África Subsahariana: Rexión africana

África subsahariana é unha rexión xeográfica que abrangue os países do continente africano situados ao sur do deserto do Sáhara e que non forman parte da rexión coñecida como Noráfrica.

África Subsahariana: Estados de África Subsahariana
Mapa xeográfico de África que mostra a fronteira ecolóxica que determina á rexión subsahariana.

Dende o século XIX este territorio empezou a ser coñecido tamén coa expresión África negra por parte dos occidentais, describindo a unha zona habitada por individuos de raza negra e que non fora "descuberto" nin "colonizado" por parte dos europeos. Ese termo caeu en desuso, e foi catalogado como despectivo.

Dende o fin da última idade do xeo, o norte e a zona subsahariana atoparon no deserto do Sáhara unha fronteira natural case insalvable, salvo por pequenos escapes como o río Nilo. O termo subsahariano atopa un sinónimo en "África Tropical", intentando destacar a súa diversidade ecolóxica, aínda que a parte austral conta cun clima totalmente diverso.

África subsahariana é por moitos considerada como a rexión máis pobre do planeta, sufrindo os graves legados do colonialismo, o neocolonialismo, os conflitos étnicos e inestabilidade política. Nesta rexión sitúanse os países menos desenvoltos do planeta, con grandes debilidades estruturais. É tamén esta rexión, principalmente a zona oriental, o berce da especie humana, dende onde se iniciou o poboamento da Terra (probablemente en Etiopía ou Tanzania). Foi durante moitos anos o lugar onde se desenvolveron de maneira extraordinaria, como os imperios do Congo, Nubia, Uagadugu (en Ghana), Malí, Nok, Songhai, Kanem-Bornu, Benín e o Gran Cimbabue.

Estados de África Subsahariana

África Subsahariana: Estados de África Subsahariana 
Un mapa político que reflicte a división ecolóxica do continente.

Existen 42 países situados na rexión subsahariana, e deles seis teñen a condición de ser illas. Estes últimos inclúen a Madagascar, Seicheles, Comores, Cabo Verde e San Tomé e Príncipe. Mauricio non é normalmente contabilizado como parte desta rexión, xa que os seus principais grupos étnicos son hindús, chineses e franceses. De acordo con esta clasificación, os países da África Subsahariana son:

África Central

África Oriental

África Austral

África Occidental

Nacións Insulares Africanas

Territorios e posesións

Tags:

África Subsahariana Estados de África SubsaharianaDeserto do SáharaÁfricaÁfrica do Norte

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ArxentinaLista de episodios de DoraemonGolfiño comúnSalvador DalíToniña comúnCanle (comunicación)Galileo GalileiPastora Dominga González ViéitezAdriano Correia de OliveiraJosé López CamposXestaoyz9zUniversidade de Santiago de CompostelaIsaac NewtonGheadaGoizuetaLeitzaldeaLiteratura infantilAlfonso Daniel Rodríguez Castelao2003The HivesParlamento de GaliciaNightmare Alley (filme de 2021)Totó GarcíaXavi HernándezCristiano RonaldoCinema pornográficoBélxicaPosición aconchegadaForcareiGalego-portuguésMaría Xosé QueizánCeleste CaeiroXabier DeiveLista de voces dos animaisLeymaVigoBeraCarlos CasaresXXX edición dos Premios GoyaParroquias de GaliciaDomingoOs adverbios galegosFrancisco AsoreyMaruxa MalloAlfonso Basterra CamporroBrasiliaJohn Forbes NashDos arquivos do trasnoGoretti SanmartínManuel Curros EnríquezYolanda DíazGran Guerra IrmandiñaVerbos galegos ser, estar e irCastro de Punta do BicoVilagarcía de ArousaShinovaVicente RiscoNúmero piVacaÁnxel CasalO divino saineteSéculos EscurosLista de estacións de tren de GaliciaJosé SaramagoBritney SpearsIsabel Díaz AyusoMark WahlbergPunta UmbríaEsther EstévezDía das Letras Galegas🡆 More