Anuro: Orde de anfibios, coñecidos vulgarmente como ras e sapos

Os anuros (Anura do grego antigo ἀ(ν-) a(n-) (negación) e οὐρά ourá 'cola') son unha orde de anfibios, coñecidos vulgarmente como ras e sapos.

Caracterízanse por carecer de cola, por presentar un corpo curto e moi ensanchado, e unhas patas posteriores moi desenvolvidas e adaptadas para o salto. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios; estímase que existen máis de 5.000 especies, repartidas en 48 familias. A maioría pasa a súa vida dentro ou preto da auga. O seu tamaño pode variar dende uns escasos 8,5 milímetros, como é o caso das especies do xénero Eleutherodactylus, ata talles que superan os 30 centímetros, destacando a Conraua goliath, o anuro máis grande do mundo.

Anuro
Rango fósil: Triásico - Actualidade
Anuro: Ras e sapos, Alimentación e reprodución, Evolución
Litoria caerulea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Anura
Distribución en verde
Distribución en verde

Distribución en verde
Subordes

Archaeobatrachia
Mesobatrachia
Neobatrachia
 –
Lista de familias de Anuros

Ras e sapos

Os nomes «ra» e «sapo» referíanse nun principio ós dous tipos de anuros que aparecen na Península Ibérica: as ras típicas (as do xénero Ra), e os sapos típicos (os do xénero Bufo); pero na actualidade úsanse para outros grupos de forma indiscriminada e arbitraria. «Ra» adoita referirse ás especies máis gráciles, de pel húmida e lisa, boas saltadoras, e de hábitos acuáticos. «Sapo» fai referencia ás especies de pel máis seca e rugosa, máis robustas, menos áxiles e que acostuman habitar no chan húmido escavando galerías. Polo tanto, esta distinción entre ras e sapos non é unha discriminación que teña validez taxonómica.

Alimentación e reprodución

A súa alimentación baséase en invertebrados, tanto acuáticos como terrestres.

Teñen unha fecundación externa que se efectúa na auga. O amplexus (forma de aparearse dos anuros) pode ser axilar ou inguinal. Os ovos son postos na auga, en cordóns, como fan os sapos, ou en paquetes como fan as ras e presentan dimensións e formas diferentes segundo a familia ou especie.

Evolución

As primeiras ras verdadeiras coñecidas datan do Xurásico Inferior, Vieraella, e do Xurásico Medio.

Características

Pódense distinguir pola ausencia de cola e por presentaren un corpo curto e moi ensanchado. Os dous pares de patas son moi diferentes entre si, adquirindo un maior desenvolvemento e robustez o par posterior, que, ademais, se encontra adaptado ao salto. As patas anteriores rematan en catro dedos, mentres que as posteriores fano en cinco.

Existen máis de 5 200 especies de anuros, repartidos en 33 familias. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios. A maioría pasa a súa vida dentro ou cerca da auga. O seu tamaño é variable. Entre os máis pequenos atopamos á ra coqui, mentres que a maior ra é a Conraua goliath.

O nome común "ra" pódese referir a calquera membro da orde Anura (anfibios sen cola) exceptuando as especies que teñen pel rugosa no dorso, e que son menos acuáticas cand adultas, coñecidas como "sapos".

Así a todo, a diferenza entre as denominacións ra e sapo non ten fundamento taxonómico. Os diferentes usos da palabra ra e sapo débense á discrepancia entre a clasificación vernácula e a clasificación científica do grupo Anura. Ademais, a maioría das especies de anuros viven en países tropicais, onde a diversidade de familias é moito máis grande que en zonas temperadas. Ao se orixinar nun país temperado, o idioma galego non dispón de termos adecuados para denominar a maioría das formas de anuros.

A boca é moi ancha, con dentes diminutos ou sen eles, dependendo das especies, e cunha lingua protráctil. Os ollos están provistos de pálpebras, e os oídos non levan pavillóns externos, diferenciándose unicamente unha membrana timpánica superficial.

