Sésamo: Especie de planta

O sésamo (Sesamum indicum) é unha planta cultivada polas súas sementes ricas en aceite, que se empregan en gastronomía, como por exemplo no pan para hamburguesas.

Sésamo
Sésamo: Composición nutricional, Comercialización, Usos
Sésamo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Pedaliaceae
Xénero: Sesamum
Especie: S. indicum
Nome binomial
Sesamum indicum
L.

Tamén é empregado para a elaboración de doces. É orixinario da India e de África, dende onde chegou a América transportada polos escravos, os cales utilizaban as súas sementes para espesar e dar sabor aos pratos. Nos estados sureños dos EUA e no Caribe, onde o sésamo foi introducido por escravos africanos, coñécese polo seu nome africano: benne.

Sésamo: Composición nutricional, Comercialización, Usos
Planta de sésamo

Cerca dun terzo do sésamo importado por EUA de México é adquirido por McDonald's para usar en comidas (The Nut Factory 1999).

As mulleres da antiga Babilonia comían halva, unha mestura de mel e sementes de sésamo, para prolongar a súa xuventude e beleza; e os soldados de Roma facían o mesmo para aumentar a súa fortaleza e enerxía.

Composición nutricional

Sementes de sésamo
Valor nutricional por 100 gramos
Enerxía573 kcal (2 400 kJ)
23.4
Azucres0.3
Fibra alimentaria11.8
49.7
Saturadas7.0
Monoinsaturadas18.8
Poliinsaturadas21.8
17.7
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A9 IU
Tiamina (B1)
69%
0.79 mg
Riboflavina (B2)
21%
0.25 mg
Niacina (B3)
30%
4.52 mg
Vitamina B6
61%
0.79 mg
Ácido fólico (B9)
24%
97 μg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina E
2%
0.25 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
98%
975 mg
Ferro
112%
14.6 mg
Magnesio
99%
351 mg
Fósforo
90%
629 mg
Potasio
10%
468 mg
Sodio
1%
11 mg
Cinc
82%
7.8 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga4.7 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

As sementes de sésamo posúen unha elevada cantidade de proteínas, ademais de ser ricas en metionina, un aminoácido esencial. As graxas que contén son insaturadas, é dicir 'boas', o que xunto ao seu contido de lecitina e fitosterois convérteas nun alimento que contribúe a reducir o nivel de colesterol sanguíneo. Igualmente son destacables os seus altos niveis de calcio (que intervén na formación de ósos e dentes), de ferro (que desempeña numerosas e importantes funcións no organismo), así como de zinc (mineral que participa no metabolismo dos hidratos de carbono, as graxas e as proteínas, e incluso prevén a impotencia masculina).

Tamén contén lignanos, incluíndo a sesamina, un fitoestróxeno con propiedades antioxidantes e anticanceríxenas. Entre os aceites comestibles de seis especies, o de sésamo ten o maior contido antioxidante.

As sementes de sésamo posúen tamén boas cantidades de fibra, polo que o seu consumo resulta beneficioso para a regulación da función intestinal.

Comercialización

A forma máis común de adquirir e consumir o sésamo é en forma de quinua ou quinoa. As sementes poden estar xa incluídas en produtos como o pan torrado ou as galletas de sésamo, ou ben poden engadirse a gran variedade de pratos. Resultan exquisitas en ensalada e en pratos de pasta ou arroz, grazas ao peculiar sabor e textura que presentan, en España, Italia, Francia, Grecia e no Próximo Oriente é común o consumo do sésamo espolvoreado sobre tortas de aceite, ou rosquillas como as chamadas taralli, koulourakia, pasteli ou simit, así como na baclava. Por outra parte é con sésamo que se confecciona un dos aliños principais da comida do Mediterráneo Oriental, o tahina, no Medio Oriente o sésamo é compolente principal do prato coñecido como halva, no Xapón do goma-dofu, na China dos bolos chamados din deui ou matuan, en Vietnam do báh hrán.

Outro dos modos máis frecuente de encontralo é en aceite. Este obtense a partir do prensado en frío das sementes. Convén ter en conta que para poder aproveitar todas as propiedades que o aceite de sésamo posúe é importante compralo sen refinar.

Existen moi diversas formas de incluír o sésamo na dieta, como por exemplo en forma de tahini, unha pasta de sésamo de consistencia cremosa moi fácil de preparar, en forma de gomasio, nome que recibe o sal de sésamo, ou como salsa de sésamo, apta para acompañar case calquera tipo de alimento grazas ao seu suave e agradable sabor.

Usos

Sésamo: Composición nutricional, Comercialización, Usos 
Sementes de sésamo branco

Actualmente, as sementes de sésamo son unha das sementes oleaxinosas máis utilizadas na cociña e repostaría internacional, sobre todo na oriental. Úsase frecuentemente na cociña como unha especie de acompañamento de pratos e como produto elaborado hai o aceite de sésamo, moi frecuente na cociña asiática.

O sésamo emprégase como alimento das larvas dalgunhas especies de Lepidopteras como Agrotis segetum.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Sésamo Composición nutricionalSésamo ComercializaciónSésamo UsosSésamo NotasSésamo Véxase taménSésamoAceiteAméricaCaribe (rexión)EscravoEstados Unidos de AméricaGastronomíaHamburguesaIndiaPanPlantaSaborSementeÁfrica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AC-211MorañaTenda en liñaBrad PittGoretti SanmartínGata CattanaTigreWilliam ShakespeareAlcaldes da CoruñaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2020Francisco Castro VelosoEscudo de GaliciaProvincias de EspañaDepartamento de ApurímacLingua kusaalVigoXosé Ramón Fernández-OxeaLista de episodios de DoraemonTereixa NavazaRafael NadalJosé de RiberaElvira RiveiroMegasaJulián ElviraVilalbaArte posmodernaAmorodeiraFosfatidilcolinaJude BellinghamDores TembrásCelso Emilio FerreiroXabier DeiveConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeHelsingin JalkapalloklubiGuillermo Alonso BarciaAmieiroNordés (vento)Torre de HérculesLingua igalaAP-9J. R. R. TolkienVerbos galegos ser, estar e irMecanismo de AnticiteraLeopoldo Calvo-Sotelo BusteloRío DanubioPrehistoriaAmeixa (molusco)La Voz de GaliciaMickey Mouse ClubhouseCando petan na porta pola noiteCromosomaMy Little PonyBenito KamelasCarlos de Matos GomesSete SabiosMarcos PereiroDodroIbai LlanosPoesíaSalgueiroSabela (Operación Triunfo)BlogMartiño de DumioGonzalo LouzaoLucas VázquezXosé Neira VilasAlba ManceboOs ÁnxelesMartín CodaxPep GuardiolaFrancisco de QuevedoRosalía de Castro🡆 More