Lago Baikal: Lago no sur da Siberia oriental

O lago Baikal (ruso: о́зеро Байка́л, Ózero Baykal; buriato: Байгал нуур, Baigal nuur; mongol: Байгал нуур, Baigal nuur, etimoloxicamente o significado en mongol e o lago da natureza) é un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk.

O seu nome deriva do tártaro Bai-Kul, «lago rico». Na tradición rusa, o lago é chamado «mar», e nas linguas buriata e mongol é chamado «Dalái-Nor», ou «Mar Sagrado». Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas, que foi das mellores do planeta e que está perdéndoa progresivamente debido á contaminación.

Lago Baikal
Озеро Байкал - Ózero Baikal
Lago Baikal Озеро Байкал - Ózero Baikal
Costa do lago Baikal coas vías do tren.
Mapa Baikal
PaísRusia Rusia
RexiónSibéria oriental
LocalizaciónLago Baikal: Historia, Características, Biotopo Óblast de Irkutsk
Lago Baikal: Historia, Características, Biotopo República dos Buriatos
Coordenadas53°30′N 108°12′L / 53.5, 108.2108°12′L / 53.5, 108.2
Superficie31.722 km²
Capacidade23 615 390 hm³
Lonxitude636 km
Ancho79 km
Conca fluvialRío Ienisei
Cota455,5 msnm
Costa2.100 km
Profundidade1 642 m
Prof. media744.4 m
TipoLago de auga doce de orixe tectónica
AfluentesSelenga, Chikoy, Khilok, Uda, Barguzin, Angara
DesauguesAngara
Illas27 (Olkhon)
CidadesIrkutsk
Referencia* Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas.

Este lago forma parte do sistema fluvial Ienisei-Angara-lago Baikal-Selenga-Ider, que ten unha lonxitude de 5 539 km e considérase o quinto río máis longo do mundo, tralo Amazonas, Nilo, Yangtzé e o Mississippi-Missouri.

O Baikal é o lago do mundo que máis auga doce contén, arredor do 22-23% da auga doce mundial non conxelada. Con 23 615,39 km3 de auga doce, contén máis auga que todos os Grandes Lagos de Norteamérica. Cunha profundidade máxima de 1 642 m, o Baikal é tamén o lago máis profundo do mundo. Está considerado como un dos lagos con menor turbidez do mundo e o máis antigo cunha idade de 25–30 millóns de anos. Ao igual co Lago Tanganica, o Baikal formouse nun antigo foso tectónico tendo a típica forma longa e crecente e ocupando unha superficie 31 722 km2, que o converten no sétimo maior lago do mundo.

O lago Baikal foi declarado pola UNESCO Patrimonio Mundial da Humanidade en 1996.

A área pouco definida arredor do lago é ás veces coñecida como Baikalia. É menos común que o concepto de Transbaikalia ou Dauria, a rexión ao leste do Baikal, fogar de miles de especies vexetais e animais, moitas das cales son endémicas da rexión. É tamén o fogar dos buriatos, criando gando, cabras, camelos, ovellas e cabalos, onde a temperatura varía desde un mínimo de -19 °C ata un máximo de 14 °C.

Historia

Exploración rusa e conquista

Lago Baikal: Historia, Características, Biotopo 
Un círculo de xeo fino (de cor escura, cun diámetro de ao redor de 4,4 km, probablemente causada por convección): este é o punto focal para que o xeo rompa no extremo sur do lago.

