de Santiago de CompostelaSexo analMaría JamardoFrancisco AsoreyIsaac NewtonÁlbum de la CaridadSangueC++🡆 More