Ártico

O Ártico (do grego ἄρκτος oso, osa, en referencia á constelación da Osa Menor á que pertence a Estrela Polar) é a rexión que rodea o Polo Norte da Terra.

Inclúe partes do Canadá, Groenlandia (que é un territorio dinamarqués), Noruega, Suecia e Finlandia, así como o océano Ártico.

Ártico
A liña vermella indica a isoterma de 10 °C en xullo
Ártico
Imaxe de satélite

Existen numerosas definicións da rexión ártica. Considérase xeralmente que o seu límite está ao norte do Círculo Polar Ártico (66° 33’N), que é o límite do sol de medianoite e a noite polar. Outras definicións baséanse no clima e a ecoloxía, como a isoterma 10 °C de xullo, que tamén corresponde aproximadamente coa liña de árbores na maior parte do Ártico. Socialmente e politicamente, a rexión ártica inclúe os territorios setentrionais de oito estados, incluíndo Laponia, aínda que, segundo as definicións científicas, moito deste territorio é realmente subártico.

O Ártico é fundamentalmente un océano recuberto de xeo e rodeado de terra xeada e desprovista de árbores. A vida é abondosa e inclúe organismos que viven no xeo, peixes e mamíferos mariños, paxaros, animais terrestres e comunidades humanas.

A rexión ártica é, pola súa natureza, unha área única. As culturas da rexión e os pobos indíxenas do ártico téñense adaptado ás súas condicións frías extremas. Ten un papel relevante no equilibrio físico, químico e biolóxico do mundo. Reacciona sensibelmente ás mudanzas no clima, que repercuten de volta na situación global do ambiente. Desde a perspectiva da investigación na mudanza climática, a rexión ártica considérase un sistema de aviso temperán.

Véxase tamén

Tags:

CanadáConstelaciónDinamarcaEstrela PolarFinlandiaGrego antigoGroenlandiaNoruegaOcéano ÁrticoOsa MenorPolo NorteSueciaTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Luis GilUrcoXuetasCarlos MeixideDominic ThiemZendayaAmazonCreampieGame BoyContactAndrés IniestaEuropaPilatesAliança CatalanaNancho NovoHTML5Bandeira de GaliciaBorja VereaValentín García GómezGame Boy LightEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024Partido Nacionalista VascoFrancisco, papaÁlex FidalgoLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaSantiago AbascalAustriaSalgueiroLingua intereslavaRoberto Vidal BolañoGonzalo Fernández de CórdobaIrmandades da FalaCSSDía de Castela e LeónDaniel CraigMarta SánchezPaddington 2PortugalCopia por contactoTECOR societarioRedondelaGuillermo Alonso BarciaUniversidade de VigoDistritos de PortugalConíferasBuxo comúnEva Iglesias MiguénsBloque Nacionalista GalegoEva MejutoBimba y LolaCaso Asunta BasterraJosé Antonio ArdanzaFamily Computer Disk SystemZanfonaA fiestra valdeiraAna BelénRevolución dos CaraveisMoisés Rodríguez PérezXurxoO Coello, Caldelas de Tui, TuiUceiraFesta dos maiosAlberto FortesPink FloydCon pólvora e magnoliasDía de San XurxoMovemento de independencia da IndiaXosé Luís Mosquera CambaNapoleón I de FranciaSaturnoAlexandre BóvedaGranma (iate)🡆 More