o Artigo Perfecto

O artigo perfecto da Wiki Galego...

  • enche un oco; procura primeiro os artigos relacionados co tema.
  • ten un bo título de xeito que poida ser ligado e atopado facilmente, seguindo as convencións dos nomes.
  • comeza cunha descrición clara do tema; a introdución explica as partes máis importantes e significativas, sendo precisa, pero sen excesivo detalle.
  • non é unha entrada de dicionario, cunha definición e unha explicación de como se emprega un termo.
  • é comprensible; está expresado nunha lingua que entendan os expertos e non expertos cos detalles oportunos, e que explore e explique amplamente o concepto.
  • é suficiente por si mesmo; inclúe a información e terminoloxía esencial, para que sexa comprensible sen a necesidade de ler outros artigos.
  • diversifícase; contén ligazóns internas e fontes cara a outros artigos e información externa que complete o que inclúa o artigo.
  • atópase facilmente; para que outros editores o vexan e engadan ligazóns internas en artigos relacionados e así poida ser lido por máis xente.
  • desenvolve e explora todos os aspectos do tema, cubrindo cada ángulo enciclopédico relevante que poida ter.
  • é completamente neutral e imparcial; conta cunha redacción desde un punto de vista neutral, presentando as diversas visións de xeito lóxico e xusto, presentando feitos, facendo énfase nos puntos de vista máis importantes e dando menos atención aos minoritarios.
  • é dunha extensión apropiada; debe ser o suficientemente longo para proporcionar a información, profundidade e análise precisas, sen incluír detalles non necesarios ou calquera información que estaría mellor nalgún artigo relacionado ou noutro proxecto irmán.
  • reflicte coñecemento experto; está baseado en feitos e principios firmes e lóxicos.
  • é preciso e explícito; está libre de xeneralidades imprecisas e medias verdades que poidan resultar nun entendemento incompleto ou imperfecto.
  • está ben documentado; todos os feitos están sacados de fontes fiables, preferentemente daquelas que son accesibles e que están actualizadas.
  • é claro; está escrito evitando ambigüidades e malentendidos, cunha estrutura lóxica e unha prosa transparente e simple; sen lingua demasiado redundante.
  • é atractivo; a lingua é descritiva e ten un ton interesante e enciclopédico.
  • segue convencións de redacción nunha lingua moderna, cunha gramática correcta, con tempos verbais apropiados, unha boa puntuación e sen erros de ortografía.
  • inclúe imaxes informativas e relevantes; mapas, retratos, fotografías e obras de arte que engaden interese no lector ou axudan á compresión do texto, sen seren demasiadas e resten lexibilidade e molesten; sempre é bo que teñan un pé de foto cun pequeno texto explicativo.
  • está categorizado para un mellor e máis sinxelo agrupamento.
  • ten ligazóns interlingüísticas, se fose posible.
  • non é alcanzable; sucesivas edicións poden levar un artigo preto da perfección, pero no fondo a perfección significa cousas diferentes segundo o editor; o fin último é conseguir bos artigos enciclopédicos.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Francisco Vázquez VázquezHans Staden (filme)2005Nervio ópticoAustriaPaulino VázquezEscola Politécnica Superior de FerrolSuso DíazVogais da lingua galegaJosé Manuel Lage96Guerra civil españolaOpenGLXureloCachotaríaPneumáticoHéitor PicalloÁngel CarracedoEstrutura terciaria dos ácidos nucleicosOuroEscáncerRicardo Carballo CaleroKm 3Loureiro92Estrutura terciaria das proteínasBenito KamelasPablo DíazRMS TitanicApollo 11Lepa MladjenovicMuimenta, Carballeda de AviaBreogán89CasaquistánCoalición PopularEduardo Sanches MaragotoAna María Fernández MartínezCerámicaDXulio CésarMadeiraTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoFelipe Senén LópezAcademia Chinesa de CienciasElena CandiaDanza e contradanza de DarboArticulación frontoparietalXeaBelén RegueiraRauw AlejandroColocación do pronome átono en galegoAs Cruces, Sobrado1999GalizaEmilio Antón IboleónRapa das bestasLingua inglesaJosé Miñones BernárdezVicente PiñeiroJosé Antonio Rueda CrespoMaría KodamaPepe CoiraMarcos PereiroJesús Vázquez AlmuíñaSayenFerrolDavid T. AlexanderArandoArtur BordaloCampus de Serantes🡆 More