convencións Dos Nomes Dos Artigos

Estas convencións de nomes son unhas directrices para elixir os títulos máis apropiados para dar nome ás páxinas.

Atallo:
WP:CDN

Regras xerais

    Minúsculas e maiúsculas

MediaWiki, o software que fornece á Wikipedia, está configurado para non distinguir entre maiúscula e minúscula inicial (no Galizionario si se diferencia). Todos os títulos de páxinas comezan por maiúscula independentemente de seren escritos nun principio con minúscula.

Segundo as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, escríbese inicial maiúscula nos seguintes casos:

  • Nos nomes propios: Lucía, Seoane, Moncho, Lugo, Vedra, Xúpiter. Os alcumes reciben o mesmo tratamento: a Galochas, o Foguetes.
  • Na primeira palabra dos títulos de obras literarias e artísticas: A tecedeira de Bonaval, Follas novas. As publicacións periódicas adoitan levar maiúscula non só na primeira palabra inicial, senón tamén nas restantes do título que teñan relevancia semántica: A Nosa Terra, O Correo Galego, O Tío Marcos da Portela.
  • En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras entidades formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Cooperativa Vitivinícola do Baixo Miño.
  • Cando unha palabra con maiúscula inicial comece por un dígrafo, só se escribe en maiúscula o primeiro elemento deste: China, Quintela, Guillade.
  • As siglas escríbense normalmente en caracteres maiúsculos: ONU, DOG.

Convención: non capitalice a segunda palabra e seguintes dun título a menos que se trate dun nome propio ou semellante (exemplo: Rosalía de Castro e América Central, pero non Código Binario). A primeira letra dunha ligazón interna non necesita capitalizarse porque o software automaticamente dirixe á versión coa maiúscula inicial (exemplo: follas novas dirixe á mesma páxina Follas novas). Tampouco hai que capitalizar as aclaracións que van entre parénteses a menos que se trate dun nome propio ou semellante. Por exemplo: Saudade (álbum) e non Saudade (Álbum).

Recurso: para aqueles casos nos que o título comece por minúscula (exemplo: iPhone ou mIRC) pode utilizar o modelo {{minúscula}} que se vale de javascript para mudar a primeira letra por unha minúscula (se non está activo ou non se dispón de javascript visualizase unha mensaxe avisando do título correcto).

Convencións de nomes

Convención: use o nome máis común, que non entre en conflito con outros nomes, para persoas e cousas.

Nomes propios

Para ver as políticas sobre nomes propios, véxase Wiki: Nomes propios de persoas convencións Dos Nomes Dos Artigos .

Nomes de festividades cívicas, relixiosas e políticas

Nomes de lugares

Como norma xeral, consulte Normas sobre toponimia convencións Dos Nomes Dos Artigos .

Para unha listaxe de todos os topónimos e as normas para os topónimos galegos, véxase Wiki: Wikiproxecto Toponimia.

No caso dos accidentes xeográficos, o título constará do nome xenérico do accidente de que se trate seguido do nome propio: río Miño, Monte Aloia, Illa da Toxa.

Artigos sobre seres vivos

Os artigos que describen os distintos seres vivos levan como título o nome común galego que mellor os identifique (can, vaca, lesma, sardiña, romeu, millo, castiñeiro etc.), do mesmo modo que cando se trate de grupos taxonómicos (mamífero, ruminante, insecto, túnido, conífera, gramínea etc.). Para coñecer ese nome común, ás veces hai que investigar na documentación terminolóxica que se refira á ciencia desa especialidade (ornitoloxía, entomoloxía etc.). Simultaneamente, debe crearse sempre unha redirección desde o nome científico ó nome común.

Cando a especie non dispoña de nome común que a identifique, empregarase como título o nome científico.

Uso de xentilicios

Cando o nome dun artigo alude a súa procedencia, como regra xeral non se usarán xentilicios. (exemplo: Historia de Cuba en lugar de Historia cubana).

Títulos de películas, obras literarias, obras de arte, programas e series de televisión etc.

Os artigos sobre filmes, obras literarias, obras de arte, programas e series de televisión etc., levan o título orixinal cando non hai estrea en lingua galega (versión orixinal, versión orixinal subtitulada ou versión dobrada). No caso de haber estrea galega o nome do artigo é o da estrea en galego, o título orixinal rediríxese ao galego (exemplo: Le pacte des loups redirixe cara a O pacto dos lobos). Un caso particular prodúcese cando no momento de creación do artigo non existe versión en galego, polo tanto o título debe ser o orixinal, e ao cabo do tempo estrease unha versión en lingua galega: o artigo debe moverse do título orixinal ao título da versión en galego.

