Nintendo Entertainment System: Videoconsola de Nintendo

A Nintendo Entertainment System, ou NES, é unha videoconsola de 8 bits de Nintendo que saíu á venda en Norte América, Brasil, Europa, Asia, e Australia.

O equivalente no Xapón é coñecido como Nintendo Family Computer (任天堂ファミリーコンピュータ), ou Famicom (ファミコン). A NES foi a videoconsola de máis éxito do seu tempo, tanto en Asia coma en Norte América, e axudou a revitalizar a industria dos videoxogos seguindo o vídeo game crash of 1983, e estableceu os estándards para as seguintes consolas tanto no deseño de videoxogos (tivo o primeiro xogo de plataformas, Super Mario Bros). Foi o primeiro grande éxito da consola. A NES foi a primeira consola na que o fabricante optou por permitir o desenvolvemento de xogos por terceiros.

Nintendo Entertainment System: Historia, Notas, Véxase tamén
Nintendo Entertainment System

Historia

Aproveitando o éxito das series de xogos arcade no comezo dos 80, Nintendo fixo plans para producir a súa propia videoconsola con cartuchos renovables, unha característica que non estaba incluída nos primeiros produtos da compañía.

A NES foi deseñada por Masayuki Uemura e foi posta á venda no Xapón o 15 de xullo de 1983. A Nintendo Family Computer (Famicom) non tivo moito éxito nun primeiro momento: Durante o seu primeiro ano, foi amplamente criticada alegando que a consola era pouco fiable e moi propensa aos erros de programación e constantes avarías. Non obstante, tras un cambio na placa base, a popularidade da Famicon disparouse converténdose na consola mellor vendida no Xapón cara a finais do 1984. Animados polo seu éxito, Nintendo axiña comezou a mirar cara ao mercado norteamericano.

Nintendo comezou a negociar con Atari para sacar á venda a Famicom baixo a marca de Atari. Esta chamaríase "Nintendo Enhanced Video System." Este acordo rematou finalmente, e Atari decidiu centrarse na súa propia consola de nova xeración de 8 bits, a Atari 7800.

A resto da década, Nintendo foi o incontestable líder no mercado de xogo American e Xaponés, e os seus títulos de xogo romperon récords de vendas. Mais, a consola non acadou o mesmo nivel de éxito no resto do mundo occidental. En Europa e Australia, o sistema foi dividido en dúas rexións separadas de mercado (A e B). Mattel tomou a distribución na rexión A, a que consistía no Reino Unido, Australia, e Italia. A distribución na rexión B, consistía no resto do continente Europeo, foi tomado por varias diferentes compañías, con Nintendo responsable da distribución da maioría dos cartuchos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Nintendo Entertainment System HistoriaNintendo Entertainment System NotasNintendo Entertainment System Véxase taménNintendo Entertainment SystemAsiaAustraliaBitBrasilEuropaNintendoNorte AméricaSuper Mario BrosVideoconsolaXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ponte de RandeCervantesMarianneMelideNatalia JunqueraSnoop DoggComunismoPoloniaFútbol gaélicoLingua galegaPireneosLisboaSanta CompañaAmancio OrtegaGramática da lingua franca novaPadre CasaresEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Álex FidalgoRosario Porto OrtegaVacaUbertino da CasaleJosé Luis GilCamilo José CelaKu Klux KlanPalas de ReiPrivacidadeIlyushin Il-76O PortughésMadagascarCélula pancreática acinarPobo triquiCorea do NorteChorimaMaría do Socorro Ortega RomeroLista de nomes femininos en galegoCaliforniaHungríaGheadaPablo PicassoA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraFútbol americanoLSDXogoAscanio CondiviLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingOleirosMichael Jackson9 de abrilFonoteca 92Julian AssangeMaruca do MediterráneoSoberaníaVigoMacedonia do NorteLeymaCoímbraCarqueixaReino de GaliciaVirusTereixa NavazaCaptain Fantastic (filme)Rocco SiffrediDe catro a catroA.C. MilanDeportivo da CoruñaUlpiano VillanuevaPorto da LúaCastro CaldelasMacizo GalaicoCreative CommonsPosición do misioneiro invertidaFervenza do Ézaro🡆 More