Hílidos

A dos hílidos (Hylidae) é unha familia de anfibios anuros, coñecidos como ras arborícolas comúns, moi variábeis morfolóxica e ecoloxicamente.

Hílidos
(Hylidae)
Ras arborícolas comúns
Hílidos
Agalychnis callidryas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Hylidae
Rafinesque, 1815
Distribución dos hílidos (en negro)
Distribución dos hílidos (en negro)

Distribución dos hílidos (en negro)
Xéneros
  • Ver texto

Algunhas destas ras son verdes, aínda que existe unha gran diversidade na súa pigmentación.

Xeralmente aliméntanse de insectos, pero algunhas cazan pequenos vertebrados; outras, como as do xénero Cyclorana, entérranse na lama e pasan boa parte da súa vida baixo terra.

Características

O dos hílidos constitúen un grupo de ras moi amplo e de grande éxito, que están presentes en gran parte do mundo tropical e temperado, agás en parte do SE asiático e na maior parte de África.

As tres especies europeas son membro típicos do xénero Hyla que, porén, é un grupo tipicamente americano. Son ras pequenas, repoludas, de pel lisa, con ollos coa pupila horizontal, patas longas e discos adhesivos na punta dos dedos, que se alimentan principalmente de insectos voadores que capturan con gran axilidade.

A reprodución ten lugar na noite, en pozas, lagoas ou en pequenos ríos de curso lento. Os machos desenvolven pequenas calosidades nupciais nos polgares, e abrazan ás femias nun amplexo axilar. Os ovos son depositados en paquetes flotantes, do tamaño dunha noz, que conteñen de 800 a 1 000 ovos. Os cágados, que tenden a seren solitarios, teñen unha profunda aleta caudal que se estende cara a diante até o dorso, e nadan con movementos rápidos similares aos dun peixe.

Clasificación

Hílidos 
Hyla molleri.
Hílidos 
Hyla arborea.
Hílidos 
Hyla japonica.
Hílidos 
Hyla versicolor.
Hílidos 
Phyllomedusa sauvagii.
Hílidos 
Litoria wilcoxi.

A familia dividíase tradicionalmente en tres subfamilias, con 46 xéneros.

Tres das anteriores subfamilias seguen incluídas en Hylidae, aínda que dúas delas considéranse agora como unha soa porque son monofiléticas.

A subfamilia Hylinae divídese, segundo certos autores, en catro tribos.

  • Familia Hylidae
    • Subfamilia Pelodryadinae
      • Litoria
    • Subfamilia Phyllomedusinae
      • Agalychnis
      • Cruziohyla
      • Hylomantis
      • Pachymedusa
      • Phasmahyla
      • Phrynomedusa
      • Phyllomedusa
    • Subfamilia Hylinae
      • Acris
      • Anotheca
      • Aparasphenodon
      • Aplastodiscus
      • Argenteohyla
      • Bokermannohyla
      • Bromeliohyla
      • Charadrahyla
      • Corythomantis
      • Dendropsophus
      • Diaglena
      • Duellmanohyla
      • Ecnomiohyla
      • Exerodonta
      • Hyla
      • Hyloscirtus
      • Hypsiboas
      • Isthmohyla
      • Itapotihyla
      • Megastomatohyla
      • Myersiohyla
      • Nyctimantis
      • Osteocephalus
      • Osteopilus
      • Phyllodytes
      • Plectrohyla
      • Pseudacris
      • Pseudis
      • Ptychohyla
      • Scarthyla
      • Scinax
      • Smilisca
      • Sphaenorhynchus
      • Tepuihyla
      • Tlalocohyla
      • Trachycephalus
      • Triprion
      • Xenohyla

O estudo xenético separou da familia Hylidae a subfamilia Hemiphractinae:

Familia Hemiphractidae

      Xénero Cryptobatrachus
      Xénero Hemiphractus
      Xénero Stefania

Os xéneros Flectonotus e Gastrotheca considéranse parte da familia Amphignathodontidae.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Andrada, J. (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
  • Arnold, E. N. & J. A. Burron (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
  • Zweifel, Robert G. (1998): in Cogger, H. G. & R. G. Zweifel (eds.) Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-178560-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Hílidos CaracterísticasHílidos ClasificaciónHílidos NotasHílidos Véxase taménHílidosAnfibiosAnuroEcoloxíaFamilia (bioloxía)Morfoloxía (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TetrabucleCalvos de RandínBronquioliteGuitarraPintura barroca de EspañaÁcido undecanoicoMundial de Fútbol de 2006Rick and MortyCarolina do SurXXIII dinastía exipciaDobre héliceSauber F1CetoacidoseTeixugoJulio IglesiasAporia crataegiDodecágonoCanle (comunicación)Lingua rusaBisonte europeoArco da vellaAbdul KalamLei de vagos e maleantesConcepción ArenalÁcido graxo sintaseNordés (vento)Elena RybakinaBearizColectivizaciónXinzo de LimiaYorgos LanthimosTerceira dinastía de ExiptoMonforte de LemosBilurico comúnGrammy á carreira artísticaSevillaXosé Antonio TouriñánRafael NadalCangrexo ermitánIllas SalomónGuerra de CroaciaFentoLogroñoCarpa comúnFalco peregrinusViroide28 de marzoBelgradoSanta Lucía, CaribeOscar RobertsonBlastocistoLance StrollForcareiSemana Santa de ViveiroXXX edición dos Premios GoyaPlovdivPili PampínAviónPedro RieloPonte das PíasCarlos de Matos GomesArco de TitoAtlanta FalconsCúpulaFroufe, O IrixoTranslocase da membrana internaTerreo (xeoloxía)ArchaeopteryxFariseoCristovo ColónGalipediaAnfipáticoIntrónCloroformo🡆 More