Cando un filme, obra literaria, obra de arte, programa e series de televisión etc., comparte o seu título con outro da Wikipedia, usarase o título e máis o retrouso ó que pertence e entre parénteses («filme», «obra literaria», «obra de arte», «serie de televisión»). Por exemplo: Ágora (filme), Galegos (programa de televisión), Gran Hotel (serie de televisión).

Se hai varios filmes, obras literarias, obras de arte, programas e series de televisión co mesmo nome, deixarase o nome como unha páxina de homónimos (Alice in Wonderland) e indicarase entre parénteses «filme de xxx», substituíndo «xxx» polo ano de estrea. (Alice in Wonderland (filme de 1951), Alice in Wonderland (filme de 2010)).

Hai que seguir o mesmo criterio coas obras literarias: o título irá en galego cando exista tradución publicada (Vinte mil leguas baixo dos mares), ou na lingua orixinal noutros casos (La casa de Lúculo).

Nas esculturas, cadros, edificios etc., utilizarase como norma o título en galego, mantendo como excepcións denominacións características doutras linguas (La maja desnuda, Notre-Dame de París).

Títulos das profesións

Os artigos intitulados coas profesións (non así aqueloutros sobre a disciplina e/ou carreira: medicina, escritura, enxeñaría etc.) deberán ter como entrada principal a forma dupla que para a tal ocupación establece a Academia Galega no seu dicionario, e deberán ir coa mesma orde na que alí figure: primeiro o xenérico e a continuación a forma en feminino. Así mesmo, será conveniente crear as redireccións cara á entrada principal coa forma desdobrada (ex.: Escritor, escritora) dende a forma en masculino (ex.: escritor) e dende a forma en feminino (ex.: escritora). Cabe sinalar que esta formulación só aplica para os títulos; isto é, non afecta as categorías, nin a redacción, nin o resto de aspectos.

Títulos de organizacións

Para os títulos de organizacións como partidos políticos, sindicatos, universidades, organizacións internacionais e deportivas consulte Wiki: Títulos dos artigos sobre organizacións.

Véxase tamén

Outros artigos


convencións Dos Nomes Dos Artigos  Volver á páxina de axuda.

Tags:

convencións Dos Nomes Dos Artigos Regras xeraisconvencións Dos Nomes Dos Artigos Convencións de nomesconvencións Dos Nomes Dos Artigos Uso de xentiliciosconvencións Dos Nomes Dos Artigos Títulos de películas, obras literarias, obras de arte, programas e series de televisión etc.convencións Dos Nomes Dos Artigos Títulos das profesiónsconvencións Dos Nomes Dos Artigos Títulos de organizaciónsconvencións Dos Nomes Dos Artigos Véxase taménconvencións Dos Nomes Dos Artigos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de ríos de GaliciaEstrella GaliciaReconquistaFerroPavillón Multiúsos Fontes do SarBarónMartín SarmientoSegunda guerra mundialParáfraseA rendición de BredaFosfatidilcolinaElvira Fernández BalboaFundación WikimediaMiguel Ángel MuñozElectrónicaPrimeira división española de fútbolAranésHidacioGroenlandiaUnión EuropeaJoselu MatoContactorVox populiXabier DíazA PontenovaCascudaMadridFrancisco Fernández del RiegoDodecágonoPaleolíticoAngelina MangoBurgosPere AragonèsCela 211FacebookOs vellos non deben de namorarseA CoruñaCeleste CaeiroA morte na cultura popular galegaMatriz cadradaEl NiñoDelfínCando petan na porta pola noiteProvincias de EspañaAdolfo Suárez2005Alfonso RuedaVichelocregoAciñeiraComensalismoRamiro I de OviedoOs ÁnxelesIraqDía do LibroDaniel de la TorreÍñigo AlfonsoO sol do veránIlla de SálvoraDeus, porque es tan fato!MércoresLuísa VillaltaConcha CostasLonga distancia RenfeEmilia Pardo BazánCelanovaA Pobra do CaramiñalColocación do pronome átono en galegoLista das árbores de GaliciaAna Rosa QuintanaNoelia ReyMártires de CarralMiss Vaca (certame)Lobo🡆 More