Altitude: Distancia vertical dun obxecto respecto dun punto de orixe dado

A altitude é a distancia vertical dun obxecto respecto dun punto de orixe dado, considerado como o nivel cero, para o que se adoita tomar o nivel absoluto do mar.

Altitude: Distancia vertical dun obxecto respecto dun punto de orixe dado
Altitude da cidade de Pontevedra: 20 m sobre o nivel do mar en Alacant.

Na meteoroloxía a altitude é un factor de cambios da temperatura, provocando que diminúa a temperatura aproximadamente 1 °C cada 180 m.

En xeografía a altitude é a distancia vertical dun punto da terra respecto o nivel do mar.

En aviación, o termo altitude utilízase para describir a elevación sobre o nivel medio do mar, en contraste coa altura que se refere á elevación sobre un punto de referencia da superficie; e o nivel de voo que é a elevación respecto á presión estándar medida mediante un altímetro.

En Europa continental, case toda Iberoamérica e noutras partes do mundo a altitude mídese en metros. En Norteamérica e o Reino Unido mídese xeralmente en pés; pero ambos países acordaron ir cambiando eses sistemas de medición polo Sistema Internacional de Unidades (SI). En aviación, xeralmente utilízanse os pés como unidade para a navegación.

Unidade de medida

Frecuentemente utilízase o valor en metros seguido da abreviatura "msnm" (metros sobre o nivel do mar) para designar unha altitude.

En España tómase normalmente como referencia para o cálculo da altitude o nivel medio do mar na cidade de Alacant.

Tags:

Distancia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ExaculaciónJake GyllenhaalÁreas lingüísticas do galegoLista de episodios de DoraemonToni AcostaGreta ThunbergRastroLleidaAlaine AgirreO SalvadorFátima PegoAnggunO BierzoAlcóntarPanteón de RomaQuim BarreirosHarry PotterLiam NeesonHarry Potter e o misterio do príncipeSupremme de LuxeCasa BaillyRefreyCelanovaNapoleón I de FranciaLareiraGoogleRachel WeiszEzio Flavio BazzoMaría PitaClara AndradaXosé Luís BernalEscultura barrocaReconquista de VigoArenqueElvira Fernández BalboaMarta DarribaMichelle ObamaConcellos de GaliciaShirley ChisholmCroaciaQuimera (mitoloxía)Breaking BadPosición do misioneiroSevilla Fútbol ClubCurtisRaxáOcéanoSvalbardCarqueixaElizabeth TaylorMisa (música)Liberalismo9 de abrilManuel AntonioBragaAda NegriDeputación da CoruñaMario CaneiroIlyushin Il-76Semellanza (xeometría)Selección de fútbol do CamerúnCopa LibertadoresGalería de imaxes de arañas de GaliciaRobert PattinsonVacaWilliam Marks SimpsonCarrizo (paxaro)Vladimir PutinEstañoAntonio GramsciHolocaustoLingua casteláRaposo comúnAngelina Jolie🡆 More