Batiscafo

Un batiscafo é un pequeno vehículo de inmersión profunda (ou DSV do seu nome en inglés, Deep Submergence Vehicle) somerxíbel, especialmente deseñado para chegar a grandes profundidades baixo o océano, soportando a enorme presión da auga.

Son pequenos submarinos tripulados con propulsión autónoma que permiten alcanzar grandes profundidades no mar, con fins militares ou científicos.

Batiscafo
Batiscafo Trieste.

Estes vehículos subacuáticos normalmente están equipados con cámaras e diversos equipos tecnolóxicos que lles permiten rexistrar, medir e incluso rescatar obxectos do fondo mariño, como restos de barcos e submarinos naufragados.

Componse dunha cabina similar á dunha batisfera suspendida baixo un depósito cheo dalgún líquido que sexa máis lixeiro que a auga, como a gasolina. A propulsión proporciónana uns motores alimentados por unha batería eléctrica.

O batiscafo foi inventado por Auguste Piccard, e a primeira inmersión, sen tripulantes e con piloto automático, levouse a cabo en augas do arquipélago de Cabo Verde, en 1948, e estivo a cargo do batiscafo FNRS-2, que logrou descender a 1.080 m de profundidade. Piccard tamén cuñou o nome batiscafo, tirándoo das palabras do grego antigo βαθύς bathýs ('profundidade') e σκάφος skáphos ('nave').

Realizaron numerosas probas e melloras e, en setembro de 1953, Piccard e a súa tripulación lograron descender a 3.150 m co novo batiscafo, batiscafo Trieste, construído en Italia que, en 1959, logrou descender até os 5.486 metros de profundidade e, un ano despois, ós 10 916 m en augas de Guam, permanecendo media hora no fondo do océano.

Máis tarde construíuse o batiscafo francés "Arquimedes", capaz de explorar profundidades de até 11 000 m e que, en 1962, alcanzou os 9.500 m na fosa das illas Kuriles.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Aboulker, Axel (2012): Le Sous-marin Archimède. 1932-1952. Rennes: Marines Éditions. ISBN978-2357430587
  • Picard, Claude (2006): Les Sous-marins de 1 500 tonnes. Rennes: Marines Editions. ISBN 2-915379-55-6

Ligazóns externas


Batiscafo 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Tags:

Batiscafo NotasBatiscafo Véxase taménBatiscafoOcéanoSubmarino

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alfabeto galegoRiba-roja de TúriaSuleiman IVillarmentero de CamposXosé Ramón Fernández-OxeaCantiga de amigoLugoVigoManuel OuteiriñoFelipe GonzálezJoan Manuel SerratSanta CompañaRomán Rodríguez GonzálezJohn TravoltaHard GZIris Gey LópezMariano RajoyMontse DopicoCLIP (inmunopéptido)Jorge MiraBoyanka Kostova (grupo musical)Fiorella FaltoyanoVicente RiscoDiego Rivas GutiérrezHydrangeaMarçal MolinéCachaloteRosario Porto OrtegaÁureoRamón Alonso MartínezHarvey WeinsteinJavier GutiérrezDjalminhaMarta DahlgrenErros e TánatosBubelaXosé FortesEduardo Valencia FernándezParroquias de GaliciaNormandíaA HabanaMaría Jesús MonteroTea Rooms. Mujeres obrerasColiseum da CoruñaFrancisco Castro VelosoA memoria da choivaTransexualidadeFauna de GaliciaSantos bispos de Ribas de SilCarlos de Matos GomesRamadánManuel Curros EnríquezGatipedroRiro KāingaEstadio Municipal de AnoetaAresCatedral de Santiago de CompostelaFernando Suárez BarciaPablo PicassoSociedad Civil y DemocraciaRamón Otero PedrayoTráfico de influenciasXunta de GaliciaMarcos PereiroFranz KafkaPosición aconchegadaMuralla de LugoLista das árbores de GaliciaHannah ArendtJosé Antonio Vázquez TaínPaís VascoCarballo comúnJerry Lee LewisGhaleb Jaber IbrahimMaría Antonieta de Austria🡆 More