O porco formigueiro, ou oricteropo, Orycteropus afer (Pallas, 1766), é un mamífero de tamaño medio, propio da África subsahariana, onde vive en sabanas, pradarías e zonas boscosas.
Este animal, solitario e de hábitos nocturnos, é a única especie vivente do xénero Orycteropus, da familia dos oricteropódidos (Orycteropodidae) que, á súa vez, é a única da orde dos tubulidentados (Tubulidentata). En consecuencia, está considerado como un fósil vivente, que conserva trazos primitivos que perderon euterios máis avanzados como, por exemplo, a presenza de dez cromosomas.
Porco formigueiro, oricteropo Orycteropus afer Rango fósil: mioceno temperán - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Orycteropus afer (Pallas, 1766) | |||||||||||||||||
Distribución posíbel do porco formigueiro |
O aspecto do porco formigueiro semella mesturar orellas de coello, un fociño de porco e unha cola de canguro. Como os osos formigueiros e os pangolíns, o porco formigueiro desenvolveu adaptacións notábeis no seu xeito de alimentación. Ataca directamente niños de formigas e térmites, cunha lingua moi longa e uns dentes especialmente modificados. Utiliza as súas grandes poutas en forma de pá para escavar buratos onde refuxiarse, que despois son empregads por unha multitude de animais unha vez o porco formigueiro os abandona.
Malia que a UICN considera que o status do porco formigueiro é LC (pouco preocupante), e que as poboacións desta especie son máis ou menos estábeis, resulta difícil avaliar o seu estado con gran precisión. Podería ser que estivese esmorecendo por mor do crecemento da presenza humana e conseguinte urbanización, a destrución e conversión do seu hábitat en campos de cultivo ou a caza de subsistencia.
A orde dos Tubulidentata foi descrita en 1872 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley.
A familia Orycteropodidae descibiuna en 1821 o naturalista inglés John Edward Gray, en London Med. Repos., 15: 305.
A descrición do xénero Orycteropus débese ao naturalista francés Georges Cuvier, que o fixo en 1798, na páxina 144 da súa obra Tableau élémentaire de l'histoire naturelle des animaux (1797-1798).
Finalmente, a especie Orycteropus afer describiuna en 1766 o médico e Wiki Galegozoólogo alemán Peter Simon Pallas, baixo o nome de Myrmecophaga afra.
Dentro desta especie distínguense as seguintes 17 subespecies:
Na actualidade recoñécense, dentro da orde, unha soa familia, con 4 xéneros, tres deles extintos.
O nome da orde, Tubulidentata, está composto polo elemento do latín científico tubuli-, do xenitivo de tubulus, i, diminutivo do latín clásico tubus, "tubo", e dentata, nominativo plural do adxectivo latino dentātus, -a, -um, "dentado", "con dentes". Literalmente: "os que teñen dentes con tubiños".
O da familia, Orycteropodidae, constrúese coa adición á raíz Oryctopod-, do nome do xénero (Oriycteropus) da desinencia ´-idae, propia dos nomes das familias de animais.
O xenérico, Oriycteropus, está formado polo elemento do latín científico Oryctero-, tirado do grego antigo ορυκτόσ, -ή -óυ oryktós, -'ē, -ou, "escavado", participio do verbo ορύσσω orýsso, "escavar", e o elemento do latín científico -pus, derivado do grego antigo πούς poús, "pé", "pata". Literalmente: "o que escava coas patas".
Finalmente, o nome específico, afer, está tomado do adxectivo do latín clásico Afer, -fra, -frum, "africano", "africana".
O corpo do único representate actual do grupo, o porco formigueiro (Oryteropus afer), non responde aos cánones de beleza establecidos para os animais polo home occidental do noso tempo. A súa longa e cilíndrica cabeza, os seus enormes pavillóns auditivos, a súa pel case espida, as fortes uñas das súas patas, os seus desproporcionados cuartos traseiros, e a súa cola como a dun canguro, compoñen a imaxe mesma do grotesco.
Pero o seu aire torpe e o seu aspecto desamañado transfórmanse en beleza funcional cando o animal comeza a escavar as súas galerías. Apoiado sobre a cola e as extremidades posteriores, rasca con rapidez e sorprendente rendemento o duro solo africano cos membros anteriores e proxecta con forza, coas posteriores e a cola, a terra removida, operacións todas elas que realiza cunha velocidade tal, que antepón a fuxida á construición dun tobo onde ocultarse cando un repentino perigo o sorprende lonxe do seu refuxio habitual.
É un animal inconfindíbel, do tamaño dun porco, que alcanza unha lonxitude de até os 2 m (incluíndo a cola), e un peso de entre 50 e 80 kg. A altura na cruz é de 60 a 65 cm.
A cabeza é alongada e tubular; con orellas grandes e similars, na súa forma, ás dunha lebre. O fociño, tamén alongado, é parecido ao dun porco; na boca ten unha lingua moi longa, que sobresae da boca a miúdo; presenta uns dentes especialmente modificados, con numeroos prismas de dentina. As orellas son moi logas, así mesmo tubulares, e rematadas en punta.
O corpo, repoludo e co lombo arqueado, está cuberto dunha pelaxe delgada, con numerosas vibrisas na cabeza. As patas son curtas e poderosas, rematadas en catro dedos as dianteiras e cinco nas posteriores; os dedos están provistos de fortes garras, aínda que non afiadas. A súa marcha é dixitígrada.
A cola é longa e forte, moi musculosa, e moi grosa na base.
