Dente: órgano anatómico duro encravado nos alvéolos dos ósos maxilares

O dente é un órgano anatómico duro, encravado nos alvéolos dos ósos maxilares a través dun tipo especial de articulación denominada gonfosis e na que interveñen diferentes estruturas, a saber: cemento dentario e óso alveolar, ambos unidos polo ligamento periodontal.

Dente
Dente: Partes do dente, Orixe, Mamíferos
Dentes
Dente: Partes do dente, Orixe, Mamíferos
Vista posterior dos dentes desde o interior da boca
Dorlands/Elsevier Tooth

Os dentes interveñen na dixestión ó cortar, moer e tritura-los alimentos sólidos (dixestión mecánica). Ademais participa, xunto con outros elementos da boca, na comunicación oral.

Os dentes poden ser iguais entre si (homodontes) ou diferentes segundo a súa función específica (heterodontes). Neste segundo caso, ordenados dende o centro ata os extremos, son os dentes incisivos que cortan, os caninos que desgarran, os premolares que trituran e os molares que moen.

Partes do dente

Dente: Partes do dente, Orixe, Mamíferos 
Esquema dun dente. 1- Esmalte, 2- Dentina, 3-Polpa, 4-Enxiva, 5-Cemento, 6-Óso alveolar, 7-Vaso sanguíneo, 8-Nervio. A-Coroa, B-Raíz

O periodonto é a unidade composta polos tecidos que rodean o dente, que corresponden ó óso alveolar, ó ligamento periodontal e á enxiva. O dente propiamente dito componse de tres compoñentes mineralizados: o esmalte, a dentina e o cemento, máis unha porción central de tecido conectivo xelatinoso suave, a polpa dentaria.

Orixe

Asúmese que os dentes evolucionaron dos dentículos do ectodermo que se dobraron e se integraron na boca, ou ben de dentes endodérmicos farinxeos (primeiramente formados na farinxe de vertebrados sen mandíbula). Ademais existe outra teoría que estable que a crista neural regulada por xenes, e o ectomesénquima derivado da crista neural son claves na xeración dos dentes (con calquera epitelio, xa sexa o ectodermo ou o endodermo).

Os xenes que controlan o desenvolvemento dos dentes nos mamíferos son homológoas a aqueles que participan no desenvolvemento das escamas dos peixes. Un estudo dunha placa dental dun fósil extinto do peixe Romundina stellina mostrou que os dentes e as escamas están compostas dos mesmos tecidos, tamén encontrado nos dentes dos mamíferos, o que respalda a teoría de que os dentes evolucionaron como unha modificación das escamas.

Mamíferos

Os dentes encóntranse entre as características máis distintivas ( e duradeiras) dos mamíferos. Os paleontólogos utilizan os dentes para identificar as especies fósiles e determinar as súas relacións. A forma dos dentes dos animais está relacionada coa súa dieta. Por exemplo, a materia das plantas é difícil de dixerir, por iso os herbívoros teñen moitos molares para mastigar e moer. Os carnívoros, por outra parte, teñen os dentes caninos para matar a súa presa e desgarrar a carne.

Os mamíferos, en xeral, son difiodontes, que significa que teñen dous xogos de dentes. Nos humanos, o primeiro xogo (os dentes de leite) normalmente aparece en torno aos seis meses de idade, aínda que hai bebés que nacen con un ou máis dentes visibles, coñecidos como dentes neonatais. A erupción dos dentes en torno aos seis meses pode ser dolorosa. Os canguros, elefantes e manatíes teñen un comportamento anormal entre os mamíferos xa que son polifiodontes.

Porco formigueiro

Nos porcos formigueiros, os dentes carecen de esmalte e presentan moitos túbulos pulpares, de aí o nome da orde Tubulidentata.

Caninos

Nos cans, os dentes teñen menos probabilidades de presentar carie cos dos humanos debido ao alto pH da saliva do can, que evita que o esmalte se desmineralice. Os dentes caninos presentan puntos en forma de cúspide que se utilizan para desgarrar e agarrar os alimentos.

