nomes Propios De Persoas

Esta política de nomes propios de persoas son unhas directrices para elixir os títulos máis apropiados para dar nome ás páxinas sobre persoas e personaxes ficticios, literarios ou mitolóxicos.

Atallo:
WP:NPP

Regras xerais

  • Os títulos dos artigos levan o formato de , polo que cómpre ter coidado cos nomes en linguas nas que o apelido vai diante. Outro formato común, previo á aparición dos apelidos, é o de de .
      Exemplo: Empregamos László Kubala no canto de "Kubala László", aínda que en húngaro os apelidos colócanse antes do nome.
  • Como regra xeral, úsase o nome máis común, que non entre en conflito con outros nomes.
  • Tamén como regra xeral emprégase no título a forma adoptada pola RAG de a haber, aínda que entre en conflito con outras fontes galegas.
      Exemplo: Mahoma no canto de Mahomé (ver acepción de "mahometano" no dicionario).
      Observación: De haber outras formas tradicionais, deben aparecer na entradiña do artigo, debidamente referenciadas.
  • No caso de haber varias formas lexítimas, na introdución do artigo deben aparecer todas, debidamente referenciadas.
      Exemplo: Jules Verne, coñecido tamén en galego como Xulio Verne [...]

Nomes en alfabetos latinos que presentan dificultades na escrita

  • Como regra, mantense o nome na súa grafía orixinal no caso dos nomes de persoas.

Nomes que se traducen

Os nomes de reis (e realeza en xeral), de papas (e dos eclesiásticos con tradición de traducilos), figuras históricas, divindades, personaxes mitolóxicos, personaxes literarios etc. adáptanse ao galego (exemplos: Xoán Carlos I, Carlos de Inglaterra, Bieito XVI, Focio I, patriarca de Constantinopla, Xulio César, Xúpiter).

  • Convención: os membros da realeza, especialmente os monarcas, os emperadores etc. tradúcense, e deben incluír no título a súa orixe xeográfica para o caso dos monarcas, e outros membros da realeza cando exista a tradición de indicala. Cómpre crear unha redirección entre o nome simple ou a páxina de homónimos correspondente. Os reis dalgún pobo normalmente non inclúen orixe pois non adoita ser necesario (cf. Alarico II), mais este poderíase engadir se fora necesario (engadindo "dos Godos", "dos Francos" etc.). Finalmente, nalgúns casos ao nome segue o título, mais que o estado (cf. Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico).
  • Convención: os eclesiásticos identificados só polo nome, normalmente patriarcas e metropolitas, tradúcense, e deben incluír no título o seu cargo. Cómpre crear unha redirección entre o nome simple ou a páxina de homónimos correspondente
  • Convención: as figuras históricas tradúcense de haber tradición de traducir o seu nome en galego
      Exemplos: Cristovo Colón, Mahoma (e non "Muhammad"), Confucio (e non "Kǒng Fūzǐ").
      Contraexemplo: Non se traduce Fernão de Magalhães, ao non haber tradición en galego.
      Observación: De haber varias formas en uso, escóllese a máis próxima ao nome orixinal.
  • Convención: os santos tradúcense, especialmente aqueles con tradición de traducir o seu nome en galego.
  • Convención: os personaxes literarios e cinematográficos e os personaxes da literatura relixiosa (Biblia, Alcorán etc.) tradúcense no caso de existir unha adaptación ao galego.
  • Convención: as divindades e personaxes mitolóxicos tradúcense no caso de existir unha tradición en galego.
      Exemplo: Xúpiter, Odín.
      Observación: De non haber forma galega, cómpre empregar a forma na lingua orixinal, evitando formas adaptadas ao inglés ou a outras linguas.

Nomes en alfabetos non latinos

Mantéñense os nomes de persoa escritos en alfabetos distintos ao galego (ruso, chinés, árabe, xaponés etc.) facendo a transliteración correspondente de acordo a Wiki: Transliteracións, que asigna a cada lingua unha transliteración preferente a empregar. Cómpre sinalar que hai idiomas, como o tártaro e o serbio, que empregan dous alfabetos: neste caso, tómase a forma escrita en alfabeto latino.

    Observación: Para ver qué transliteración é empregada na Galipedia para cada idioma, véxase Wiki: Transliteracións, derivación desta norma.

Véxase tamén

Outros artigos


nomes Propios De Persoas  Volver á páxina de axuda.

Tags:

nomes Propios De Persoas Regras xeraisnomes Propios De Persoas Nomes en alfabetos latinos que presentan dificultades na escritanomes Propios De Persoas Nomes que se traducennomes Propios De Persoas Nomes en alfabetos non latinosnomes Propios De Persoas Véxase taménnomes Propios De Persoas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Deportivo da CoruñaSupremme de LuxeCirco de los MuchachosBenito KamelasLista de presidentes da República PortuguesaDonicelaLingua galegaXosé FortesVulvaAlexia PutellasChristopher WalkenBubelaLie ZiLista de cidades de IsraelMuralla de LugoIasir ArafatDjalminhaBambú ProduccionesLista das árbores de GaliciaFesta dos maiosXestaFalange EspañolaManuel González LópezManuel Jesús González CapónBoyanka Kostova (grupo musical)Vivir sin permisoTarragonaCarlos CuerpoISBNJavier CamuñasJohn TravoltaÁngel CarracedoFauna de GaliciaArredor de siXaxún no islamCarrie (filme)Departamento de ApurímacSelena GomezAltriSusana FortesMarta DoviroPoloniaParadigmas dos verbos irregulares galegosOs EoasAWStatsLos MotoresXogo da chaveSermos GalizaPirámide de necesidades de Maslow25 de abrilSoledad PenaltaSexo analAlfonso MolinaLista de ríos de GaliciaVilanova de ArousaUniversidade de Santiago de CompostelaXestión de dereitos dixitaisHeraldo de Galicia (A Habana)Hannah ArendtFernando Salgado GarcíaSuraCanle (enxeñaría)Roko (actriz)YouTubeHelena SalgueiroFrancisco Castro VelosoDiego Rivas GutiérrezLino LópezPaula CarballeiraAldaoladoKarmaBurroPablo PicassoLarraunBibiana FernándezLicenciado MolinaBillarda🡆 More