Digimon Adventure (デジモンアドベンチャー:, Dejimon Adobenchā?) é unha serie de animación xaponesa creada en 2020 por Toei Animation, baseada na serie do mesmo nome, Digimon Adventure de 1999.
É o primeiro reboot da franquía. A serie mantén os personaxes clásicos e ten algúns personaxes novos cunha historia renovada (pero mantendo algúns acontecementos do orixinal ou semellantes). Os tres primeiros emitíronse en abril pero os seguintes episodios non se emitiron ata o 28 de xuño (por causa da pandemia da COVID-19).
Digimon Adventure: | |
---|---|
デジモンアドベンチャー: (Dejimon Adobenchā) | |
Anime Digimon Adventure: | |
Dirixido por | Masato Mitsuka |
Estudio | Toei Animation |
Canle televisiva | Fuji TV |
Primeira emisión | 5 de abril de 2020 |
Última emisión | 2021 |
Núm. de capítulos | 67 |
Traballos relacionados | |
|
No ano 2020, unha serie de ciberataques ocorren en Tokio e son o resultado de eventos catastróficos noutro mundo dentro de Internet, o Mundo Dixital, onde viven unhas criaturas chamadas Digimon. Mentres se preparan para o campamento de verán, sete nenos son transportados ao Mundo Dixital onde adquiren Digivices e compañeiros Digimon ao saber que foron escollidos para deter ameazas descoñecidas para os seus mundos.
Os oito nenos elixidos aparecen primeiro, seguidos dos seus compañeiros Digimon.
Personaxe | Actor de dobraxe | Digimon | Actor de dobraxe |
---|---|---|---|
Taichi "Tai" Kamiya Yagami Taichi (八神 太一) | Yūko Sanpei (XAP) | Agumon | Chika Sakamoto (XAP) |
O líder dos nenos elixidos e o irmán máis vello de Kari Kamiya. Ten o emblema do Valor. | |||
Yamato "Matt" Ishida Ishida Yamato (石田 ヤマト) | Daisuke Namikawa (XAP) | Gabumon | Mayumi Yamaguchi(XAP) |
É o irmán máis vello de T.K. Takaishi. Ten o emblema da Amizade. | |||
Sora Takenouchi Takenouchi Sora (武之内 空) | Ryoko Shiraishi (XAP) | Biyomon Piyomon | Atori Shigematsu (XAP) |
Ten o emblema do Amor. | |||
Koushiro "Izzy" Izumi Izumi Kōshirō (泉 光子郎) | Yumiko Kobayashi (XAP) | Tentomon | Takahiro Sakurai (XAP) |
Un pensador moi intelixente e lóxico, a pesar de estar entre os máis xoves do grupo. Tamén é un experto en informática e emprega constantemente o seu portátil. Ten o emblema do Coñecemento. | |||
Mimi Tachikawa Tachikawa Mimi (太刀川 ミミ) | Marika Kouno (XAP) | Palmon | Kinoko Yamada (XAP) |
Nun principio é vista como a egoísta e mimada do grupo, pero Mimi é cariñosa e moi leal ós seus amigos. Ten o emblema da Inocencia. | |||
Joe Kido Kido Jō (城戸 丈) | Takeshi Kusao (XAP) | Gomamon | Junko Takeuchi (XAP) |
O máis maior do grupo. É responsable e reflexivo, pero preocúpase demasiado. trata de actuar como a voz da razón do grupo. Ten o emblema da Sinceridade. | |||
Takeru "T.K." Takaishi Takaishi Takeru (高石 タケル) | Megumi Han (XAP) | Patamon | Miwa Matsumoto (XAP) |
O máis cativo de todos e irmán máis novo de Matt. Ten o emblema da Esperanza. | |||
Hikari "Kari" Kamiya Yagami Hikari (八神 ヒカリ) | Misaki Watada (XAP) | Gatomon Tailmon | Mie Sonozaki (XAP) |
É a irmá máis nova de Tai. Ten o emblema da Luz. |
Argomon (アルゴモン) | Episodios 1-3 | Takashi Matsuyama (XAP) | |