Cetáceos

Coma no caso dos dentes dos humanos, os dentes das baleas presentan protuberancias similares aos pólipos localizados na superficie da raíz do dente. Estes pólipos están feitos de cemento en ambas especies, pero no caso dos dentes humanos, as protuberancias alóxanse no exterior da raíz, mentres que nas baleas o nódulo atópanse dentro da cámara pulpar. Mentres que as raíces dos dentes humanos están compostas por cemento na superficie exterior, as baleas presentan o cemento en toda a superficie do dentre cunha capa moi pequena de esmalte na punta. Esta pequena capa de esmalte só se ve nas baleas máis vellas onde o cemento se desgastou para mostrar o esmalte subxacente.

A balea dentada é unha suborde de cetáceos que se caracteriza por ter dentes. Os dentes difiren considerablemente entre as especies. Poden ser numerosos, con algúns golfiños con máis de 100 dentes na mandíbula. Por outro lado, os narvais teñen un cairo xigante parecido a un unicornio que cónten millóns de vías sensoriais e que se utiliza para detectar a presenza de alimento, a navegación e o apareamento. É o dente con maior complexidade neurolóxica dos coñecidos. As baleas picudas son case desdentadas, e só se encontran dentes estraños nos machos. Estes dentes poden usarse para alimentarse, pero tamén para demostrar agresividade e exhibicionismo.

Primates

Nos humanos ( e na maioría de primates) existen normalmente 20 dentes primarios (dentes de leite), e máis tarde desenvolven 32 dentes permanentes. Catro deses 32 dentes seran molares terciarios ou moas do xuízo, aínda que non están presentes en todos os adultos, ou ben poden ser extirpados quirurxicamente ao longo da vida.

Dentro dos dentes de leite, dez deles atópanse xeralmente no maxilar, é dicir, na mandíbula superior. Os outros dez dentes atópanse na mandíbula, é dicir, na mandíbula inferior. Entre os dentes permanentes, 16 encóntranse no maxilar e os outros 16 na mandíbula. A maioría dos dentes teñen características distintivas únicas.

Na Gudiña cren que, cando caen os dentes de leite, deben ser botados ó lume porque se non se fai así e cadra que os come unha galiña non nacerán outros dentes no seu sitio .

Refraneiro

  • Amóstrame os dentes, e direiche o que comeche.
  • Antes son os meus dentes que os meus parentes.
  • Cando penses meter o dente en seguro, atoparas co duro.
  • Cando tiven dentes non tiven pan; e agora que teño pan non teño dentes.
  • Máis quero ter pros meus dentes que pros meus parentes.
  • Malia ó dente que come a semente.
  • O dente do neno que vén temperau, logo trai un novo irmau.
  • O dente i o amigo, sofrilo co seu door e co seu vicio.
  • Onde teño os dentes alí teño as mentes.
  • Quen ten mal dente, ten mal parente

Notas

Tags:

Dente Partes do denteDente OrixeDente MamíferosDente A dentición e os dentes na cultura popular galegaDente NotasDenteLigamentoMaxilar

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel Lugrís FreirePilar AbellaOs demostrativos galegosEstados Unidos de AméricaMickey MouseAs Pontes de García RodríguezFrancisco Porto MellaForma físicaPaíses BaixosIndonesiaMeg RyanOvo (alimento)Voyager 1Irene FerrerasCando petan na porta pola noiteHistoria de AlbaniaAccidente de ChernóbilMalores VillanuevaCorea do NorteAriadna Fernández GonzálezValgaAmieiroPonte Maior de OurenseMaría LadoPavillón Multiúsos Fontes do SarAcrofiliaC++Everton F.C.Longa noite de pedraMúsica tradicional galegaFrancisco Castro VelosoXurxo de CapadociaToniña comúnContactorWilliam ShakespeareCandela PeñaMarilar AleixandreFísicaPrimeira guerra mundialOs EoasPosición do canImperio BritánicoMasturbación coas mamasPetróglifoDios ke te crewBaionaAna Pastor GarcíaPimpín comúnRegulamento xeral de protección de datosPremios Follas Novas do Libro GalegoEllen DeGeneresRuta da pentosa fosfatoHindemburg Melão Jr.ÁureoLlama M-82Secretaría Xeral de Política LingüísticaISBNAlmudena ChacónFederico TrilloCentro público integradoRocco SiffrediHeredeiros da CrusDomingo de AndradeRibadeoÁ lus do candilKarlos ArguiñanoJ. K. RowlingComensalismoAquilesMacrófago alveolarVasoiraCatedral de OurenseHLA-DRLista de voces dos animaisCristovo ColónA PontenovaRede privada virtual🡆 More