Os cágados ou cabezolos (fase larvaria) levan unha vida acuática, con respiración branquial, mentres que os adultos son terrestres, de respiración pulmonar (e cutánea); a reprodución, incluso nos sapos, faise sempre na auga.

Exemplos representativos de anfibios anuros son a ra común, a ra de Santo Antón (pequena, de cor verde brillante e que vive oculta entre as pólas das árbores), o sapo común, o sapo parteiro (o macho transporta os ovos da posta ata que nacen os cágados) e a pipa americana (que incuba os ovos en ocos da pel do dorso).

Clasificación das familias de Anura

Listaxe das familias de Anura, seguindo as subordes:

  • Suborde Archaeobatrachia
    • Familia Ascaphidae
    • Familia Bombinatoridae
    • Familia Discoglossidae
    • Familia Leiopelmatidae
  • Suborde Mesobatrachia
    • Familia Megophryidae
    • Familia Pelobatidae
    • Familia Pelodytidae
    • Familia Scaphiopodidae
    • Familia Rhinophrynidae
    • Familia Pipidae
  • Suborde Neobatrachia
    • Familia Allophrynidae
    • Familia Arthroleptidae
    • Familia Astylosternidae
    • Familia Brachycephalidae
    • Familia Bufonidae
    • Familia Centrolenidae
    • Familia Dendrobatidae
    • Familia Heleophrynidae
    • Familia Hemisotidae
    • Familia Hylidae
    • Familia Hyperoliidae
    • Familia Leptodactylidae
    • Familia Limnodynastidae
    • Familia Mantellidae
    • Familia Microhylidae
    • Familia Myobatrachidae
    • Familia Nasikabatrachidae
    • Familia Petropedetidae
    • Familia Ranidae
    • Familia Rhacophoridae
    • Familia Rheobatrachidae
    • Familia Rhinodermatidae
    • Familia Sooglossidae

Especies representativas

Algunhas especies de anuros pertencentes a diferentes familias:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Díaz, J. A. e Santos, T. (1998): Zoología. Aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Editorial Síntesis. ISBN 84-7738-591-2

Outros artigos

Ligazóns externas

En inglés

Tags:

Anuro Ras e saposAnuro Alimentación e reproduciónAnuro EvoluciónAnuro CaracterísticasAnuro Clasificación das familias de AnuraAnuro Especies representativasAnuro NotasAnuro Véxase taménAnuroAnfibiosCentímetroCola (zooloxía)Conraua goliathFamilia (bioloxía)Lingua grega antigaMilímetroOrde (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FerroAtlánticaMaceiraCataluñaNintendo Entertainment SystemAlicia BorrásMy Little PonyCorea do NorteEstrella GaliciaSistema operativoTrackbackAntonio MingoteDomingo de AndradeToxo arnalLista de paísesChantadaO lobo da xenteDiego Rivas RegoDámaso I, papaLista de emperadores romanosCIker CasillasGalería de imaxes de flores de GaliciaVicente RiscoModelo OSIVladimir PutinPavillón Multiúsos Fontes do SarLista de episodios de O detective ConanGuerraPanteón de Galegos IlustresAdolf HitlerElvira Fernández BalboaKeanu ReevesAmieiroPontevedraTeixugoProvincia de OurenseRamón Otero PedrayoLoeweSoraya ArnelasBillardaWiiFederico García LorcaManuel González González (músico)Querela das mulleresCarbohidratoDavid Ben-GurionO sol do veránTeléfonoJosé López CamposJulio Ulloa VenceConflito das EncrobasXosé Rubia BarciaA memoria da choivaEva Iglesias MiguénsRúa das Rodas (Santiago de Compostela)The Good DoctorJ. K. RowlingDavid PerdomoPriscilianoViquingos en GaliciaDaniel Castro GarcíaRSSSalgueiro MaiaMiss Vaca (certame)Lista de palabras galegas de orixe celtaPortadaSalgueiroMoisés Rodríguez PérezElvira RiveiroMadridJacobo BucetaDodecágono🡆 More