O primeiro malvado co que se atopan os nenos. Un Argomon que evoluciona ata a súa última fase, a mega. Destruído por Omnimon/Omegamon . Reaparecen algúns Argomons pero en fases máis básicas para atacar de novo á rede. | |||
MetalTyrannomon (アイズモン) | Episodios 9-10 | Descoñecido (XAP) | |
O segundo malvado ó que se enfrontan. Despois das derrotas de Ogremon fronte aos nenos elixidos, é enviado para rematar ao Ogremon e eles. Destruído por MetalGreymon. | |||
Eyesmon (アイズモン) | Episodios 3 (Ovo), 15-18 | Kensuke Ōta (XAP) | |
O terceiro malvado ó que se enfrontan. Pode evolucionar a Orochimon (オロチモン) e despois a Nidhoggmon (ニーズヘッグモン). Destruído por Omnimmon/Omegamon. | |||
SkullKnightmon (スカルナイトモン) | Episodios 20-24, 27-Presente | Descoñecido (XAP) | |
Un poderoso servo de Devimon, que pode evolucionar a AxeKnightmon/DarkKnightmon. Cando o seu amo cae, el consegue escapar cun cristal (o Moon=Millenniummon). | |||
Devimon (デビモン) | Episodios 14-20 | Ryōtarō Okiayu (XAP) | |
O malvado principal da primeira parte da serie. Pode evolucionar a NeoDevimon e despois a DoneDevimon. Na súa batalla con Greymon e Garurumon vese falando con alguén, quen pode ser o quen obriga a traballar para el. Destruído por Angemon. | |||
# | Título | Data de emisión |
---|---|---|
01 | "Crise dixital de Tokio" | 5 de abril de 2020 |
02 | "Xogo de guerra" | 12 de abril de 2020 |
03 | "E polo mundo dixital" | 19 de abril de 2020 |
04 | "Birdramon voa" | 28 de xuño de 2020 |
05 | "Os Digimon Sagrados" | 5 de xullo de 2020 |
06 | "O reino atacado" | 12 de xullo de 2020 |
07 | "Ese rapaz é Joe Kido" | 19 de xullo de 2020 |
08 | "Os nenos atacan a fortaleza" | 26 de xullo de 2020 |
09 | "O Digimon Ultimate ataca" | 2 de agosto de 2020 |
10 | "A superevolución do aceiro sólido" | 9 de agosto de 2020 |
11 | "O lobo de pé no deserto" | 16 de agosto de 2020 |
12 | "Florece Lilimon" | 23 de agosto de 2020 |
13 | "Garudamon das ás carmesí" | 30 de agosto de 2020 |
14 | "Choque dos Reis dos Insectos" | 6 de setembro de 2020 |
15 | "O martelo de ferro do raio do Zudomon" | 13 de setembro de 2020 |
16 | "A sombra negra acibeche invade Tokio" | 20 de setembro de 2020 |
17 | "A batalla de Tokio contra Orochimon" | 27 de setembro de 2020 |
18 | "Conta atrás para a aniquilación de Tokio" | 4 de outubro de 2020 |
19 | "Ouveo, Jyuoken" | 11 de outubro de 2020 |
20 | "O sétimo esperta" | 18 de outubro de 2020 |
21 | "A actualización do cambio de marea" | 25 de outubro de 2020 |
22 | "O invencible Sagitario azul" | 1 de novembro de 2020 |
23 | "O mensaxeiro das tebras, Devimon" | 8 de novembro de 2020 |
24 | "A etapa final, DoneDevimon" | 15 de novembro de 2020 |
25 | "Mergúllate ao seguinte océano" | 22 de novembro de 2020 |
26 | "A través da barricada de monstros mariños" | 29 de novembro de 2020 |
27 | "Ao novo continente" | 6 de decembro de 2020 |
28 | "A loita dos nenos pola supervivencia" | 13 de decembro de 2020 |
29 | "Escapa da selva ardente" | 20 de decembro de 2020 |
30 | "O Digimon Mega, WarGreymon" | 27 de decembro de 2020 |
31 | "A nova escuridade, Millenniummon" | 10 de xaneiro de 2021 |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Digimon Adventure:, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.