A Wikipedia está constituída polos artigos que os seus colaboradores redactan.
Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Actualmente, na Galipedia existen 206.260 artigos; non obstante, aínda quedan outros moitos cos que se pode mellorar, completar e aumentar a información que está aquí. Para facelo, podes crear unha nova páxina sobre un tema que non teña artigo. Antes disto, cómpre asegurarse de que non existe outra páxina co mesmo contido que vas editar. Lembra sempre respectar o formato habitualmente empregado para contribuír á cohesión xeral nos artigos.
Comezar un artigo é moi sinxelo se sabes o que vas poñer nel: simplemente basta con escribir o texto e gardalo! Para facelo, podes seguir, indistintamente, calquera destas maneiras expostas a continuación.
Ao leres un artigo, atoparás diversas ligazóns internas cara a outros artigos do wiki. As ligazóns azuis correspóndense con artigos que xa existen e que podes mellorar. As vermellas, pola contra, son artigos que non existen e que quizais ti queiras comezar. Preme sobre a ligazón e poderás comezar a editar a páxina para redactar os seus contidos.
Dentro do grupo das ligazóns vermellas, hai un conxunto de artigos que se buscan especialmente por parte da comunidade. Estes artigos máis pedidos poden atoparse en listas concretas e actualizables manualmente. Entre elas pódense destacar:
Podes empregar o cadro de buscas que hai na barra lateral esquerda para realizar unha procura nos contidos de toda a Galipedia. Deste xeito estarás seguro de que aínda non existe a páxina que tes pensado crear. Ao buscar un título, atoparás unha ligazón vermella que te levará ata o formulario de edición dese artigo.
Como alternativa, podes usar este cadro de procuras semellante ao da marxe.
A Galipedia, a enciclopedia que calquera pode editar! | ||
---|---|---|
|
Podes usar o asistente para a creación de artigos, que che axudará durante o proceso de creación dun artigo na Wiki Galego.
Se sabes que o teu artigo vai necesitar moitas edición e/ou moito tempo para o seu desenvolvemento, recoméndase a inclusión do modelo {{Enuso}} ao comezo da páxina para advertir aos demais editores de que se trata dun traballo en progreso. Non obstante, ten en conta que, aínda con este marcador, a páxina podería pasar a formar parte dos artigos marcados para eliminación rápida se tomas demasiado tempo con el.
Outra opción é construír a páxina nunha subpáxina da túa páxina de usuario. Isto permite completar o artigo nun prazo de tempo indefinido. Cando creas que xa está, podes movela ata o título correcto que lle corresponde ao artigo.
En canto a páxina estea creada, aínda hai moitas cousas que podes facer.
A Wikipedia non está rematada. Polo xeral, un artigo está lonxe de ser completado unha vez se crea. Existe un longo camiño por percorrer. De feito, poida que te leve varias edicións o seu comezo.
Se tes un especial interese no artigo que creaches, sempre podes aprender moito máis sobre o tema que trata no futuro e, entón, engadir máis cousas hoxe, mañá, pasadomañá ou o mes que vén. Faino cando queiras.
E ten en mente unha cousa: aínda que falemos do teu artigo, os artigos non pertencen a ninguén, e polo tanto os demais poden contribuír con achegas propias unha vez que o gardes. O creador non ten maiores dereitos ao resto no control do contido posterior. Non te amoles, frustres nin ofendas se modifican ou eliminan as túas contribucións.
Un aspecto importante, despois dos contidos, é que o artigo teña un formato correcto. Todo isto é o vieiro para conseguir que o teu artigo se converta nun artigo de calidade! Estas páxinas hanche axudar:
Volver á páxina de axuda. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Wiki:Como crear unha páxina, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.