Unha etiqueta ou caixa de usuario (en inglés: userbox) é unha pequena caixa de cores deseñada só para aparecer na páxina de usuario dun wikipedista como aviso comunicativo sobre el.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 29/01/09 ata o 18/02/09. |
Deste xeito, estas caixas permítenlles aos usuarios engadir pequenas mensaxes que poden axudar directa ou indirectamente a unha colaboración máis efectiva no proxecto.
As caixas de usuario foron creadas como unha adaptación das caixas de información Babel, usadas para informar acerca dos coñecementos lingüísticos de cada usuario para así facer máis sinxela a interacción de colaboradores entre varias Wikipedias ou dentro do mesmo proxecto.
Por respecto aos demais colaboradores e lectores do wiki, hai diversas limitacións que os usuarios deben seguir antes de crear unha nova caixa de usuario:
Para non contravir as limitacións anteriores, hai algunhas recomendacións sobre as palabras que poderían non ser moi recomendables para incluílas nas caixas de usuario.
Por norma xeral as caixas de usuario non poderán clasificar en categorías aos usuarios que as colocan nas súas páxinas, dado que a inclusión destes en categorías segundo as súas afeccións, gustos, etc. non serve de moita axuda para a navegación na Wiki Galego.
Non obstante, si que está permitida a categorización de usuarios en canto ao nivel que teñan das linguas que falan; de feito, as caixas Babel, que achegan información sobre as linguas dominadas por alguén, deberán levar unha categoría coa seguinte sintaxe:
Categoría:Usuario [código da lingua]-[nivel de dominio]
Deste xeito, calquera persoa que acceda á Galipedia, e que non saiba nada de galego ou os seus coñecementos sexan mínimos, poderá buscar na Categoría:Usuarios por lingua usuarios que falen unha lingua que coñeza.
Volver á páxina de axuda. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Wiki:Caixas de usuario, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.