administradores

Na Wikipedia calquera pode editar un artigo.

administradores

Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores. Os administradores son editores da Wikipedia coas capacidades técnicas para realizar varias accións especiais na Wikipedia en galego. Estas tarefas inclúen a capacidade de bloquear ou desbloquear contas de usuarios e enderezos IP impedíndolles a edición, editar páxinas protexidas, protexer e desprotexer as propias páxinas perante a edición, eliminar e restaurar páxinas, ou trocar o nome de páxinas sen restricións entre outras.

Os administradores asumen estas responsabilidades como voluntarios tras pasar un proceso de elección, e non actúan como empregados da Fundación Wiki. Por suposto, os administradores tan só poden facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas da Wiki Galego.

A Wikipedia en galego ten actualmente 7 administradores.

Capacidades dos administradores

Atallos:
WP:MOPRIGHTS
WP:CAPADM

Os administradores poden:

  • Borrar páxinas e imaxes (Motivos frecuentes para borrar)
  • Ver e restaurar páxinas ou imaxes borradas
  • Bloquear e desbloquear IP de usuarios anónimos
  • Bloquear e desbloquear usuarios rexistrados
  • Protexer ou bloquear unha páxina
  • Editar páxinas protexidas ou bloquealas
  • Reverter edicións rapidamente
  • Ver as contribucións borradas dos usuarios
  • Ver a lista de páxinas sen vixiar en toda a Wikipedia
  • Ocultar revisións de páxinas
  • Configurar o filtro de abusos e ver os seus rexistros
  • Asignar ou revogar o estado de usuario confirmado e o de exento de bloqueo de enderezo IP

Administradores da interface

Os administradores da interface son usuarios coa capacidade de editar páxinas globais de CSS e Javascript (como por exemplo MediaWiki:Common.js ou MediaWiki:Vector.css, ou as páxinas de código dos trebellos listados en Especial:Trebellos) e calquera páxina CSS/JS no espazo de usuario doutro usuario distinto. Estas páxinas execútanas os navegadores dos lectores e editores da wiki en forma de código, utilizado para modificar a visualización do contido, o comportamento das páxinas ou para o funcionamento de ferramentas complexas.

A edición de código CSS/JS que se executa nos navegadores web doutros usuarios é unha capacidade poderosa e potencialmente perigosa en mans de usuarios con malas intencións. Os administradores da interface deben ser usuarios nos que a comunidade teña unha gran confianza, que teñan polo menos un coñecemento básico de CSS e JS, que sexan conscientes das expectacións de privacidade das wikis de Wikimedia, e que teñan un bo entendemento do concepto de seguridade de contas persoais.

Administradores da Galipedia

O número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de administrador é de 7. Esta é a lista completa actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou a través do Taboleiro dos administradores.

A lista seguinte actualízase manualmente.

Administradores da interface da Galipedia

A lista seguinte actualízase manualmente.

AMPERIO (conversa · contribucións)
Banjo (conversa · contribucións)
O Breixo (conversa · contribucións)

Notas

Tags:

administradores Capacidades dos administradores Administradores da interfaceadministradores Administradores da Galipediaadministradores Administradores da interface da Galipediaadministradores NotasadministradoresArtigo enciclopédicoAxuda:Como trocar o nome dunha páxinaEspecial:Lista de usuariosWikipediaWikipedia:BLOQUEOWikipedia:BORRARWikipedia:PROTECCIÓN

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ledicia CostasLeninismoYolanda CastañoRusiaConcelloSantiago de CompostelaFelaciónGuerra de VietnamHerminio BarreiroLa escopeta nacionalElvira Suanzes FernándezCarles PuigdemontCándido HermidaPO-201Os pronomes persoais galegosBosqueAbel CaballeroPontevedraXabier DeiveLista de xentilicios de concellos galegosMercedes QueixasTarragonaCopia por contactoLFabiola GarcíaWinston ChurchillQOcéano ÍndicoDon Juan TenorioÁlvaro CunqueiroFornelos de MontesGrupo NósGabriel García MárquezGatipedroDepuración franquista do maxisterioCity of Manchester StadiumDiego SimeoneTuiVerbos galegos ser, estar e irQueiroaBrahim DíazIgnacio CastroNeymarC (linguaxe de programación)Erros e TánatosGuerra civil españolaMolécula bipolarCristina Fernández DavilaDesoxitimidina monofosfatoDavid BeckhamPep GuardiolaA CoruñaCSSÁlex FidalgoCantares gallegosMeigaGuerra de Sucesión EspañolaMiro VillarEva MejutoDibencil cetonaXoniaVerínAna RomaníArquitectura gótica en GaliciaFlorentino PérezArturo VallsOurenseDe NinghuresMikel ArtetaFeces de Abaixo, Feces de Abaixo, VerínProxyJosé Antonio Ponte FarPontedeumeAnxo AngueiraToxoSalvador Puig AntichAndreia Costas Otero🡆 More