Antònia Font

Antònia Font foi un grupo de música mallorquí nado en 1997, que se caracteriza pola súa música festiva e polas súas letras humorísticas e fantasiosas.

Entre os temas do universo creativo de Antònia Font destacan, en especial, o espazo, a astronomía e todo o que se relaciona coa astronáutica; pero tamén o ambiente máis cotián e achegado, que estabelece un lugar constante entre unha perspectiva local, global e universal ou cósmica do mundo.

Antònia Font
Antònia Font
OrixeMallorca, España
Período1997 - 2013
Xénero(s)pop
Na rede
https://antoniafont.cat/ e https://www.antoniafont.com/inici/
Facebook: AntoniaFont.oficial Twitter: Antonia_Font Instagram: antoniafont_oficial Youtube: UCeiYZJsHIDALiJkzRkFWlAQ Spotify: 503mwh1GWEiWy9bzzpiTFW iTunes: 169778921 Musicbrainz: e2f14970-d8f9-4a13-a3bf-ab00e9237600 Songkick: 388161 Discogs: 1335883 Allmusic: mn0001434302 Deezer: 17181 Editar o valor em Wikidata

Habitualmente, clasifícanos como un grupo de pop, malia que eles manifestan que no momento de compoñer as cancións non teñen "prexuízos de estilo", e os temas son unha cousa que a miúdo sae espontaneamente.

O compositor dos temas é o guitarrista do grupo, Joan Miquel Oliver, que tamén edita discos en solitario e escribe letras doutros grupos, como Fora des Sembrat.

Orixe do nome

Circularon diferentes versións e lendas sobre a orixe do nome do grupo. A que historicamente tomou máis forza é a que di que "Antònia Font" era o nome dunha rapaza que tivera relacións amorosas con todos os membros da banda. Con todo, sempre que se lle pregunta ao grupo sobre o seu nome, responderon que se debe a unha compañeira de universidade que os acompañou durante o período de formación. Explican que se alegrou moito cando decidiron poñerlle o seu nome a un grupo formado só por homes.

Traxectoria

No ano 1997 Antònia Font gravou a súa primeira maqueta, onde había catro temas titulados Cibernauta Joan, L'Univers és una festa, Rumba e Es xifon és un aparato. Destacan por unhas letras imaxinativas e unha adaptación libre de diferentes estilos musicais. O primeiro concerto foi o mesmo ano nos quintos de Bunyola. A partir de aquí, o grupo comeza a tocar polos bares dos arredores de Mallorca ata a publicación do primeiro disco.

No 1999 gravaron nos estudios Tj Sò o seu primeiro disco titulado Antònia Font igual que o grupo, baixo a produción de Tomeu Janer.

Dous anos despois, o 17 de febreiro de 2001, presentaron o segundo en Barcelona: A Rússia. Nesta ocasión optaron polo continuismo, xa que no anterior traballo funcionara e a fórmula cultivada gustáballes, segundo opina Pau Debon, o cantante do grupo. Nestes dous discos xa están moi presentes os elementos sorprendentes.

O seu seguinte traballo discográfico, titulado Alegria, apareceu ao cabo dun ano. Sen abandonar o estilo, o ton e o ritmo das súas cancións, o cambio do segundo ao terceiro disco foi maior do que houbera entre o primeiro e o segundo.

Taxi, o cuarto traballo discográfico de Antònia Font, presentouse en 2004 e fíxoo acompañado de material audiovisual (un DVD e textos adxuntos).

No 2006 presentouse Batiscafo Katiuscas. Se el disc Taxi se caracterizaba por un contido relacionado co espazo exterior e os mundos e personaxes inventados, Batiscafo Katiuscas é unha viaxe interior na que a soidade e a melancolía están moi presentes.

En Coser i cantar, gravado cos cincuenta músicos de corda e vento da Bratislava Symphony Orchestra, e con arranxos do compositor contemporáneo Miquel Àngel Aguiló, reinterpretan vinte temas, nos que descobren unha perspectiva inédita da unión entre pop e sinfonía. Por aquesta esta obra, en xullo de 2008 recibiron o Premio Nacional de Música concedido pola Generalitat de Cataluña, no que destaca "a personal aportación á música pop-rock en catalán do quintento mallorquí".

12 de abril de 2011 saíu o seguinte CD da banda: Lamparetes, botando por terra así algúns rumores que anunciaban a fin da banda. O 22 de marzo adiantaron unha cación do CD: Clint Eastwood, tema que fai unha homenaxe ao cineasta.

Discografía

Any Títol Discogràfica Comentaris
1999 Antònia Font Produccions Blau|Blau/DiscMedi
2001 A Rússia Música Global Disco Catalán do Ano en Ràdio 4
2002 Alegria Virgin-Drac Premio Puigporret da Crítica ao Mellor Disco do Ano
2º Mellor Disco Español en Rockdelux
2004 Taxi Produccions Blau|Blau/DiscMedi Premio Altaveu do MMVV ao Mellor Disco de Pop
Mellor Disco do Ano en 'Enderrock e Rock'n'clàssic
2006 Batiscafo Katiuscas Produccions Blau|Blau/DiscMedi
2007 Coser i cantar Produccions Blau|Blau/DiscMedi Disc amb cançons de discs anteriors acompanyades per una orquestra
2011 Lamparetes Robot Innocent Companyia Discogràfica
2012 Vostè és aquí

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Antònia Font Orixe do nomeAntònia Font TraxectoriaAntònia Font DiscografíaAntònia Font NotasAntònia Font Véxase taménAntònia Font1997AstronomíaAstronáuticaEspazoFantasíaHumorMallorca

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Provincia da CoruñaHarry PotterXabier P. DoCampoYolanda CastañoSonia MéndezPili PampínAntonio Fernández RivadullaRamiro CarregalToniña comúnForma físicaMaría Xosé QueizánGerardo Pardo de VeraSete Sabios de Grecia24 de abrilInés ReyComarcas de GaliciaLista de ríos de GaliciaAustraliaNomes de fumeXogo de apostaCalendario gregorianoJavier CasqueiroO sabor das margaridasSancho GraciaCódigo QRBarónSonsoles EspinosaLagarto das silvasJ. R. R. TolkienWikipedia en kusaalRSSNintendo 64Cela 211Concellos de GaliciaTonhito de PoiA PontenovaAccidente de ChernóbilAguacateElectrónicaMahatma GandhiToledoEuropaISBNXela AriasShin ChanStellantisNee BarrosAna Peleteiro25 de abrilCando petan na porta pola noiteMaría a BalteiraSantiago de CompostelaOs ResentidosPrimeira República GalegaVienaSegunda República EspañolaAP-9CaralloRibadeoMickey Mouse ClubhouseMiki NadalXosé Luís BernalNigránThe Good DoctorManuel Ventura FigueroaAntía OteroGuerraGuillermo Alonso BarciaVisigodosIrmandiñosEva Iglesias MiguénsPetróglifoFederico Trillo🡆 More