Río Ienisei: Río que flúe a través de Rusia

82°40′00″L / 71.83333, -82.66667

O Ienisei (en ruso Енисей) é un longo río da Federación Rusa en Siberia, que flúe en dirección norte a través das repúblicas de Tuva e Khakassia, e o krai de Krasnoiarsk até desembocar no golfo homónimo, no mar de Kara (océano Ártico).

Río Ienisei
Река Енисей (en ruso)
Río Ienisei: Xeografía, Fauna e flora, Navegación
O río Ienisei ao seu paso por Krasnoiarsk
PaísRío Ienisei: Xeografía, Fauna e flora, Navegación Rusia
Río Ienisei: Xeografía, Fauna e flora, Navegación Mongolia
República dos Tuva, Repúbica de Khakassia, Krai de Krasnoiarsk
NacementoConfluencia dos ríos Grande Ienisei e Pequeno Ienisei
Altitude3 351 m
Lonxitude4 093 km
Concarío Ienisei (2 580 000 km²)
Caudal medio19 600 m³/s
DesembocaduraGolfo do Ienisei, no mar de Kara
Río Ienisei: Xeografía, Fauna e flora, Navegación
Mapa da conca do Ienisei.
Na parte inferior pode verse o curso do río Selenga e, por riba do lago Baikal, o do río Angara superior.

É o central dos tres grandes ríos siberianos que desembocan no océano Ártico (os outros dous son o Obi e o Lena. Nacido en Mongolia, segue un curso cara ao norte, até desembocar no golfo do Ienisei, no mar de Kara, drenando unha gran parte do centro de Siberia.

Xeografía

O río Ienisei nace en Kizil (Tuva), da confluencia do río Grande Ienisei (Bolshoi Ienisei), que discorre por Tuva, e o río Pequeno Ienisei (Mali Ienisei), que o nace ao sur dos montes Saián, na provincia de Khövsgöl, no norte de Mongolia; tras percorrer uns cen quilómetros e recibir numerosos afluentes, cruza a fronteira con Rusia en Ush-Bel'Dyr, e termina uníndose ao Grande Inenisei preto da cidade de Kizil, formando así o Ieniséi. Tras o seu longo percorrido en dirección cara ao norte, desemboca no mar de Kara (océano Ártico), nun estuario duns 400 km conformado o golfo do Ienisei.

Ten unha lonxitude de 4 093 km pero, contando o sistema fluvial Ienisei-Angara-lago Baikal-Selenga-Ider alcanza os 5 539 km, o que o sitúa como o quinto río máis longo do mundo, tras o Amazonas, o Nilo, o Yangtzé e o Mississippi-Missouri.

A súa conca comprende uns 2 580 000 km², a oitava do mundo.

O Ienisei discorre polo centro de Siberia en dirección sur-norte, a través das repúblicas de Tuva e Khakassia, e do krai de Krasnoiarsk.

A maior parte do río é navegábel, salvo entre novembro e maio que permanece xeado. O seu curso superior é turbulento, o que se aproveitou para a construción de centrais hidroeléctricas, destacando os encoros de Saián e Krasnoiarsk.

Afluentes

Río Ienisei: Xeografía, Fauna e flora, Navegación 
O río Selenga.

Os seus principais afluentes son os ríos Angara, Tunguska Pedregoso e Tunguska Inferior; os tres pola súa marxe dereita.

O lago Baikal

O río Angara superior, de 320 km e navegábel en parte, desemboca no extremo norte do lago Baikal na república dos Buriatos, pero a maior achega de auga provén do río Selenga, longo río de 1 024 km que discorre polo norte de Mongolia e o centro-sur de Siberia, e flúe en dirección nordeste até desembocar, pouco despois de pasar por Ulán Udé, formado un delta, no lado sueste do lago.

Cidades que atravesa

As cidades máis importantes polas que pasa o río son Kizil, Shagonar, Saianogorsk, Abakán, Divnogorsk, Krasnoiarsk, Ieniseisk, Lesosibirsk, Igarka e Dudinka.

Fauna e flora

O río Ienisei, na súa conca de drenaxe (excluíndo o lago Baikal e os lagos da conca do río Khantaika alberga 55 especies de peixes nativos, incluíndo dúas endémicas: Gobio sibiricus (un ciprínido da subfamilia dos gobioninos, e Thymallus nigrescens (un salmónido da subfamilia dos timalinos). O tímalo está restrinxido ao lago Khövsgöl e aos seus ríos tributarios.

