O Pacto Dos Lobos: Filme de 2001 dirixido por Christophe Gans

O pacto dos lobos (en francés: Le pacte des loups) é unha película de ficción baseada nos feitos históricos referentes á Besta do Gévaudan.

Estreouse en galego na TVG o 5 de novembro de 2009.

O pacto dos lobos
Ficha técnica
Título orixinalLe pacte des loups
DirectorChristophe Gans
ProdutorRichard Grandpierre
Samuel Hadida
GuiónChristophe Gans
Stéphane Cabel
IntérpretesSamuel Le Bihan
Vincent Cassel
Émilie Dequenne
Monica Bellucci
Jérémie Renier
Mark Dacascos
MúsicaJoseph LoDuca
FotografíaDan Laustsen
MontaxeDavid Wu
Sébastien Prangère
Xavier Loutreuil
DistribuidoraUniversal Pictures (EUA)
Focus Features (EUA)
TVA Films(Canadá)
Metropolitan Filmexport (Francia)
United International Pictures (Australia)
StudioCanal
EstreaFrancia 31 de xaneiro de 2001
Galicia 5 de novembro de 2009 (TVG)
Duración142 minutos
OrixeO Pacto Dos Lobos: Sinopse, Personaxes, Notas Francia
XéneroTerror
Orzamento$29 000 000
Recadación$70 752 904
Na rede
http://www.brotherhoodofthewolf.com
IMDB: tt0237534 Filmaffinity: 652264 Allocine: 27764 Rottentomatoes: m/brotherhood_of_the_wolf Mojo: brotherhoodofthewolf Allmovie: v237147 TCM: 419974 Metacritic: movie/brotherhood-of-the-wolf TV.com: movies/brotherhood-of-the-wolf
Discogs: 653285 Netlix: 60022347Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Rexión do Gévaudan (sur de Francia), ano 1766. Xa fai dous anos que unha besta ten aterrorizada ás xentes da zona, cos seus ataques a persoas, en especial mulleres e nenos. As xentes falan dun lobo de colosal tamaño, quen sabe se un dragón... incluso se fala do Demo.

As noticias destes crimes inexplicables acaban chegando á Corte, a oídos do rei Lois XV de Francia, quen pon prezo á súa cabeza. Moitas son as batidas que se organizan, e moitos son os lobos asasinados, pero a Besta segue cometendo as súas horrendas carnicerías...

O cabaleiro Grégoire de Fronsac, home culto e de mundo, naturalista que traballaba para o rei chega ó Gévaudan unha noite de outono coa misión de facer un retrato da Besta, e eventualmente, disecala unha vez cazada. Pero non vén só: acompáñao Mani, un indio mohawk que coñecera en Nova-Francia, durante a Guerra dos Sete Anos. Ambos serán recibidos en casa do Marqués de Apcher e o fillo deste, Thomas, fará grande amizade con eles, guiándoos nas batidas e acompañándoos nos salóns dos nobres da zona. Nestas reunións coñecerán os herdeiros dos Condes de Morangias (a familia máis poderosa do lugar), Marianne e Jean-François, apaixonado da caza e das viaxes que perdeu un brazo en África.

Entre batidas e recepcións, chega o inverno, pero a Besta non deixa de matar... Ata que Louis XV, farto ante a falta de resultados, decide enviar ó seu lugartenente de caza, Antoine de Beauterne, quen mata un gran lobo que Grégoire de Fronsac debe disecar e enviar á corte, a pesar de estar plenamente convencido de que esa non é nin con moito a besta que están a buscar.

Grégoire de Fronsac é reclamado polo rei, quen lle prohibe volver ó Gévaudan; porén, e respondendo ás peticións de Thomas de Apcher, desobedece para participar nunha derradeira batida, que Mani liderará, utilizando ancestrais técnicas chamánicas. Pero nada lles preparara para o que van vivir...

Personaxes

  • Samuel Le Bihan como Cabaleiro Grégoire de Fronsac
  • Vincent Cassel como Jean-François de Morangias
  • Émilie Dequenne como Marianne de Morangias
  • Monica Bellucci como Sylvia
  • Jérémie Renier como Marquis Thomas d'Apcher
  • Mark Dacascos como Mani
  • Jean Yanne como Conde de Morangias
  • Jean-François Stevenin como Henri Sardis
  • Jacques Perrin como Thomas d'Apcher (vello)
  • Édith Scob como Condesa Geneviève de Morangias
  • Johan Leysen como Antoine de Beauterne
  • Bernard Farcy como Intendente Pièrre-Jean Laffont
  • Hans Meyer como Marquis d'Apcher
  • Virginie Darmon como La Bavarde
  • Philippe Nahon como Jean Chastel
  • Eric Prat como Capitán Duhamel
  • Jean-Loup Wolff como Duque Gontrand de Moncan
  • Gaspard Ulliel como Louis
  • Dee Bradley Baker como Efectos vocais da besta

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

O Pacto Dos Lobos SinopseO Pacto Dos Lobos PersonaxesO Pacto Dos Lobos NotasO Pacto Dos Lobos Véxase taménO Pacto Dos Lobos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Argote, Argalo, NoiaXoscelino I, conde de EdesaApp Store (iOS)Alfonso Daniel Rodríguez CastelaoOs ÁnxelesBergantiños Fútbol ClubCompromiso por GaliciaPilar García NegroFernando TatoOs xogos da fame (filme)2018Lista de ríos de GaliciaAsunta Basterra PortoChayannePúrpuraDarius MorrisTerraTopónimos célticos en GaliciaThéodenGalicia AgrariaSitio webRosalía de CastroLuis Miguel del AmargueMila KunisGrupo SargadelosJuan Díaz PorlierÁlvaro CunqueiroCrime de honraOleirosMaría Jesús MonteroRusiaRoy LichtensteinPortuJosé López CamposTerra (homónimos)Judith ButlerLicenza MITQuim TorraJulia RobertsGaivotaBubelaAsiaOurense Club de FútbolElvis PresleyCacheiras, TeoSanti ComesañaEva CárdenasCamilo Díaz BaliñoVictoria PregoÁlex FidalgoCarlos PadínSabugueiroManuel Pérez Martínez ArenasXerez Club DeportivoUsain Bolt8 de maioSexo analGatoFervenza do ÉzaroUEFA Futsal Champions LeagueWenceslao Fernández de la Vega PasarínEverestKuala LumpurPrimeira división española de fútbolDoutor da IgrexaUnión monetariaNacho CastañoProxyXosé Ramón Fernández AntonioVincent van GoghTito AsoreySecuestro do AlakranaEmilia Pardo BazánMiguel de UnamunoTamara Andrés🡆 More