Grande Irán

O termo Grande Irán (en persa, ایران بزرگ Irān-e Bozorg, e en farsi ایران‌زمین Irān-zamīn) refírese ás rexións que teñen unha significativa influencia cultural iraniana, onde as linguas iranianas foron ou son faladas, e tamén as rexións que formaron parte de Persia ou do Imperio persa.

Correspóndese a grandes trazos a meseta iraniana e os territorios que a rodean, abarcando desde o Cáucaso até o río Indo.

Grande Irán
Xeográfica e culturalmente, o Grande Irán inclúe toda a meseta iraniana, estendéndose até Asia Central (Bactriana) e o Hindukush ao nordeste e Afganistán e Paquistán no sueste, e até Siria Oriental e o Cáucaso, ao noroeste.

A Encyclopedia Iranica utiliza o termo continente cultural iraniano e outros nomes como Gran Persia ou continente cultural persa, de uso particular no Afganistán e Taxiquistán. Desde o punto de vista irredentista, ás veces chámase Grande Irán. Nun sentido máis restritivo para a comunidade lingüística de lingua persa, é denominado iranofonía, ou persofonía.

Tradicionalmente, e até un período recente, a etnicidade nunca foi un criterio determinante de separación nestas rexións. Só na época moderna as intervencións coloniais occidentais e a etnicidade tornáronse factor de separación entre as provincias do mundo iraniano.

De modo claro, o Grande Irán nunca tivo fronteiras fixas, nin mesmo de definición precisa.

Mentres que certas fontes definen este espazo como o dos estados do presente Irán, Afganistán, Acerbaixán e as repúblicas de Asia Central, outras como as do investigador Richard Nelson Frye dan unha definición máis ampla incluíndo "a maior parte do Cáucaso, de Afganistán e da Asia Central, con influencias culturais a que se estenderon até ao mundo chinés, ao subcontinente indio e aos países que falan linguas semitas." Segundo Frye, "Irán significa todos os territorios e pobos onde as linguas iranianas son ou foron faladas e, no pasado, onde existiran culturas iranianas de múltiplas facetas."

Debido a que se trata dun concepto cultural, representando rexións establecidas por tribos iranianas, non se corresponde con ningunha entidade política en particular e —debido a que representa unha dispersión da Idade de Bronce tardía— antecede a tales entidades políticas en moitos séculos. Polo que se refire aos sasánidas, en cuxas inscricións do século III aparece por vez primeira o termo Irán como un concepto político, o estado iraniano estado multinacional inclúe Asia Menor pero exclúe territorios ao leste das dúas concas do deserto de sal iraniano. Esta situación é, porén, dada a volta no contexto cultural, isto é, o da nación iraniana.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Grande Irán Véxase taménGrande IránCáucasoImperio persaLingua farsiLingua persaLinguas iranianasPersiaRío Indo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O comparativo galegoJosé María Barreiro GómezCambadosPosicións sexuaisAntonio López FerreiroQueiroaO CarballiñoEuropaTECOR societarioXogos floraisSénecaFoca monxeCorzoPastora Dominga González ViéitezDaniel BasteiroPecados capitaisBibTeXJacinto BenaventeDelfínidosA EstradaJuan Jacobo Durán Lorigapxhj6O GroveLeopoldo RubidoWikiXurxo AyánCharles WhiteJavier CasqueiroPatricia VázquezMichael JacksonJude BellinghamInfinitivo conxugadoUcraínaPello OtxandianoCamiño de SantiagoSegunda guerra mundialReino UnidoTradescantia fluminensisAntónio de SpínolaEsencia de trementinaHelsingin JalkapalloklubiLandraCharles DarwinLabor Gallega (A Habana)Emilio Aragón BermúdezConceyu BableSete SabiosLisboaMeigaFelaciónRamiro CarregalPemento de PadrónCessna T-37 TweetGalería de imaxes de arañas de GaliciaPardo de CelaHLA-DMGame Boy Advance SPNacho CastañoLorenzo VarelaO Pedrouzo, Arca, O PinoAC-456Xinzo de LimiaLista de exónimos en galegoAsteraceaeLaurent CantetAguia imperial ibéricaBeteluXosé Manuel BeirasGonzalo Pérez Jácome🡆 More