Lesma

Arion sp., en Vancouver.

Lesma
Lesma
Especies diferentes de lesmas

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda

A lesma, lamagacha, limacha ou limaco é un molusco gasterópodo pulmonado, sen cuncha aparente. En realidade, as lesmas posúen un resto de cuncha, interno, formado por unha fina lámina calcárea baixo o escudo ou manto.

A súa aparencia é pegañenta e viscosa. As lesmas teñen hábitos semellantes aos dos caracois, aínda que se atopan sempre en lugares húmidos. Ao careceren de cuncha externa son máis vulnerábeis ó desecamento. Son moi comúns en bosques, campos e xardíns.

Alimentación

A alimentación das lesmas é variada. Prefiren as follas e outros tecidos vexetais, pero tamén poden alimentarse de restos animais. Aliméntanse de noite e poden tomar ao día unha cantidade de alimento equivalente á metade do seu peso.

Reprodución

Lesma 
Lesma adulta rubindo por un terreo areoso en Bares.

As lesmas son seres hermafroditas (un mesmo individuo presenta órganos sexuais femininos e masculinos) e caracterízanse polo feito de que, durante o seu desenvolvemento, a masa visceral sofre unha torsión, enrolándose sobre si mesma. Así, adoptan a forma espiral tan característica da cuncha dos caracois. Pon os ovos entre uns días e unhas semanas despois do acoplamento. Depositan unha cantidade comprendida entre 100 e 500 ovos nun burato.

A incubación ten unha duración variable, que depende das condicións climáticas, especialmente a temperatura. A 5 graos a incubación pode durar tres meses, mentres que a 20 graos dura tres semanas. Ao saír dos ovos apenas miden uns milímetros e o seu corpo é transparente. O período de vida depende das zonas e varía entre os 9 e os 18 meses.

Sinonimia

Sendo lesma a forma máis estendida e estandarizada nos dicionarios de referencia, coñécese tamén baixo numerosas denominacións locais e variantes.

  • aligacha
  • alimacha
  • cornacha
  • corta
  • lagáchema
  • lagharta
  • lamacha
  • lamáchega
  • lamagacha
  • lamigocha
  • lemáchega
  • lemegacha
  • lerma
  • lerme
  • lermia
  • lerne
  • lesme
  • lesmes
  • lesmia
  • lezma
  • lezme
  • lezna
  • lezne
  • lierme
  • ligacha
  • lima
  • limacha
  • limáchega
  • limaco
  • limiago
  • limigocha
  • lizmacha
  • llimaco
  • lumacha
  • lumigacha.
  • lurmigacha
  • meligoxo
  • miligacha
  • miligocha|

Ademais, Martín Sarmiento recolleu "lesmea" e "lexma" dentro dunha lista de Nombres de sabandijas e insectos (en Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega, 1745), que non sabemos se se refiren a este mesmo animal. Tamén se recolle a forma castelá babosa.

Os campesiños consideran as lesmas prexudiciais para o campo, e mátannas botándolles sal. Crese que, cando alguén se acerca a unha lesma, caga por ela.

Un tratamento contra as espullas consiste en unta-las mans coa baba dunha lesma viva branca, nunca negra. Despois, crávase un paíño na lesma e espétase no chan. Cando seca o animal, curan as espullas. Tamén se usan para cura-los furunchos da xente e contra o erizo dos bois.

Adiviñas

  • Unha cousa cousiña,/ non ten óso nin osiña/ e pace coma unha marraquiña.
  • Unha señora/ vestida de negro,/ tórnalle os cochos,/ que ós cans non ten medo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Lesma AlimentaciónLesma ReproduciónLesma SinonimiaLesma A lesma na cultura popular galegaLesma Galería de imaxesLesma NotasLesma Véxase taménLesma

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MimosaPaio de AsturiasJosé Pablo del Bado RivasCastro (poboado)BragaLugoMiguel Nicolaievich de RusiaTransición EspañolaCarlos de Matos GomesSunita WilliamsAndy WarholPartido Comunista pola República GalegaKylian MbappéXenómicaXXX edición dos Premios GoyaArnold SchwarzeneggerPatricia García GonzálezLousameEstreleiraÁngel Pardo PuzoInditexAntón LopoVilafranca do BierzoLingua rusa2015Erik o RoxoLinguas indoeuropeasWikiAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoThe WireMediaWikiJosé Manuel Lage1 de xaneiroPablo José Taboada Camoira5 de setembroXabi AlonsoSonsoles EspinosaHindemburg Melão Jr.EscociaLista de castelos de PortugalPartido dos Socialistas de GaliciaPrimeira guerra mundialLeiroReino UnidoProvincia da CoruñaPediastrumLlaneraRaquel AtanesWayback MachineBorder CollieVinícius JúniorMedicinaOrquestra e Coro de Lalín / Coral Polifónica de Melide / Coro de Cámara Ars Musicae (Fonoteca 92)Canle (enxeñaría)Nacho CastañoAngelina JolieDodecágonoMaría Teresa CamposPontevedraTeobrominaXinzo de LimiaAymeric LaporteDragon BallCuncas de AxtrokiCarlos Valcárcel RiveiroGino BramieriProvincias de EspañaDía das Letras GalegasCharlie HunnamLingua irlandesaRoedores🡆 More