A maioría dos peixes que se encontran na conca do río Ienisei son especies euribiberianas ou siberianas relativamente estendidas, como o lucio común (Esox lucius), o rutilo (Rutilus rutilus), o leucisco (Leuciscus leuciscus), o coto siberiano (Cottus poecilopus), a perca europea (Perca fluviatilis) e o carpa (Carassius gibelio). A conca tamén alberga moitos salmónidos (troitas, o corégono, salvelinos, tímalos, o Hucho taimen e outras especies relaciandas) e o esturión siberiano (Acipenser baerii).

O val do río Ienisei é o hábitat de numerosas especies florísticas, como o piñeiro siberiano (Pinus siberianus) e o alerce siberiano (Larix sibirica), especies arbóreas notábeis. En tempos prehistóricos nalgunhas zonas encontrábase o piñeiro silvestre, Pinus sylvestris, que foi abundante no val do ienisei contra o ano 6000 AC. Tamén hai numerosas especies de aves presentes na conca, incluíndo, por exemplo, o corvo cincento, Corvus cornix.

O rabaño de renos de Taimir

O rabaño de renos da península de Taimir, unha subespecie de reno migrante da tundra siberiana, (Rangifer tarandus sibiricus), é o maior rabaño de renos do mundo. migran cara ás zonas de pasto de inverno ao longo do río Ienisei.

Os vapores fluviais chegaron por primeira vez ao río Ienesei en 1864 e foron traídos de Holanda e Inglaterra a través do xeado mar de Kara. Un era o SS Nikolai, o outro o SS Thames. Intentaron explorar o río, e pasaron o inverno de 1876, pero sufriron danos polo xeo e finalmente naufragaron no río. O éxito chegou cos vapores Frazer, Express en 1878 e, ao ano seguiente, o Moskowa (Moscova), transportando subministracións e trigo. O Dalman chegou a Ieniseisk en 1881.

A Rusia imperial situou barcos de vapor no río nun intento de establecer a comunicación coa Siberia, sen litoral practicábel. Un dos barcos foi o SS San Nicolao, que levou ao futuro tsar Nicolao II na súa viaxe a Siberia, e máis tarde levou a Vladimir Lenin a prisión.

Enxeñeiros intentaron situar vapores fluviais nun servizo regular no río durante a construción do ferrocarril Transiberiano. Necesitábanse os barcos para levar raís, motores e subministracións. O capitán Joseph Wiggins navegou no Orestes con raís e barcos de vapor en 1893. Porén, a ruta marítima e fluvial resultou moi difícil, e perdéronse varios barcos no mar e no río. Tanto as foces do Obi como a do Ienisei teñen entradas moi longas, de varios centos de quilómetros de lonxitude, e son pouco profundas, con xeo durante gran parte do ano, e son propensas a fortes ventos e, polo tanto, prexudiciais para a navegación. Despois da finalización do ferrocarril, o tráfico fluvial reduciuse só ao servizo local, xa que a ruta polo Ártico e o longo río demostraron ser unha ruta demasiado indirecta.

En 1985 construíuse un canal en plano inclinado no río, no encoro de Krasnoiarsk.

O primeiro equipamento de navegación recreativa por toda a lonxitude do Ienisei, incluído o seu violento treito superior en Mongolia, foi un esforzo australiano-canadense rematado en setembro de 2001. Ben Kozel, Tim Cope, Colin Angus e Remy Quinter estaban neste equipo. Tanto Kozel como Angus escribiron libros que detallan esta expedición, e un documental foi producido pola National Geographic Television.

Historia

Río Ienisei: Xeografía, Fauna e flora, Navegación 
Distribución das linguas ieniseianas no século XVII (raiado) e ao final do século XX (vermello).

Tribos nómades como o pobo keta e o pobo yugh viviron ao longo das beiras do río Ienisei desde a antigüidade, e esta rexión é o berce das linguas ieniseianas. Os keta, que suman ao redor de 1 200 individuos, segundo o censo de 2010, son os únicos sobreviventes dos que viviron orixinariamente en todo o centro de Siberia, cerca das beiras do río. Os seus parentes extintos incluían aos kotts, assans, arins, baikots e pumpokols, que vivían río arriba, ao sur.

Os ketas modernos viviron nas zonas medias orientais do río antes de seren asimilados politicamente por Rusia durante os séculos XVII ao XIX.