A expansión rusa na área do pobo buriato ao redor do lago Baikal entre os anos 1628-58 é considerada parte da conquista rusa de Siberia. Realizouse por primeira vez remontando o río Angara augas arriba desde a localidade de Yeniseysk (fundada en 1619) e máis tarde desprazándose cara ao sur desde o río Lena. Os rusos oíran falar por primeira vez dos buriatos en 1609 na cidade de Tomsk. De acordo con algúns contos populares relatados un século despois do feito, en 1623, Demid Pyanda, que puido ser o primeiro ruso en chegar ao Lena, cruzou desde a parte superior do Lena ao Angara e logrou alcanzar Yeniseysk. Vikhor Savin (1624) e Maksim Perfilyev (1626 e 1627-28) exploraron o país dos tungus no baixo Angara. Cara ao oeste, a localidade de Krasnoyarsk, no Ienisei superior, foi fundada en 1627 e desde alí partiron cara ao leste unha serie de mal documentadas expedicións. En 1628 Piotr Beketov atopou por primeira vez un grupo de buriatos e conseguiu que lle tributasen o yasak (tributo en peles que pagaban os pobos indíxenas de Siberia.) na futura sede de Bratsk. En 1629, Yakov Khripunov partiu de Tomsk para atopar unha mina de prata da que había moitos rumores. Os seus homes pronto empezaron a saquear tanto aos rusos como aos nativos. A eles uníuselles outro grupo de Krasnoyarsk, pero abandonaron o país buriato cando escasearon os alimentos. A súa incursión fixo que fose difícil que outros rusos entrasen na zona. En 1631 Maksim Perfilyev construíu un ostrog (fortaleza) en Bratsk. A pacificación tivo un éxito moderado, xa que en 1634 foi destruída Bratsk e morta a súa guarnición. (A historia conta que os buriatos, que non sabían como utilizar armas de fogo, decidiron queimar os mosquetes, xunto cos cosacos mortos. O lume provocou que as armas de fogo se disparasen e matasen a unhas poucas persoas, o que levou a pensar aos buriatos que os rusos seguían loitando logo de mortos.) En 1635 Bratsk foi reconstruída por unha expedición de castigo ao mando de Radukovskii. En 1638 foi sitiada de novo sen éxito.

En 1638 Perfilyev cruzou desde o Angara trasladandose por terra ata alcanzar o río Lena e descendeu augas abaixo ata Olyokminsk. De volta, navegou polo río Vitim na área oriental do lago Baikal (1640), onde escoitou informes sobre o país do Amur. En 1641 fundouse na parte superior do Lena unha nova localidade, Verjolensk. En 1643 Kurbat Ivanov foi máis aló remontando o Lena e converteuse no primeiro ruso que viu o lago Baikal e a illa de Oljón. A metade da súa espedición, ao mando de Skorokhodov, mantívose no lago, alcanzando o resto o Alto Angara no seu extremo norte e invernando no río Barguzin, no lado nordeste. En 1644 Iván Pokhabov subiu o Angara ata o Baikal, converténdose talvez no primeiro ruso en utilizar esa ruta, difícil debido aos rápidos. Cruzou o lago e explorou o río Selenga inferior. Cara a 1647 repetiu a viaxe, obtendo guías e visitando ao 'Tsetsen Khan' preto de Ulán Bátor. En 1648, Iván Galkin construíu un ostrog no río Barguzin que se converteu nun centro para a expansión cara ao leste. En 1652 Vasily Kolesnikov informou desde Barguzin que se podía chegar ao país de Amur, seguindo os ríos Selenga, Uda e Khilok ata alcanzar os futuros sitios de Chitá e Nerchinsk. En 1653 Piotr Beketov, no seu segundo gran viaxe para explorar e recadar impostos, tomou a ruta de Kolesnikov ata o lago Irgen, ao oeste de Chita, e ese inverno un dos seus homes, Urasov, fundou Nerchinsk, a beiras do río Nercha. A seguinte primavera tratou de ocupar Nerchensk, pero foi obrigado polos seus homes a unirse a Stephanov no Amur. Nerchinsk foi destruído polos tungus locais, pero restaurado en 1658.

Características

Lago Baikal: Historia, Características, Biotopo 
Unha enquisa da cobertura de xeo feita desde unha lancha sobre un coxín de aire Hivus-10

Con 31.722 km² de superficie, 636 km de longo, 80 km de ancho e 1680 m de profundidade (recoñecidos ata o momento), o lago Baikal é o maior dos lagos de auga doce e o máis profundo do mundo. Contén 23.600 km³ de auga, equivalente ao 20 % da auga doce non conxelada de todo o planeta. É un dos lagos con menor índice de turbidez no mundo, rexistrándose marcas superiores aos 20 metros de profundidade mediante a utilización de discos Secchi. O lago Baikal é tan grande que se todos os ríos na Terra depositasen as súas augas no seu interior, levaría polo menos un ano para encher.

Calcúlase que a formación do lago Baikal data de hai 25-30 millóns de anos, sendo un dos lagos máis antigos en termos de historia xeolóxica. Entre os grandes lagos de altas latitudes, é o único que non viu os seus sedimentos afectados por glaciares continentais. As investigacións dos sedimentos feitas na década de 1990 proporcionan unha relación detallada de variación climática durante os pasados 250.000 anos. Espéranse investigacións máis detalladas. Se todo o sedimento fora extraído, o lago tería 9 km (5,5 millas) de profundidade.

