Agalychnis Callidryas: Especie de anfibio

A Agalychnis callidryas é unha especie de anfibio anuro da familia de Hylidae, que habita dende o sur de México até o noroeste de Colombia.

Salienta polos seus grandes ollos vermellos con pupila vertical. Como adultos chegan a ter cores brillantes sobre todo o seu corpo. Predomina o verde, pero usualmente presentan outras cores como azul ou amarelo. As patas dianteiras presentan un azul brillante, mentres que as traseiras son vermellas ou alaranxadas. A coloración desta ra é moi rechamante. O macho é máis pequeno que a femia: 56 mm e a femia 71 mm. Son de hábitos nocturnos e arborícolas. Aliméntase primordialmente de insectos. Entre os seus depredadores pódense nomear as aves, morcegos e serpes. A súa pel contén toxinas, pero non son tan poderosas.

Agalychnis callidryas
Agalychnis Callidryas: Hábitat, Notas, Véxase tamén
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Suborde: Neobatrachia
Familia: Hylidae
Xénero: Agalychnis
Especie: A. callidryas
(Cope, 1862)
Agalychnis Callidryas: Hábitat, Notas, Véxase tamén

Sinonimia
  • Hyla callidryas Cope, 1862
  • Agalychnis helenae Cope, 1885

Hábitat

Agalychnis Callidryas: Hábitat, Notas, Véxase tamén 
Espécime amosando as súas cores rechamantes.

Prefiren as terras baixas húmidas dos bosques chuviosos, en áreas achegadas a corpos de auga. Descubríronse incompatibilidades xenéticas entre individuos de diferentes rexións xeográficas dentro do mesmo país de orixe, polo que a pesar do seu gran parecido morfolóxico empézase a dubidar de que todas pertenzan á mesma especie.

As ras arborícolas depositan os ovos na vexetación que pendura enriba da auga. É un comportamento reprodutivo curioso e cando chega o momento da eclosión, a cuberta dos ovos vaise desfacendo e os cabezolos escorregan pola folla e caen á auga, onde levan unha vida como calquera larva de anuro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Agalychnis Callidryas HábitatAgalychnis Callidryas NotasAgalychnis Callidryas Véxase taménAgalychnis Callidryas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CristianismoLeira (agricultura)BrasilJosefina Ling LingSoajoCesáreo Sánchez IglesiasPedra de raio (folclore)MicrosoftLingua irlandesaVulvaLareiraEstripeiroLotaríaMaioAntigo ExiptoArandoGuerra da Tripla AlianzaPedro Froilaz de TrabaXabier DíazCapital (economía)Suomen JääkiekkoleijonatCaralloAna RomaníPardo de CelaCopia por contactoIsabel I de InglaterraItalia97Castros da provincia de OurensePablo DíazParísSPneumáticaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCroaciaLingua árabeAntonio Benito FandiñoMarcial SuárezGalego-portuguésMercedes González CastroXohana Torres1999Delegación do Goberno en GaliciaManuel MurguíaNatalia Puente PradoHistoria do CairoColocación do pronome átono en galegoRebentaboisXosé Manuel PiñeiroUcraínaKurdistánMarga Pazos7SeychellesObxectivos de Desenvolvemento SostíbelPazos, VerínRapa das bestasÁ lus do candilAgostoEuropaPaulino VázquezSingapurPicapeixeSapoconcho comúnContactorTelescopioArtistaImpresión dixitalTECOR societarioManuel CabezasPartido Independentista PortorriqueñoSabugueiroLuís TorrasXabier Deive🡆 More