Algunhas das primeiras evidencias coñecidas das orixes túrquicas encontráronse no val do Ienisei en forma de estelas, monólitos de pedra e taboleiros conmemorativos que datan dos séculos VII a IX d.C., xunto con algúns documentos que se encontraron na chinesa rexión autónoma uigur de Xinjiang. As evidencias escritas reunidas destas fontes falan de batallas libradas entre turcos e chineses e outras lendas. Tamén hai exemplos de poesía uigur, aínda que a mayoría só sobreviviron nas súas traducións á lingua chinesa.

O trigo do val do Ienisei foi vendido por musulmáns e uigures enas épocas de colleitas escasas a Bukhara e Sogdiana durante a dinastía Tahirid.

Os rusos chegaron por primeira vez ao Ienisei superior en 1605, viaxando desde o río Obi, subindo o río Ket, e despois baixando o Ienisei até o río Sym.

Durante a segunda guerra mundial, a Alemaña nazi e o Imperio Xaponés acordaron dividir Asia ao longo dunha liña que seguía o río Ienisei até a fronteira da China, e logo ao longo da fronteira entre a China e a Unión Soviética.

Contaminación

Estudos demostraron que o Ienisei sofre contaminación causada por descargas radioactivas procedentes dunha fábrica que produciu plutonio para bombas atómicas na cidade secreta de Krasnoyarsk-26, agora coñecida como Zheleznogorsk.

Por outra parte, o río está contaminado en varios treitos, en particular polo tritio que se encontra nos sedimentos, no zoobentos, nos peixes e nas plantas do curso da auga. A fonte deste tritio sería o complexo mineiro e químico do Rosatom (State Atomic Energy Corporation Rosatom), unha empresa pública rusa especializada no sector da enerxía nuclear, que agrupa a máis de 300 empresas e organizacións e emprega a 250 000 persoas.

Na literatura

O Ienisei foi atravesado por Miguel Strogoff na novela homónima de Jules Verne.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Abramova, Z. A. (1983): "Problèmes relatifs à l'étude du Paléolithique dans la région de l'Iénisséi (Sibérie)". L'Anthropologie. 87 (2): 207-213.
  • Devlet, M. A. (1996): "Mugur-Sargol, sanctuaire de l'âge du Bronze sur l'Iénisséi". Les Dossiers d'archéologie. 212: 58-63.
  • Vasil'ev S.A & Desbrosse R (1990): "Le Paléolithique final du bassin supérieur de l'Iénisseï d'après les fouilles près du village de Maïna". L'Anthropologie. 94 (4): 763-781.

Ligazóns externas

Tags:

Río Ienisei XeografíaRío Ienisei Fauna e floraRío Ienisei NavegaciónRío Ienisei HistoriaRío Ienisei ContaminaciónRío Ienisei Na literaturaRío Ienisei NotasRío Ienisei Véxase taménRío IeniseiCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Séculos EscurosEspañaMaría Isabel Castro BarreiroDiáspora galegaPoboMarie CurieSalgueiroAndoriñaPaleolíticoJavier GutiérrezOctavio AugustoLista de castelos de PortugalSemeLista de nomes femininos en galegoÁlbum de la CaridadFrancisco PazosDinís de PortugalIker CasillasA memoria da choivaNacho VegasRosario FloresSara Vila AlonsoGuestrarRosalía de CastroPoloniaHLA-DOHeraldo de Galicia (A Habana)Josito PortoXurxo SoutoFidel CastroCarlos Blanco VilaEstadio Municipal de AnoetaLibrary of Congress Control NumberGatoArmando RequeixoLa RegiónAna María Fernández MartínezAlfonso Basterra CamporroCogomeloHarry StylesIrmandiñosSete Sabios da Fraga de BambúPenélope CruzBreogánImmanuel KantLista de xentilicios de concellos galegosEudoxo de CnidoLista de concellos da CoruñaLorbé, Dexo, OleirosCentauroRamadánAustraliaPadre CasaresBragaLista de programas de Televisión EspañolaDaniel BasteiroSydney SweeneyMáquina comecartosAmorodoFingeringSíndrome do aceite tóxicoEmilio Aragón ÁlvarezÁlvaro CunqueiroCastros da provincia da CoruñaJosé Castiñeira PardoLugares de ArteixoAriadna GilJosé Luis Rodríguez ZapateroSayenEduard del Castillo VelascoRaoul VázquezA Habana🡆 More