Lago Baikal: Historia, Características, Biotopo 
Illa de Olkhon.

O lago está totalmente rodeado por montañas e contén unhas 22 illas pequenas, a maior das cales, Olkhon, ten 72 km de longo. Uns 300 ríos fornecen de auga ao lago; seis dos maiores son: Selenga, que é tamén a fonte de parte da contaminación que chega a Baikal, Chikoy, Khiloh, Uda, Barguzin e Alto Angara; a auga flúe fóra do lago por unha soa vía, o río Angara.

Nalgúns sitios supera os 1.600 m de profundidade. O fondo do lago está a 1.285 m baixo o nivel do mar, sendo a fisura continental máis profunda da Terra. O seu volume (23.000 km³) é aproximadamente equivalente ao volume total dos cinco Grandes Lagos de Norteamérica, ou preto do 20% do total dos abastos de auga doce no planeta.

O Baikal é un lago de fisura nova. A fisura ensánchase uns dous centímetros por ano. A zona da falla está sismicamente activa: hai fontes de augas termais na área e ocorren terremotos notábeis cada certos anos.

Biotopo

Son poucos os lagos que poden competir co Lago Baikal en termos de biodiversidade. Tantas como 852 especies e 233 variedades de algas, máis unhas 1.550 especies e variedades de animais habitan nos arredores do lago, moitas deles especies endémicas, incluíndo a mundialmente famosa foca do Baikal (Phoca sibirica), o único mamífero que vive no lago.

O Baikal é recoñecido pola singular claridade das súas augas. O estabelecemento dunha planta de procesamento de polpa de madeira e celulosa no extremo sur do lago, orixinalmente planificada en 1957, xerou protestas silenciosas que, á súa vez, causaron un despertar ecolóxico entre a clase educada de Rusia, aínda que non na burocracia soviética. Aínda así, a dita planta continúa vertendo desperdicios nas augas de Baikal. O impacto desta contaminación no Baikal e outras afluencias similares é estudada anualmente polo Instituto Tahoe Baikal, un programa de intercambio entre científicos dos Estados Unidos, Rusia e Mongolia e estudantes graduados iniciado en 1989.

Moi pouco se coñecía do Lago Baikal até que deu comezo a construción do tren Transiberiano. O circuíto escénico que dá a volta ao redor do lago requiriu de 200 pontes e 33 túneles. Ao mesmo tempo, (1896-1902), unha numerosa expedición hidrográfica encabezada por F.K. Drizhenko produciu o primeiro atlas detallado das profundidades de Baikal.

Vida silvestre

O Lago Baikal alberga 1.085 especies de plantas e 1.550 especies e variedades de animais. Máis do 60% dos animais son endémicos; por exemplo, de 52 especies de peixes, 27 son endémicos.

Cabe salientar unha subespecie do peixe omul (Coregonus autumnalis migratorius), pescado, afumado e vendido en todos os mercados ao redor do lago. Para moitos viaxeiros do Tren transiberiano, comprar omul afumado é un dos atractivos da longa travesía.

O Baikal tamén é o único hábitat da nerpa, ou foca do Baikal.

Osos e veados tamén se poden ver nas costas do lago Baikal.

Economía

Unhas cincuenta mil persoas viven preto do lago en condicións difíciles. Os chans son pobres e o peixe e as patacas son a base da alimentación diaria. A construción do ferrocarril Baikal-Amur provocou unha chegada de poboación a zona. No extremo sur do lago, a vila de Sliudianka destaca pola fabricación de materiais para a construción e o procesamento de peixe.

A pesca practícase durante todo o ano, ata no inverno logo de perforar o xeo. As augas do lago son moi oxixenadas e, xa que logo, moi ricas. O omul (Coregonus migratorius) é un peixe moi popular pola súa carne saborosa e o esturión polo seu caviar. Debido á súa forma alargada, o Baikal é unha excelente vía navegábel nesta rexión montañosa e de difícil acceso, pero queda cuberta polo xeo preto da metade do ano e durante o inverno todos os barcos de pesca, turísticos ou para a exploración científica quedan paralizados nos portos. O tráfico non se restablece ata o desxeo.

Turismo

Lago Baikal
Lago Baikal: Historia, Características, Biotopo 
Paisaxe no lago Baikal
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísLago Baikal: Historia, Características, Biotopo  Rusia
Localización53°30′N 108°0′L / 53.500, -108.000
TipoNatural
CriteriosVII, VIII, IX, X
Inscrición1996 (20ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador754

O lago Baikal, chamado A Perla de Siberia, converteuse nun punto de atracción para a industria turística nos últimos anos provocando un auxe económico na zona. O paso do tren transiberiano pola zona, tamén contribúe ao atractivo do lago.