A pel é grosa, escasamente cuberta de pelos sedosos de cor gis apardazada apagada, máis escura nas patas, aínda que moitas veces aparece coloreada pola terra. A cola, ás veces, é algo máis clara.
Presenta glándulas sebáceas e sudoríparas.
O cranio dos oricteropos é alongado, e presenta arcos cigomáticos ben desenvolvidos.
As fosas orbitais e temporais conflúen entre si. O número de espirais nasais é maior ue en calquera outro mamífero.
A mandíbula é delgada, pero ten ramas completamente desenvolvidas e unha sínfise longa.
A clavícula está ben desenvolvida. As patas dianteiras presentan catro dedos, e as traseiras, cinco.
As falanxes posteriores presentan un suco lonxitudinal.
Os hemisferiols cerebrais do oricteropo teñen poucas coircopunvolucións. Os centros do olfacto están moi ben desenvolvidos. Os seus olls son bastante grandes, adaptados para a visión nocturna, provistos só de bastonetes, e cunha membrana reflectante moi ben desenvolvida. Porén, os seus sentidos principais son os do olfacto e o do oído. Presentan, ademais, órgano de Jacobson.
O porco formigueiro presenta dentes deciduos só no embrión, consistentes en incisivos, caninos e premolares. Na dentición permanen te os pequenos caninos e premolares son rudimentarios e non se utilizan. Os dentes iugais (de catro a sete, normalmente cinco por serie) están en constante crecemento, e caracterízanse por unha estrutura peculiar. Os dentes anteriores teñen forma ovalada. Os posteriores teñen unha forma similar á do número 8. Consisten en numerosos túbulos de paredes de dentina, co centro formado pola cavidade alveolar.
A lingua é estreita e aplanada. As glándulas salivares son grandes. O estómago é único, e as súas paredes son moi musculadas; o cego é pequeno. A larinxe esténdese até a cavidade nasal, o que axuda a conservar os condutos nasais libres de comida.
O porco formigueiro aliméntase principalmente de térmites e, ocasionalmente, dalgúns outros insectos, como formigas e outros. Utiliza os seus potentes membros para buscar nos termiteiros, e alcanzan os insectos coa axuda da súa pegañenta lingua ou, simplemente, succionándoos.
Os riles non están divididos, e son lisos. Os testículos están situados baixo a pel, e carcen de escroto. O pene é curto e carece de baculum (óso peneano). O útero é duplo. A placenta, zonaria. As femias teñen dous pares de mamas.
Despois dun período de xestación de sete meses nace unha soa cría, en ocasións dúas. Os partos prodúcense de outubro a novembro na África central, e de maio a agosto na África meridional. As crías, de cor carne, nacen co ollos abertos e permanecen dúas semanas no tobo; despois xa seguen á nai cando esta vai en busca de comida. As crías comezan a comer os primeiros alimentos sólidos aos 3 meses, pero son amamentadas durante 4 meses. Aos 6 meses xa poden facer vida independente, pero os xuvenís quedan coa nai até que nace a seguinte camada.
Os oricteropos son animais nocturnos, raramente activos durante o día. Escavan profundos tobos onde pasan as horas diúrnas, saíndo á noitiña, e son activos principalmente durante as noites máis escuras.
Viven en áreas abertas, sabanas, pradarías e bosques claros, evitando os bosques densos, principalmente en zonas de solos areosos ou arxilosos, onde é máis doado escavar, e onde abunden os térmites.
Habitan na África subsahariana, desde unha liña que vai desde Senegal a Eritrea, polo norte, até o Cabo de Boa Esperanza, polo sur. Véxase o mapa de distribución na caixa de clasificación científica, arriba, á dereita, deste artigo.
É un animal solitario, pero os individuos xuvenís acompañan á súa nai durante longo tempo.
Son escavadores de tobos moi activos e moi potentes, que cavan o solo a unha velocidade sorprendente.
As femias teñen querenza por determinados lugares, aos que volven con regularidade.
En cambio, os machos perece que son máis vagamundos.
Os tobos poden ser simples buratos cunha soa entrada, ou poden formar un complicado labirinto de galerías con até 20 ou 30 entradas, dispersadas sonre unha área de até 400 m2. O túnel (ou túneles) remata nunha ampla cámara.
Os tobos abandonados son usados como refuxio por unha ampla variedade doutros animais, desde réptiles (lagartos e serpes), morcegos, pequenos carnívoros, esquíos terrestres, lebres, porcos espiño e curuxas e outras aves, até facóqueros. Deste xeito teñen unha considrábel importancia ecolóxica.
Moitas características da estrutura corporal dos tubulidentados indican a súa relación cos ungulados é, particularmente, coa primeira das súas ordes extinguida, a dos condilartros, que viviron no paleoceno e no eoceno. Cabe supoñer que se separaron dos outros ungulados no terciario inferior, desenvolvéndose independentemente e mostrando adaptacións para alimentarse de insectos. O máis probábel é que esta evolución tivera lugar en África, e que no terciario os tubulidentados se estenderan por Europa e Asia de forma só temporal. As semellanzas entre esta orde e os edentados e os pangolíns producíronse pola súa forma de vida similar, é dicir, trátase dun fenómeno de converxencia adaptativa.
Encontráronse tubulidentados fósiles no mioceno e o plioceno de África, e no plioceno de Europa e Asia meridional. Estes fósiles poderían incluírse dentro do xénero Orycteropus, porque non proporcionan moita información sobre a orixe da orde. Porén, moitos autores contemporáneos, como Lehmann, Patterson e MacInnes distinguen até 4 xéneros.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porco formigueiro |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Porco formigueiro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.