A República dos Buriatos (en ruso Респу́блика Буря́тия, Respúblika Buriàtia; en buriato Буряад Улас, Buriaad Ulas) é unha república (suxeito federal) asiática da Federación Rusa, situada na rexión centromeridional de Siberia, na beira oriental do lago Baikal.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Segundo o censo de 2002 tiña unha poboación de 981.238 habitantes, nunha extensión de 351.300 km². A capital é Ulan-Udé.
Республика Бурятия (ru) Буряад Улас (bxr) | |||||
Himno | Anthem of the Republic of Buryatia (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Capital | Ulan-Ude (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 985.431 (2021) (2,81 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua buriata | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 351.300 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 21 de abril de 1992 | ||||
Organización política | |||||
• Head of the Republic of Buryatia (en) | Aleksey Tsydenov (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | RU-BU | ||||
Identificador OKTMO | 81000000 | ||||
Identificador OKATO | 81 | ||||
Páxina web | egov-buryatia.ru |
Limita, dentro de Rusia, ao norte e ao leste coa provincia de Irkutsk e o lago Baikal, ó suroeste coa república de Tuva e ao leste coa provincia de Tchita. Ó sur limita con Mongolia.
O 80% do territorio é montañoso; ó suroeste álzanse as montañas Saian, que culminan no Munku Sardik (3.491 m), na fronteira con Mongolia. Ao leste do lago Baikal atópanse as montañas Iablonovi. As principais unidades de relevo son:
Os ríos principais son o Selenga (Sëlëngë müren), Barguzin (Bargazhan), Udá, Verkhnaia Angara (afluentes do Baikal), Vitim (do Lena) e Irkut, Oka e Kitoi (Süxë gol) (do Ienissei). E ademais do Baikal (Bajgal nuur), o 60% da liña de costa do cal pertence á república, hai outros lagos, como o Gusinoe Ubukun (Galuuta), Baunt, Barguzin e Severnyi Baikal. Tamén hai máis de 300 arshans (fontes de auga termal).
A temperatura media anual é de -1,6 °C,sendo a media do inverno de -22 °C e a media de verán de 18 °C.
Os recursos naturais dos Buriatos son o ouro, o tungsteno, o cinque, o uranio e outros. A economía da república está baseada en importantes produtos agrícolas e comerciais que inclúen ó trigo, ás hortalizas, á madeira, á pel, ó grafito e ós téxtiles. A pesca, a caza, a gandería, a minería e a industria alimentaria, entre outros, tamén teñen a súa importancia económica.
Segundo o censo ruso de 2002, os rusos eran arredor dos dous terzos da poboación da república, mentres que os buriatos eran tan só o 27,8%. Outros grupos son os ucraínos (1,0%), tártaros (0,8%), e outros con menos do 0,5% da poboación.
Censo de 1939 | Censo de 1959 | Censo de 1970 | Censo de 1979 | Censo de 1989 | Censo de 2002 | |
---|---|---|---|---|---|---|
Buriatos | 116.382 (21,3%) | 135.798 (20,2%) | 178.660 (22,0%) | 206.860 (23,0%) | 249.525 (24,0%) | 272.910 (27,8%) |
Soiots | 2.739 (0,3%) | |||||
Rusos | 393.057 (72,0%) | 502.568 (74,6%) | 596.960 (73,5%) | 647.785 (72,0%) | 726.165 (69,9%) | 665.512 (67,8%) |
Ucraínos | 13.392 (2,5%) | 10.183 (1,5%) | 10.769 (1,3%) | 15.290 (1,7%) | 22.868 (2,2%) | 9.585 (1,0%) |
Tártaros | 3.840 (0,7%) | 8.058 (1,2%) | 9.991 (1,2%) | 10.290 (1,1%) | 10.496 (1,0%) | 8.189 (0,8%) |
Evenkis | 1.818 (0,3%) | 1.335 (0,2%) | 1.685 (0,2%) | 1.543 (0,2%) | 1.679 (0,2%) | 2.334 (0,2%) |
Outros | 17.277 (3,2%) | 15.384 (2,3%) | 14.186 (1,7%) | 17.630 (2,0%) | 27.519 (2,7%) | 19.969 (2,0%) |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: República dos Buriatos |
This article uses material from the Wikipedia Galego article República dos Buriatos, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.