O lago Baikal foi declarado como Patrimonio da Humanidade, pola UNESCO, en 1996. No 2005 o goberno ruso declarou a zona como rexión de interese económico especial. A vila de Listvianka é onde o turismo está máis desenvolvido, con restaurantes, hoteis e boas vías de comunicación. A creación da Great Baikal Trail (Большая Байкальская Тропа), unha asociación para promover carreiros de gran percorrido, dotou á zona dunha rede de camiños que permite aos turistas practicar o sendeirismo. Debido á enorme cantidade de auga do lago, a súa temperatura apenas excede os 10 °C en xullo e agosto, o que fai que sexa pouco adecuado para o baño. Grazas á política de zonas económicas especiais está prevista a construción de novos hoteis e novas áreas turísticas.

Lago Baikal: Historia, Características, Biotopo 
O lago no verán visto desde Bolsxie Koti na marxe sueste.
Lago Baikal: Historia, Características, Biotopo 
O lago no inverno, visto dende o centro turístico de Listvianka. O xeo é o suficientemente groso como para soportar xente camiñando ou motos de neve.

Investigación

Varias organizacións están a levar a cabo proxectos de investigación sobre a natureza no lago Baikal. A maioría son organizacións gobernamentais ou asociadas con organizacións gobernamentais. O Centro de Investigación do Baikal é unha organización independente de investigación que leva a cabo proxectos de educación ambiental e de investigación.

En xullo de 2008 Rusia iniciou unha expedición para tratar de chegar ao fondo do lago, utilizáronse dous batiscafos chamados Mir-1 e Mir-2 (Mir [Мир] en ruso significa «mundo» e «paz»), para alcanzar os 1.592 m do fondo e levar a cabo exames xeolóxicos e biolóxicos do seu ecosistema único. Aínda que inicialmente reportouse como un novo récord de inmersión en auga doce, non foi así, só se chegou aos 1.580 metros. Ademais a misión tivo que ser suspendida aos poucos días por mor dun accidente cunha plataforma. O récord atópase actualmente en mans de Anatoli Sagalevitx con 1.637 metros conseguidos tamén no lago Baikal en 1990 a bordo dun sumergible da clase Pisces.

Telescopio subacuático de neutrinos

Desde 1993, buscáronse neutrinos no lago a través do telescopio subacuático de neutrinos do Baikal. O telescopio NT-200 está instalado a 3,6 km da costa a unha profundidade de 1,1 km e consiste en 192 módulos ópticos.

Notas

Véxase tamén


Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lago Baikal HistoriaLago Baikal CaracterísticasLago Baikal BiotopoLago Baikal Vida silvestreLago Baikal EconomíaLago Baikal InvestigaciónLago Baikal NotasLago Baikal Véxase taménLago Baikal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lisímaco de AlexandríaGinger RogersMazáWilliam ShakespeareRicardo Carballo CaleroApioO incerto señor Don HamletA Bandeira, Manduas, SilledaCelso Fernández SanmartínFrancisco FumegaCromosomaGalaicosTimothée ChalametTigreHans ZimmerLista de WikipediasAmérica-GaliciaJulio IglesiasMecanismo de AnticiteraMarilar AleixandreSílvia OrriolsLuís Pérez BarralOs PinosO Barco de ValdeorrasAna ObregónCRuta da pentosa fosfatoO lobo da xenteJosé María CanedaCinema pornográficoMan-in-the-middle attackLingua kusaalValenciaVasoiraAntonio Fernández RivadullaVictoria Núñez LópezMoción de confianzaMar MediterráneoRío UllaMoisés Rodríguez PérezJosé López CamposCantabriaEduardo López BudénKPere AragonèsGoretti SanmartínDelfínXosé Manuel PereiroAna Pastor GarcíaLeninismoArcos, CuntisManuel González González (músico)AdejeMaría Jesús MonteroNino BravoProsobranquiosTeléfonoXabier P. DoCampoAWStatsBidueiroXurxo de CapadociaRamiro I de Oviedo2005Parlamento de GaliciaElena RivoLeire MartínezDavid BowieDon Quixote da ManchaQueiroaNuno García PicoCeleste CaeiroXacioBernardino GrañaCristovo Colón🡆 More