Anno Domini

Anno Domini (en latín, no ano do Señor), abreviado A.D., é un indicador de calendario que indica que a cifra antecedente está contada a partir do ano cristián do nacemento de Xesucristo, considerado o inicio da era cristiá.

No galego contemporáneo emprégase con máis frecuencia o equivalente «despois de Cristo» (do grego Χριστός [jristós, o Unxido], referido a Xesús) abreviado d.C. para numerar os anos da era cristiá. Así, 1492 A.D. e 1492 d.C. representan ambos o ano en que Colón chegou a América.

Anno Domini
Dionisio o Exiguo inventou a era Anno Dómini para calcular a data de Pascua

Esta designación úsase para numerar os anos no calendario xuliano e no calendario gregoriano. A formulación latina orixinal Anno Domini Nostri Iesu Christi foi simplificada posteriormente como Anno Domini no 525 por Dionisio o Exiguo na súa Táboa de Pascuas, e foi adoptada na Europa occidental durante o século VIII e en Oriente no século XVI.

Cálculo erróneo

O Papa Hormisdas encargou a Dionisio o Exiguo o establecemento do ano de nacemento de Xesucristo como ano primeiro da era cristiá. Así a todo, Dionisio equivocouse no cálculo entre catro e sete anos ao datar o reinado de Herodes I o Grande, deducindo que Xesús nacera no ano 753 a.u.c. (Ab urbe condita, ou data de fundación de Roma), cando debeu ser o 748 a.u.c.

Popularización

O historiador anglosaxón Beda o Venerable, que estaba familiarizado coa obra de Dionisio o Exiguo, empregou a fórmula Anno Domini na datación do o seu Historia ecclesiastica gentis Anglorum, terminada en 731. Nesta mesma historia tamén utilizou outro termo latino, "ante vero incarnationis dominicae tempus" (o tempo antes da encarnación verdadeira do Señor), equivalente ao "antes de Cristo", para identificar os anos anteriores ao primeiro ano desta era, establecendo así a norma de non utilizar un ano cero, malia utilizar o cero no seu cómputo. Tanto Dionisio como Beda consideraron Anno Domini a partir da encarnación de Xesús, pero a distinción entre a Encarnación e o Nadal non se elaborou ata finais do século IX, cando nalgúns lugares o momento da Encarnación foi identificado coa concepción de Cristo, é dicir, coa Anunciación, que se celebra o 25 de marzo.

No continente europeo, o Anno Domini foi introducido como a era elixida no Renacemento carolinxio por Alcuino. O seu uso foi referendado polo emperador Carlomagno. Os seus sucesores popularizárono e difundiuse por todo o Imperio Carolinxio. Segundo a Enciclopedia Católica, os papas continuaron datando os documentos de acordo cos anos do seu pontificado durante algún tempo, pero o uso de AD fíxose aos poucos cada vez máis común nos países católicos entre os séculos XI e XIV. Os países ortodoxos só empezaron a adoptar o AD en troques do calendario bizantino logo de que Rusia o fixese no 1700, mentres que outros non o adoptaron ata os séculos XIX e XX.

Malia que o uso de Anno Domini estaba xeneralizado durante o século IX, o antes de Cristo (ou o seu equivalente) non foi común ata moito máis tarde. Beda utilizou a expresión "anno igitur ante incarnationem Dominicam" ("antes da Encarnación do Señor") dúas veces. Un "Anno an xpi nativitate" (no ano antes do nacemento de Cristo) atópase en 1474 nunha obra dun monxe alemán.

En 1627, o teólogo xesuíta francés Denis Pétau (Dionysius Petavius en latín), coa súa obra De doutrina temporum, popularizou o uso ante Christum (latín para "antes de Cristo") para marcar os anos anteriores a AD.

Data aceptada

Esta numeración de anos baseada na era cristiá é predominante en moitos lugares do mundo, así como nos eidos comercial e científico. É o estándar global dende hai décadas, co recoñecemento de institucións internacionais como as Nacións Unidas. Tal predominancia débese á relevancia da cristiandade no mundo occidental e á súa influencia na ciencia, a tecnoloxía e o comercio, así como ao feito de que o calendario gregoriano fose considerado durante bastante tempo como astronomicamente correcto.

Outras denominacións equivalentes

En galego, no canto de "Anno Domini", úsase xeralmente a expresión "despois de Cristo", abreviada como "d.C.".

Era común

Para evitar explicitar referencias relixiosas, aínda mantendo a datación cristiá, tamén se emprega a expresión vulgaris era, aparecida en 1615, que adoita traducirse en galego como "Era Común", abreviada en "e.c." ou "E.C.". Nos países anglosaxóns úsase a abreviatura "C.E.", que tanto corresponde a "Common Era" (era común) coma a "Current Era" (era corrente)

As seguintes expresións son, xa que logo, equivalentes:

    2012 A.D., 2012 d.C., 2012 e.c., 2012 C.E.

En lingua inglesa, consonte ao uso latino, era frecuente colocar a abreviatura antes do número do ano, (por exemplo AD 2006), práctica hoxe en desuso.

Anno Salutis

Anno Salutis, frecuentemente traducido do latín como "no ano de graza" ou "no ano da salvación", é unha expresión equivalente a Anno Domini, porque para o Cristianismo o nacemento de Xesús significou o inicio da salvación.

Trátase dunha expresión usada ata o século XVIII. Tamén pode aparecer nunha forma máis elaborada como Anno Nostrae Salutis ("no ano da nosa salvación", abreviado An. Nos. Sal.), Anno Salutis Humanae ("no ano da salvación dos homes", abreviado An. Sal. Hum.) ou Anno Reparatae Salutis ("no ano da salvación realizada", abreviado An. Rep. Sal.).

Notas

Véxase tamén

Tags:

Anno Domini Cálculo erróneoAnno Domini PopularizaciónAnno Domini Data aceptadaAnno Domini Outras denominacións equivalentesAnno Domini NotasAnno Domini Véxase taménAnno DominiCalendarioCristovo ColónDescubrimento de AméricaEra ComúnLingua galegaLingua gregaLingua latinaXesucristo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A Pobra do CaramiñalLista de emperadores romanosAmador Víctor GonzálezThais VillasA Bandeira, Manduas, SilledaAlalá (programa de televisión)Rebeliom do InframundoJorge Sanz MirandaRocco SiffrediLingua igalaCarles PuigdemontWikiFerrolNacho CastañoO sabor das margaridasInditexViveiroCatedral de la Seu d'UrgellSuso de ToroCohesiónSetaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesDiego VillaresWiiIker MuniainKendji GiracLugoGoretti SanmartínEverton F.C.Mártires de CarralPablo PicassoInés ReyNúmero triangularLuís Pérez BarralThe BeatlesRicardo Carballo CaleroPetróglifoYouTubePedro FeijooBenito KamelasPosición do canGonzalo LouzaoXosé Luís Franco GrandeStellantisAmérica-GaliciaXabarín ClubArgimiro Marnotes FernándezRefraneiro galego sobre o mes de maioComensalismoDodecágonoLeopoldo RubidoXosé Luís BernalDía do LibroManuel María Puga PargaCarballoTDiego González RivasCinema pornográficoConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeRenda básica universalFrancisco Porto MellaPedro RieloAdolph von MenzelPosición do coito lateralGlobo aerostáticoGrândola, Vila MorenaOrlando BloomOs PinosXabarilIraqOs ÁnxelesVicente RiscoCromosomaIker CasillasPimpín común🡆 More